fondo red white blue

columnas enlaces

25 jun 2019

GRACIAS MESTRA TERESA!!! Fin de curso 18/19

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa sei que xa estamos de vacacións de verán pero gustaríanos compartir con vós este vídeo tan fermoso do último día de clase. Un video moi emotivo. Tedes que ver ata o final do vídeo para sabelo. Un día de moitas despedidas! Por iso esta entrada está adicada a unha mestra moi moi especial que adicou 40 anos da súa vida aos nenos e nenas de Coristanco.
Mestra Teresa....

MOITAS GRACIAS

18 jun 2019

Revista escolar ASUBÍOS curso 18/19

Bo día querid@s lectores/as!!
Queremos presentarvos a revista escolar deste ano, a nosa revista Asubíos! Tendes unha copia para as vosas aulas e na nosa biblioteca tedes máis exemplares. Nesta revista podedes atopar relatos, poesías, contos, imaxes de todo o que fixéstedes ao longo deste curso. A revista quedou moi moi fermosa e o seu contido é impresionate. Pero todo debémosvolo a vós porque sen a vosa axuda non podería editarse. Moitas gracias a todos e a todas. 
Alumn@s de infantil, primaria e secundaria............MOITAS GRACIAS!
Para o curso que vén máis e mellor!
.

Viaxa a un mundo cheo de imaxinación nun abrir e pechar de follas. Le hoxe, le sempre.
Saúdos de Punto e Coma.

16 jun 2019

Premio mellor es lector@s! Curso 18/19

Bo día querid@s lector@s!
Estades convidad@s a asistir o próximo 19 de xuño na nosa biblioteca na hora de ler na entrega de premios aos mellor es lectores/as de este curso 2018/2019.
Parabéns a tod@s! Queremos felicitar a estos rapaces e rapazas facéndolle entrega dun diploma máis un agasallo. 
Saúdos de Punto e Coma


12 jun 2019

1º Premio para 5º de Educación Infantil "Merendas saudables"


Bo día queridos/as lectores/as! Onte os alumnos/as de Educación Infantil, xunto coa súa titora Lorena recolleron premio ao mellor traballo no certame "Cooperativismo no Ensino. 2019" na modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial na Categoría A. O nome do traballo é "Merendas saudables". E para celebralo desfrutamos da actuación do "Teatro dos Ghazafelhos" unha obra de teatro xunto con música "O vendedor de fume" na que o pasamos xenial. Encantounos! Deixámosvos un resumo do día de onte! esperamos que vos guste!

Noraboa unha vez máis aos nenos/as de 5º de Educación Infantil!
Saúdos de Punto e Coma!


5 jun 2019

Hora de ler con Virginia!

Hoxe mércores a mestra Virginia contounos un conto moi especial aos nen@s de infantil. Encantounos e estivo xenial, pasámolo moi ben!
Moitas gracias Virginia polo teu conto, estamos desexando que volvas outra vez á nosa biblioteca a contarnos máis!
Saúdos de Punto e Coma!


4 jun 2019

IV Aniversario da nosa biblioteca Asunción Antelo!

Este pasado venres celebramos o IV Aniversario da nosa Biblioteca Asunción Antelo. Tivemos varias actividades como o contacontos de Celtia Figueiras, un recitado de poemas de Asunción Antelo e pechamos a xornada cun concerto de Paco Nogueiras. Pasámolo xenial!! Como era?....Brica vai, brinca vai...... 

Saúdos de Punto e Coma




Despedímonos ata o curso que vén!

Os nos@s compañeir@s Punto e Coma despídense ata o curso que vén, que estará cargado de novas actividades, concursos e conmemoracións especiais coma as que tivemos este ano. E para despedirnos que mellor maneira que facelo con música a cargo dos nos@s compañeir@s, a festa de ler segue con nós!!! Moitas gracias a Sara, Aischa, Xulio, Aldán e Anxo! Sodes uns verdadeiros  artistas!
Saúdos de Punto e Coma!




3 jun 2019

Aisha, a nosa acordeonista!

Hoxe presentámosvos a nosa compañeira de 5º Aisha, que para despedir a nosa biblioteca ata o curso que ven adícanos esta fermosa canción! Toca moi moi ben, Aisha gústalle moito a nosa biblioteca e as nosas mascotas Punto e Coma, así que esta canción está adicada a todos e a todas vós.
Moitas gracias por este curso cheo de emocións na nosa biblioteca! Para o ano máis e mellor!
Moitas gracias Aisha!