fondo red white blue

columnas enlaces

30 abr 2019

Xa temos video do día do LIBRO!!

Despois de agardar varios días de mal tempo, hoxe por fin celebramos o día do Libro.

Estivemos lendo aos máis pequenos e compartindo impresións, historias e moitas sorpresas. Exemplos disto son os libros de realidade aumentada onde gracias as tablets podemos contar contos dunha maneira diferente.

Por outra banda, o alumnado de primeiro colaborou na xornada escolar repartindo marcapáxinas para o resto de nenos e nenas do centro como un agasallo para lembrar este día tan especial para nós.

Un día onde os libros saen das súas casas para amosarse de excursión polo patio do centro.

Moitas gracias a mestra Ale de 1º por achegarnos este fermoso vídeo! Encántanos!

Vémonos pola biblio!



29 abr 2019

Unha hora de ler moi especial!

Hoxe luns, aproveitando o bo tempo fixemos a hora de ler no patio. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º contáronlle ao resto de nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de EP un pequeno conto, conmemorando o día do libro da semana pasada. Pasárono xenial e gustoulle moito. Esperemos que siga o bo tempo para seguir facendo este tipo de actividades.
Vémonos pola biblio!


26 abr 2019

HOXE ESTREAMOS: NAIS E PAIS DE CONTO

Bo día queridos/as lectores/as. Hoxe presentamos un novo espazo que gústanos moito: AS NOSAS NAIS E PAIS CÓNTANNOS CONTOS!!!
O pasada xoves o pai de Helena de 1º de EP veu ao noso cole a contarlles o conto de Pinocho. Estivo xenial, que ben o pasamos! Moitas gracias por vir pai de Helena (Lito), estaremos encantados de que volvas contarnos outro conto.
Vémonos pola biblio! Bo fin de semana!




Hora de ler con 6º EP!

Bo día querid@s lectores/as! Onte, xoves, os nen@s de 6º de Educación Primaria empregaron a súa hora de ler en ir polas aulas de 3º e 4º a contarlles un conto. Estivo xenial, encantounos. 
Moitas gracias Pablo, Anxo, Cynthia, Roy e Sara. Fixéchedelo xenial! 
Vémonos pola biblio!


23 abr 2019

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN

Bo día querid@s lector@s!
Hoxe 23 de abril celebramos o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día.

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

E que mellor maneira de celebrar este día que visitando a nosa biblio! Vémonos por alí e recordade que esta semana teremos algunha que outra sorpresa nas novidades!


10 abr 2019

Recomendacións lectoras! Ainhoa e Carla 3º A

Seguimos ca nova canle de comunicación que creamos, e agora é a quenda de Ainhoa e de Carla de 3º A, dúas boas lectoras tamén. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantáronlles! Agradecer e felicitar a Noa e Yunai pola presentación! Moitas gracias campións! Vémonos pola biblio!


Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!



Recomendacións lectoras. Nerea Gerpe e Sara 3º A

Seguimos ca nova canle de comunicación que creamos, e agora é a quenda de Nerea Gerpe e Sara de 3º A. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantoulles! Felicidades, moitas gracias polas vosas recomendacións! 
Vémonos pola biblio!




Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Recomendacións lectoras! Jorge 3º A

Seguimos ca nova canle de comunicación que creamos, e agora é a quenda de Jorge de 3º A. Hoxe recoméndanos este libro que liu e encantoulle! Felicidades Jorge, moitas gracias pola recomendación! Felicitar e agradecer tamén a Ainhoa pola presentación!
Vémonos pola biblio!




Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Recomendacións lectoras. Noemí Gerpe 3º A

Seguimos ca nova canle de comunicación que creamos, e agora é a quenda de Noemí Gerpe de 3º A, unha boa lectora tamén. Hoxe recoméndanos este libro que liu e encantoulle! Felicitar tamén ao noso presentador Adrián! Moitas gracias campión!



Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!



Recomendacións lectoras! Hugo Barca e Hugo Castro de 3º A

Seguimos ca nova canle de comunicación que creamos, e agora é a quenda de Hugo Castro e Hugo Barca de 3º A, dous bos lectores tamén. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantáronlles!

Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Estreamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS! NOA e CARLA 3º A

Ola a tod@s querid@s lector@s!
Hoxe presentámosvos en primicia unha nova canle onde podedes recomedar aos vosos compañeiro@s os libros que ledes durante este curso. Son moitos os libros que temos na nosa biblioteca, e as veces costa un pouco escoller cal imos levar para a nosa casiña. Pero, cal é  mellor maneira de que os nosos compañeir@s recoméndennos que libro gusta máis?
Pois xa temos a solución! Creamos un noticiario onde eles e elas mesmos nolo contan!

Estreamos co primeiro video da man de Noa e Carla de 3º A, en recompensa a tódolos libros que levan lidos durante o curso. Son unhas campionas lectoras! E como recompensa son elas as encargadas de arrincar con este novo proxecto! Esperamos que vos guste moito!

Seguide así campionas!!

A MELLOR AVENTURA É A QUE COMEZA CUN LIBRO! Vémonos pola biblio!


Máis poesías!

Bo día querid@s lector@s!
Hoxe presentámosvos o noso mural da poesía. Cada aula elaborou a súa propia poesía coa seguinte temática: “Se eu vivise no monte”. Quedou moi fermoso, non paramos de decir que son uns artistas! 
Vémonos pola biblioteca!

4 abr 2019

Nós tamén nos comprometemos!

Ao igual que os compañeiros de 1º, o alumnado de 4º conmemorou o día Mundial da concienciación sobre o autismo cun vídeo. Esperamos que vos guste!


Conta Contos 6º EP

Hoxe recibimos na hora de ler a dúas compañeiras de 6º que viñeron á clase de 3ºA a contarnos un conto moi especial: “Juan tiene autismo”, conmemorando o pasado día 2 de abril. Encantounos, fixérono xenial. Moitas gracias chicas!

3 abr 2019

Eu comprométome

O pasado martes 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou por unaminidade o 2 de abril para poñer de relevo a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

A mestra Ale e os seus alumn@s de 1º EP conmemoraron este día cun precioso vídeo. Esperamos que vos guste e moitas gracias nen@s! Encántanos!