fondo red white blue

columnas enlaces

25 oct 2021

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

Bo día!

Mirade que interesante!:

O Día Internacional das Bibliotecas nace a raíz dun suceso acontecido en 1992 durante o conflito dos Balcáns, onde a Biblioteca de Saraxevo foi incendiada e centos de miles de libros quedaron feitos cinzas.  Cinco anos despois, en 1997, para lembrar e rendirlle homenaxe, empezou a celebración.

Declarado pola UNESCO en 1997 como "ANO INTERNACIONAL DA LECTURA", dende ese ano realízase nesta data, a celebración do DÍA INTERNACIONACIONAL DA BIBLIOTECA, inciciativa que xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil.

Deixámosvos unha mostra do día de hoxe no noso centro, onde o celebramos con lecturas de contos no patio.  Proximamente achegaremos un vídeo con todas as vosas paticipacións neste día: estade atentxs!

 


 ;

 

 


 

21 oct 2021

Preparando o Samaín...

 Bo día!

Estamos no mes de outubro e xa nos vai chegando o recendo do outono, a follas caídas, a terra mollada, a castañas... A que si?

E tamén é momento de patacas, de lembranzas e de preparacións...!

Tedes por diante o concurso de relatos de terror:  

                         Ai, que medo pasei apañando as patacas...

Animádevos todxs e... moita sorte!

Tamén vos lembramos que está dispoñible na biblioteca un expositor con libros terríficos, nos que vos podedes inspirar tamén...

Velaquí unha mostra:


 Moita sorte!

;


 

 

19 oct 2021

REAPERTURA DA BIBLIOTECA NOS RECREOS

 Bo día a todxs!

Onte empezou a abrir a biblioteca na hora dos recreos.  Comezou o terceiro nivel de Primaria e seguirase escalonadamente cada día co resto dos niveis.

Como momento emocionante de novo, aquí vos deixamos unha mostra de esta "reestrea", con toda a altura á que debe estar!







Apertas!

;

8 oct 2021

8 de outubro: Día da Dislexia

 Bo día!

Hoxe, 8 de outubro, celébrase o Día da Dislexia.

En poucas palabras, pódese definir a dislexia como un trastorno específico da aprendizaxe que afecta ao proceso lector.

Na biblioteca atoparedes libros físicos de lectura ao respecto, pero mentres se está acondicionando o espazo, aquí vos deixamos cun conto online para aprender sobre elo:




Apertas

;

4 oct 2021

Un paseo pola Arte



 Bo día!

Presentámosvos o novo proxecto da biblioteca deste curso 2021-22! denominado:

                                                     UN PASEO POLA ARTE

 

Pero... que entendemos por Arte?

Pois a Arte é unha actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas.

A Arte (do latín ars, artis, e este do grego τέχνη téchnē)​ refírese xeralmente a calquera actividade ou produto realizado cunha finalidade estética e tamén comunicativa, mediante a cal exprésanse ideas, emocións e, en xeral, unha visión do mundo a través de diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros, corporais e mixtos.

A arte tamén é un compoñente da cultura, reflexando as bases económicas e sociais e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo.

E agora que xa sabemos a súa dimensión, comezamos hoxe cunha moi sonora, para gozar con todo o corpo e en especial cos oídos!  Trátase do concerto en streaming do que desfrutou o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria parte desta mañá dentro do programa de Educación Responsable no que participa o noso centro.

Agradecemos á Fundación Botín pola iniciativa, ás músicas intérpretes (no piano, violín e violoncello) de pezas de Henze, Fauré e Mendelssohn e ao presentador como dinamizador do concerto.

Todo un acerto.  Parabéns! 








 


17 sept 2021

Benvid@s!

 Ola a tod@s!

Empezamos!  Xa dá gusto vervos nos recreos disfrutando tanto e con tanta curiosidade nas aulas!  

E a biblioteca, aínda que está no proceso de reestrea, non perde a súa esencia...!  

Seguimos a promocionar a lectura, os encontros, a maxia dos libros e dos contos...  

E como mostra, aquí tedes un conto procedente da nosa biblioteca que fomenta a igualdade de xénero, un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) recollidos na Axenda 2030 adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro de 2015.  Nela recóllense 17 obxectivos e 169 metas que abarcan preocupacións sociais, económicas e ambientais, transversais a todos os países, que perseguen a igualdade de oportunidades entre persoas, a protección do planeta e a xeración de prosperidade nun mundo en paz.    A que é interesante?

O alumnado de 1º xa desfrutou del nunha sesión de contacontos do Plan Lector☺




Bo comezo!  ;


29 jun 2021

Rematando con Arte e Ciencia!

 Bo día, lectores e lectoras!

Estamos rematando este curso (a@s profes aínda nos quedan uns diíñas máis...) con tanto esforzo e ánimo e... despois vén o merecido descanso!

Esperemos que disfrutedes moito do verán, que lembredes aproveitar tamén ese tempo libre para desfrutar coas lecturas que máis vos gusten e que aproveitedes tamén para seguir pintando ao aire libre... Por que non?  E/ou experimentando con eses circuítos con algunha axudiña de mans expertas.

E como recordo dese voso bo facer, desas pinturas picassianas, das de Yayoi Kusama, das da contorna de Coristanco e dos circuítos eléctricos que montastes, aquí vos deixamos con estas mostras.

Lembrarvos tamén algunhas seccións da biblioteca onde poderedes expandir os vosos coñecementos sobre estas temáticas no vindeiro curso.

Parabéns, artistas!  

E parabéns tamén a tod@s @s compañeir@s que con tanto esforzo e dedicación fixeron que este curso fose o máis normalizado posible, dentro da situación de pandemia...!

E unha mención especial a@s compañeir@s que nos deixan este curso, algún/ha tamén membr@ deste equipo de Biblioteca.  Moita sorte e...

Unha aperta para tod@s!

;



   

14 jun 2021

PUNTO E COMA FELICITAN A@S GRANDES LECTORAS E LECTORES

 Bo día!

Todo un orgullo saber dos n@s nos@s grandes lectores e lectoras deste curso!  E, por suposto, temos que valorar tamén a tod@s @s que este ano fixestes un esforzo máis por acercarvos aos libros, levalos en empréstito e a aqueles/as que sabemos que os disfrutastes con agarimo.

Tamén a@s que nos preguntastes por temáticas, títulos ou coleccións concretas: esa é a actitude e o interese dos cales estamos tan orgullos@s!

Unha aperta

; PUNTO E COMA


GRANDES LECTOR@S  DO CURSO 2020/21:

NOA CASTRO FERNÁNDEZ

MARTINA LORENZO VARELA

ÁNGELA MIGUEL ÁLVAREZ

RAÚL MARTÍNEZ PENA

ANTÍA RODRÍGUEZ AMIGO

    AULA DE 4ºA


8 jun 2021

Os booktubers do Pichel!

 Bo día amigos e amigas! Como levades o fin de curso? Estamos a piques de rematar e aínda temos mil cousas pendentes! Que rápido pasa o tempo e canto nos imos botar de menos! 

Para comezar unha das últimas semanas con enerxía e recordando un momento bonito do curso, vouvos presentar aos mellores booktubers da contorna. Estades preparados para velos? Atentos a todas as recomendacións lectoras do noso alumnado...

Comezamos cos booktubers máis pequenos:


 

 
Ágora imos cos máis pequenos...de Educación Primaria! Os nenos e nenas de 1º e 2º:



Como vedes, son moi profesionais! A continuación preséntovos aos booktubers de 3º e 4º de Educación Primaria! 





E para rematar con esta actividade que tanto nos gustou, déixovos cos maiores do cole...o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:




E ata aquí o traballo dos mellores booktubers de Coristanco! Gustouvos? Esperamos que vos sirva para futuras lecturas...tedes onde escoller!

Vémonos pronto familia!
Disfrutade do que queda de curso!
Unha aperta

1 jun 2021

E chegamos ao aniversario da nosa Biblioteca!

 Bo día, lectoras e lectores!





Onte celebramos o aniversario da biblioteca do centro que leva o nome, como sabedes, de Asunción Antelo. 

Foi un día cheo de poesía, música e animación, verdade?

Queremos reflexarvos aquí o máis emblemático, xunto cos agradececementos a tod@s @s que fixestes que ese día fose tan especial.  Contamos con que a Asunción Antelo lle encantaría!

Fixástesvos en como se engalanou a biblioteca neste aniversario, con eses maceteiros primaverais? (o noso agradecemento ao equipo de Natureza); tamén a Isabel Rey, polo cadro cedido cun poema de Asunción; e a Paco Nogueiras, quen nos ofreceu un animado concerto pola tarde no centro.

Queremos agradecer tamén a presenza de Miguel, o voso ex- mestre de música, pola súa participación tocando nese concerto.  Á mestra Teresa Dosil, polo seu acompañamento neste día e a todas e todos vós, polos vosos fermosos recitados de poemas de Asunción  (por certo, sen esquecer ningún verso!)  Magnífic@s!

E, por suposto, a@s profes que sempre están aí detrás deses magníficos traballos e ás familias que de seguro escoitaron máis dun ensaio de recitados ou do himno galego na casa nestes días...

Moitas apertas dende o equipo da Biblioteca!