fondo red white blue

columnas enlaces

24 dic 2020

Bo Nadal!!

Bo día amigos e amigas!!

A entrada de hoxe é moi especial. Deixámosvos o vídeo da panxoliña que fixemos, alumnado e profesorado, con moito agarimo para felicitar as festas.

Este ano foi moi singular e atípico. E, como xa esperábamos, non puidemos celebrar o noso gran festival de Nadal! Pero como o importante son as ganas e a actitude, adaptámonos á nova situación e creamos esta panxoliña tan divertida. Asegurámosvos que o pasamos moi ben bailando e cantando.

Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas e un próspero ano novo cheo de alegrías.

E moi importante...estes días sempre con sentidiño! 

Vémonos á volta, familia!!

20 dic 2020

Día da Non Violencia polo alumnado de 4ºEducación Primaria

 Bo día familia! 

Xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e...que rápido pasaron estes meses! Parece que foi onte cando nos reuníamos de novo despois de moitísimo tempo sen vernos.

Volvemos por aquí para mostrarvos un vídeo moi especial que fixo o alumnado e profesorado de 4º de Educación Primaria con respecto ao 25 de Novembro. O bo traballo faise esperar e aquí vos deixamos a súa aportación polo Día da Non Violencia:



Esperamos que o disfrutedes.

Vémonos pronto!