fondo red white blue

columnas enlaces

26 mar 2021

Boa Semana Santa!

Que pasedes moi boas vacacións de Semana Santa.  Vémonos á volta con moitas ganas de reabrir a biblioteca.

Lede moito e non esquezades disfrutar do que leades!


Unha aperta de Punto e Coma

     ;


Semana da PRENSA e DÍA DA MULLER

 Boas!

Non podiamos esquecer o traballo de búsqueda en prensa de mulleres destacadas, importantes.  Aínda que sabemos que non están só na prensa, xa que as temos todo o tempo ao noso arredor, a que si?  

Pero para conxugar estas dúas celebracións, a Semana da Prensa e o Día da Muller (ambas neste mes) e chiscando un ollo á nova estación que comeza, a primavera, aí vai unha mostra do voso facer.  Parabéns!



8 de marzo: Día da Muller



Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

 Ola a tod@s!

O 21 de marzo foi o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.

Punto e Coma seleccionaron para vós estes libros do respecto ao diferente independentemente da súa raza, xa que tod@s temos os mesmos dereitos.

Animádesvos algún a interpretar un destes contos?....  O de "¡Hombre de color!" é moi cortiño e estamos seguros de que vos vai encantar.





24 mar 2021

Día Mundial da Síndrome de Down

 Boas!

O 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Síndrome de Down.

Achegamos unha pequena mostra de contos específicos sobre a Síndrome de Down dispoñibles na biblioteca.

Lembrade que con temática de diversidade hai tamén moitos máis e moi interesantes!



Día Mundial da Poesía

 O 21 de marzo celebrouse tamén o Día Mundial da Poesía.  

Aínda que varios e varias de vós xa participastes con poesías a Rosalía, dentro da proposta de "Un xardín para Rosalía", desde a biblioteca queremos lembrarvos onde atopar máis poesías para ler ou para que vos inspiren a continuar facendo as vosas propias!

Recordade tamén que hai poemas tanto en galego como en castelán a disposición.

Un saudiño e:

Poñédevos a practicar;

seguro que bos poemas

ides lograr!




23 mar 2021

Día Forestal Mundial




 Boas a tod@s!

O 21 de marzo conmemorouse, entre outras celebracións, o Día Forestal Mundial.  Para lembrar a importancia de coidar os nosos bosques autóctonos, incluíndo a reciclaxe de papel como unha das tarefas para o seu coidado, deixámosvos algúns recordos dos libros dados como agasallos de Punto e Coma no Nadal envoltos con papel de xornal.

Proposta que podedes utilizar en calquera outro momento!  








3 mar 2021

Resumo do noso Entroido!

 Bo día rapaces e rapazas! 

Para afrontar a semana con ganas e motivación, aquí vos deixo un vídeo resumo do ben que o pasamos o día do Entroido no cole. Foi una celebración diferente ao que estamos acostumados, pero non por iso pasámolo peor!



Sempre quedará no noso recordo.

Unha aperta

Punto e Coma

 

2 mar 2021

Un xardín para Rosalía


Un xardín para Rosalía






Boas a tod@s!

Este ano unímonos á proposta do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro para crear "un xardín para Rosalía", traendo un elemento vexetal acompañado dun pequeno texto poético.

Pois aí van as nosas aportacións!