fondo red white blue

columnas enlaces

26 feb 2022

ENTROIDO 2022

Familias! Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso desfile de entroido 2022. Como podedes observar, estamos a altura de participar en boas pasarelas. Feliz entroido a tod@s! 

ENLACE VIDEO ENTROIDO

25 feb 2022

VENRES DE ACHEGA: Feliz Entroido!

 BO DÍA! 

Libros dispoñibles na biblioteca sobre o Entroido en formato de poesía:

 
 
Deixámosvos tamén co retrouso da murga do Entroido "A PATACA" 2022, por se queredes seguilo cantando nestes días e/ou animar a alguén máis😉


- Chegaches xa ao Entroido?

Cheguei, si, señor.

Traballo en Coristanco,

eu son agricultor.

- Aquí temos tractores,

patacas mogollón,

de bolsa ou de xoguete,

en saco ou en racións.

- En saco ou en racións,

en saco ou en racións,

coidado co espantallo

que a min xa me espantou.


Un contacontos "entroideiro", dos nosos "XOVES DE CONTACONTOS":



QUE PASEDES MOI BOS DÍAS!💥💥💥

Vémonos á volta ;

23 feb 2022

ROSALÍA DE CASTRO: Aniversario do seu nacemento o 23 de febreiro

 Boas!

Non podiamos pasar este día sen lembrarnos da grande Rosalía de Castro.

Un repaso pola súa vida, con ilustracións, que esperemos que vos guste moito.

💗

 Nos seus momentos últimos, Rosalía pediulles ás fillas: "Abride a fiestra que quero ver o mar" 

 

No noso centro, tamén homenaxeamos a Rosalía de distintos xeitos:  con lecturas dos seus poemas, con debuxos, escritura de versos...

Algunhas mostras delo:

Planta de 6º de E.I.


Mural colectivo


;


22 feb 2022

CHEGAMOS AO "REMATE" DOS 21 DÍAS CO GALEGO E+

 Bo día!

Rematamos cos contacontos destes días, dentro do Proxecto 21 Días co Galego e +

E aínda que o proxecto en Primaria é para 5º e 6º, tamén nos outros cursos se contaron moitos contos en galego!

 Aproveitouse tamén a maleta concedida este ano con libros sobre o Camiño de Santiago, de onde se sacou, para a súa lectura, o libro de "Bo Camiño, Valentiño", por exemplo.  

Estes libros están expostos no corredor do primeiro andar do edificio de Infantil e Primaria do centro e podedes levalos en empréstito, informando ao persoal do Equipo de Biblioteca.

Velaquí van algunhas das mostras!

                                      Primeiros cursos; xs nosxs pequenxs:

5º e 6º de E.P.:

                                                      Uso do "Kamishibai" en 5º e 6º E.P.:


                                                      (Maleta e libros da "maleta do Camiño")
                                                                        4º de E.P.:

Visita da regueifeira Lupe Blanco ao centro, para regueifar a e con alumnado de Secundaria e 5º e 6º de Primaria.  Grazas, Lupe!  

Algunha imaxe para o recordo:



E o 22/2/22 (👀mirade que data máis curiosa!) rematamos o proxecto  21 días co galego e +...

... Pero estade moi atentxs durante todo o curso porque darémoslle continuidade aos contacontos durante todos os xoves (ata o mes de maio incluído) para poder gozar da lectura e das historias contadas!  

Porque o galego non remata aquí💪👍👍👍💚💙💬

Moitos bicos e a gozar da semana do Entroido!

;

18 feb 2022

VENRES DE ACHEGA: MÁIS CONTACONTOS DOS 21 Días co Galego e+

 Bo día!

Nesta semana tivemos máis contacontos ao abeiro do Proxecto 21 días co galego e+.

En 5º e 6º de E.P., onde se está levando a cabo este proxecto, parte do alumnado leu contos en galego a compañeirxs doutros niveis.

 Velaquí tedes algunhas imaxes de como foron estas xornadas!

Conto de amor: 

Crocodilo Namorado

Lectura a público de 3º de E.P.


 


O libro dispoñible na biblioteca:


Contos da paz:

Os tres bandidos

Ferdinando

O nacemento do dragón

O lapis máxico de Malala

 Lectura a público de 2º de E.P.



;

15 feb 2022

ACHEGA ESPECIAL: DÍA MUNDIAL DO CANCRO INFANTIL

 Bo día!

Hoxe queremos achegarvos uns contos especiais que están na biblioteca:

"El pañuelo mágico" (para primeiros lectores) e "O corazón da maxia" (para lectores expertos: 5º-6º de Educación Primaria).


O motivo é o día de hoxe, Día Mundial do Cancro Infantil.

Todo o noso agarimo axs nenxs e familias que están coa loita💝💝💝

;


11 feb 2022

VENRES DE ACHEGA: CONTACONTOS 21 DÍAS

 Bo día!

Neste mes de febreiro estamos a levar a cabo o Proxecto de 21 Días co Galego e+ nos niveis de 5º e 6º de Educación Primaria, coordinado dende o Equipo Dinamización da Lingua Galega do centro.

Participamos neste proxecto conxuntamente con outros centros e institutos de Galicia, como podedes ver no cartel de abaixo. 

 

 

Dende a biblioteca queremos tamén aunar esforzos para o desenvolvemento deste proxecto, polo que escollemos contos en galego coa temática da paz e do amor, celebrando o día da Paz👐 do 30 de xaneiro e o dos Namoradxs o próximo 14 de febreiro💘.

Os contacontos estanse a escoller dende o equipo da biblioteca e son lidos por alumnado de 6º de Primaria e profesorado.

Coidamos que ao alumnado-público receptor (de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria) estanlle encantando estas propostas!

Aquí vos deixamos algúns recordos destas lecturas de 6º de E.P. a E.I. e a 1º de E.P.   Fixérono fenomenal!👏👏👏👋




 
Boa fin de semana a todxs ;

 

 



4 feb 2022

VENRES DE ACHEGA: EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

 BOA TARDE!

Queremos achegarvos hoxe á magnífica exposición de instrumentos musicais que está na entrada do edificio de Primaria.

Parabéns pola iniciativa e polas vosas colaboracións!

 




 



LEMBRADE QUE na biblioteca hai toda unha sección adicada ao xénero da Música, pero ademais, temos dentro das novidades de libros deste curso o titulado: "Historia de la Música para niños".  É realmente interesante, aparecen informacións moi curiosas👀.  De feito, hoxe ollándoo Punto e Coma, aprenderon, en relación coa Música e o cerebro:

"Cando  interpretamos unha peza musical, aprendemos as notas practicando unha e outra vez.  Desta maneira, gardámolas na parte do noso cerebro na que se atopan os RECORDOS A LONGO PRAZO.  Unha vez que aprendas a tocala sen pensalo demasiado, interpretar a túa melodía favorita será tan fácil como contar ata dez.  Así que non te rindas!"

 



E vós, tocades algún instrumento?  Se é así, cal? 

 Boa fin de semana!


. ;

2 feb 2022

Vídeo da Paz coa música das Tanxugueiras

 Bo día!

Aquí temos o vídeo conxunto da Paz feito no cole.  

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Grazas, María e equipo de TICS, pola montaxe ; e ao resto de compañeirxs e alumnado pola súa participación para lograr este estupendo resultado!



Apertas ;