fondo red white blue

columnas enlaces

31 mar 2020

PANDEMIA DE CONTOS "A mellor sopa do mundo"

Ola queridos/as lectores/as!

Comezamos coa nosa sesión diaria de contos!!  Abrimos a semana cun conto gañador do concurso "Nós tamén creamos" e que se titula "A mellor sopa do mundo".

#euquedonacasa

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


30 mar 2020

XA TEMOS OS VÍDEOS DE VOZ NATURA!!!! Os plásticos!

Ola queridos/as lectores/as!

O prometido é débeda así que imos empezar a semana cos vosos vídeos que gravastes sobre os plásticos. A punto e a Coma encantáronnos, ademais como xa hai bastante tempo que non nos vemos seguro que vos gusta moito poder ver aos vosos compañeiros/ as.

Botámosvos moito de menos pero temos que seguir sendo fortes e manter o ánimo!
A gozar dos vídeos, esperamos que vos gusten!
Cal foi o que máis vos gustou?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



                   






29 mar 2020

CONCERTO! Paco Nogueiras! Día do Libro Infantil e Xuvenil

Ola queridos/as lectores/as.

NOVIDADES!!!! 

Xoves 2 de abril ás 17h. tedes unha cita para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Paco Nogueiras unha vez máis cantará cancións que faltaron no primeiro concerto. Nos directos de Instagram e Facebook.
Animádevos!
#brincavai #radiobulebule #kalandraka #diadolibroinfantilexuvenil #2deabril #brincadeirasdendeacasa #bulindoconfinado



Podédelo seguir no seu instagram!

https://www.instagram.com/paconogueiras/?hl=es

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


28 mar 2020

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

Ola queridos/as lectores/as.
Onte foi o Día Mundial do Teatro. Que saibades que Punto e Coma non se esqueceron de tal data, pero entre venres de emocións, o poema da mestra  Ale....decidimos pospoñelo un día. 

Compartimos dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia os seguintes enlaces aportados dende distintos teatros e compañías de teatro. Premede neles!

Tanxarina Títeres: A Galiña Azul

Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións

Un saúdo de Punto e Coma. Feliz fin de semana.


27 mar 2020

Un poema moi especial!

Ola querid@s lectores/as!
Hoxe queremos compartir este precioso poema que fixo a mestra Ale de 2º. Un poema precioso que conmoveu a Punto e a Coma e querémolo compartir con todos/as vós. 
Moitas grazas mestra Ale! 
Hoxe esta entrada do blog é para todos/as vós. 
Moito ánimo e moita forza!
Un saúdo de Punto e Coma.


POEMA PARA VÓS 

GRAZAS DE CORAZÓN

 POR TODO O QUE  ESTADES A FACER



VENRES DE EMOCIÓNS! In a Heartbeat

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!

Hoxe presentámosvos unha fermosa curta…IN A HEARTBEAT, Sigue ao teu corazón.
Espero que vos guste e que nos axude a empatizar con moita xente!!! 
Pero ademais presentámosvos tamén para os máis pequenos/ as da casa o novo conto do monstro de cores "Coronavirus". Esperamos que vos guste moito.
A punto e a Coma encántanos!

Estade moi atentos e atentas ao luns porque subiremos todos os vídeos de Voz Natura que gravastes no croma. O LUNS!!!! Para comezar ben a semana.
Feliz venres!! Moito ánimo e moita forza! 



                             

26 mar 2020

PANDEMIA DE CONTOS! O vello e o novo leñador!

Ola querid@s lectores/as!
Hoxe mércores tamén vos deixo por aquí un conto!

Esta vez tócalle a Pedro Brandariz...moi atentos que comeza!!

Deica mañá!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



25 mar 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Hoxe partida dobre.

Ola querid@s lectores/as!

Hoxe mércores comezamos a semana cun conto...bueno, con dous!

Hoxe tamén hai sesión para os maiores, que tamén tendes dereito!!

O primeiro para os peques da casa, e o segundo para os maiores.

Espero que vos gusten!


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.






24 mar 2020

Contos contados

Ola,rapaces:
Punto e Coma queren compartir con vós esta páxina de Kalandraka onde podemos ver contos e versos de diferentes autores. Espero que disfrutedes deles coma nós.
Podedes deixar comentarios ao final. Picade na pestaniña da esquerda.

Réquiem por Albert Uderzo

Francia perdeu hoxe a Albert Uderzo, un dos creadores máis poderosos do seu imaxinario colectivo e un referente da cultura francófona. O co-inventor de Asterix -xunto con René Goscinny, que faleceu en 1977- faleceu dun ataque cardíaco, non ligado ao coronavirus, na súa casa de Neuilly-sur-Seine, preto de París.
As aventuras dos irreductibles galos durante o período romano publicáronse por primeira vez o 29 de outubro de 1959 no semanario 'Pilote'. Logo, durante sesenta anos, as historias imaxinadas por Uderzo e Goscinny convertéronse nun distintivo da identidade francesa, construíndo un mito sobre como se forxou a nación. Estímase que hai 380 millóns de copias da serie 38 Astérix traducidas a 111 idiomas.
Uderzo naceu en Fismes, no nordés de Francia, dunha familia de inmigrantes italianos. De neno soñaba con ser pallaso. Afeccionouse ao cómic ao ler as aventuras de Mickey Mouse nas páxinas de "Le Petit Parisien". Dada a súa capacidade para debuxar, dende pequeno comezou a colaborar para diversas publicacións.
Durante a Segunda Guerra Mundial viviu un tempo na Bretaña rural, e ese ambiente e as persoas que coñeceu despois influíronlle para situar a aldea de Astérix anos despois e inspirar o carácter dos seus habitantes.
En 1951, Uderzo coñeceu a René Goscinny, que traballara nos Estados Unidos. Os dous se puxeron de inmediato e descubriron unha paixón común por Walt Disney, o Fat and the Skinny e as historietas.
En 1959, Goscinny e Uderzo foron nomeados editor e director artístico da revista de banda deseñada "Pilote", na que apareceu o primeiro número de Astérix. En 1961 publicouse o seu primeiro álbum, "Asterix the Gallic". Xuntos, asinaron 24 álbums e, cando Goscinny morreu en 1977, Uderzo tamén elaborou os guións, realizando o álbum 34. Desde 2013, o personaxe foi realizado polo debuxante Didier Conrad e o guionista Jean-Yves Ferri, coa supervisión de Uderzo, e xa publicaron catro títulos, o último '' La hija de Vercingetótix '' (2019).

( texto de "La Vanguardia" )

ATENCIÓN! Un conto para ler!!!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Mirade ben o que acabamos de atopar pola rede......UN CONTO!!!!
Punto e Coma estamos contentísimos!

Deixamos a ligazón dun libro publicado por María Coco Hernando, en aberto, que fala para os nenos de todo o que estamos a pasar.


Esperamos que vos guste amig@s! Clicade no título do libro ou na imaxe para que o poidades ler.




PANDEMIA DE CONTOS! Lonxe de todo.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe martes presentámosvos o seguinte conto...

Lonxe de todo

Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Recordarvos que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.
Un saúdo de Punto e Coma.


23 mar 2020

Concerto: Uxía Lambona e a Banda Molona!

Ola querid@s lectores/as!
Hoxe temos unha boa nova....Uxía Lambona e a Banda Molona dará un concerto a través do seu instagram!

Podédelo ver en directo mañá martes 24 de marzo ás 16:45h.
Espero que cantedes todas as cancións como facemos na nosa aula de música!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


                

PANDEMIA DE CONTOS!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Como empezáchedes a semana? Pois Punto e Coma levantámonos con ganas de contos, así que aquí vai o de hoxe! Con todos/as vós PANDEMIA DE CONTOS!
Acordádesvos desta rapaza? Visitou o cole fai uns meses para facer un contacontos na
nosa fermosa biblio! Si si......é a mesmiña Érica González!
O conto de hoxe titúlase  "Felipe ten gripe". Esperamos que o gozedes tanto coma nós.

Disfrutade do día!!

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma



21 mar 2020

21 de marzo "Día da poesía"



Ola queridos/as lectores/as!
Como ides? Punto e Coma esperamos que estedes todos e todas ben e que sigades lendo e consultando o noso blog. Hoxe aínda que sexa sábado queremos celebrar o día da poesía!

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.

Texto extraído da web da UNESCO 


Punto e Coma recomendámosvos que cliquedes en POEMAS para que poidades ler diferentes poemas con diferentes temáticas: poesías sobre o mar, as estacións do ano, animais, da escola...
Animádesvos?





A maiores deixámosvos tamén esta fermosa canción do disco-libro Rosalía Pequeniña. Feliz día da poesía amig@s! Moito ánimo a todos e a todas vós.  Moito ánimo e  forza familias!

Un saúdo de Punto e Coma.




20 mar 2020

Paco Nogueiras en concerto!

Ola querid@s lectores/as!
Hoxe temos unha boa nova....Paco Nogueiras dará un concerto a través do seu instagram!
Podédelo ver en directo hoxe venres 20 de marzo ás 16:45h.
Espero que cantedes todas as cancións como facemos na nosa aula de música!

BRINCA VAI BRINCA VAI...... (@ que saiba como sigue, que comente abaixo)
Un saúdo e ánimo!


Venres de emocións! Que é o coronavirus covid-19?

Ola queridos/as lectores/as!
Os venres de emocións seguen, pensabades que Punto e Coma ían deixar de buscar vídeos para vós? Pois non!

Os próximos 14 días teremos que quedarnos na casa debido a expansión do coronavirus covid-19, non poderemos asistir a museos, bibliotecas... pero desde a casa podemos realizar distintas tarefas e visitar virtualmente estes lugares.
Para coñecer máis este coronavirus podedes consultar a páxina web da OMS ou neste vídeo de Happy Learning explícanvos.





19 mar 2020

Máis contos #ficanacasa O libro dos porcos.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe propoñémosvos "O libro dos porcos".
Punto e Coma seguimos cunha iniciativa que se está a dar na maioría das bibliotecas escolares de Galicia #undíanacasaunconto e nós na nosa biblio non íamos a quedar atrás. 
Que opinades desta iniciativa? Podedes deixar o voso comentario máis abaixo.
Un saúdo de Punto e Coma.



            

18 mar 2020

Uns días diferentes....

Ola querid@s lectores/as!

Pois un luns, martes e mércores diferente dende logo...Punto e Coma estamos tristes porque o cole e a nosa biblio está baleira e botamos moito de menos os vosos aloumiños e as historias que nos contades cada día...

Pero nada de poñernos tristes, é o que toca!!! #Euquedonacasa
Nós seguimos actualizando o noso blog coma sempre e temos moitas ideas para estes días... comezamos con PANDEMIA DE CONTOS.
PANDEMIA DE CONTOS é unha inciativa que nace dende o Colectivo NOGA #narraciónoral galega  e comparten xenerosamente contos con todos nós para levar o mellor posible este #euquedonacasa que nos toca vivir.

Deixámosvos unha fermosa historia...hoxe comezamos por Sabes contar ata cero?


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


13 mar 2020

Venres de emocións!! One vai one!!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
A curtametraxe de hoxe amósanos a un grupo de nenos e nenas que vive nun barrio de escasos recursos, pero que teñen un tesouro…a amizade. Comeza cun neno atopando unha pluma para colorear, a partir de aí…moitos momentos entrañables e cheos de vida!!! 
Escoitade ben a música...é fantástica!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Boa fin de semana.
Vémonos poila biblio.

10 mar 2020

Gañadores/as concurso Rosalía!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe na hora de ler a mestra Ana Palleiro entregou os diferentes premios aos gañadores/as do concurso "Canto sabes de Rosalía?". Punto e Coma estamos moi ledos e orgullosos destes nen@s que participaron e que están día a día pendentes do noso blogue. Noraboa nen@s! Estade atentos/as porque haberá máis concursos neste curso!
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!





8 mar 2020

8 de marzo Día internacional da Muller




O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres do montón que xogaron un papel crave na historia dos seus países e comunidades.

O mundo logrou avances sen precedentes, pero ningún país alcanzou a igualdade de xénero.

Hai 50 anos, chegamos á Lúa; na última década, descubrimos novos devanceiros humanos e fotografamos un buraco negro por primeira vez.

Mentres tanto, existen restricións legais que impiden a 2 700 millóns de mulleres acceder ás mesmas opcións laborais que os homes. Menos do 25% dos parlamentarios eran mulleres en 2019 e unha de cada tres mulleres segue sufrindo violencia de xénero.

Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e as nenas en todo o mundo.

(Texto e vídeo extraído de https://www.un.org/es)



Ola queridos e queridas lectores/as!
Hoxe é un día especial e querémolo compartir con tod@s vós!

Nun día como hoxe só tres palabras imprescindibles para todas as mulleres:
IGUALDADE, DIGNIDADE E RESPECTO!

6 mar 2020

Venres de emocións! RUNAWAY!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres....e coma todos os venres son de emocións! 
Hoxe presentámosvos unha historia divertida e diferente que ten como protagonista a un frigorífico vello que entra en ataque de histeria cando pensa que vai a ser substituído por outro novo.
Unha curtametraxe que ademais de sacarvos un sorriso espero que vos sirva para repensar as relacións que establecemos cos obxectos que utilizamos. O debate está servido…¿tiramos ou reparamos?
Con todos vós…Runaway.
Espero que vos guste!!!
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.

4 mar 2020

Novidades! 8 marzo Día da muller.

Ola queridos/as lectores/as!
Estes días tendes na nosa biblioteca as novidades pensadas para vós. O vindeiro 8 de marzo celebraremos o día da muller. Deixámosvos na biblio varios libros relacionados con este día, esperamos que vos guste. Podedes comentar máis abaixo cal é o voso preferido. 
Os vosos compañeir@s xa están a gozar destas novidades, estes días temos aforo cheo na nosa biblio. Punto e Coma estamos contentísimos de vervos a tod@s neste espazo adicado a gran aventura de ler.
Anímaste? Nós si!
Un saúdo de Punto e Coma.


                                             

                                          

                                              

                                              

                                          

2 mar 2020

Día de Rosalía De Castro

Ola queridos/as lectores/as!
Que ben o pasamos o venres cantando todos/as a canción  "No bico un cantar" do disco libro Uxía Rosalía pequeniña. Saliuvos xenial! Deixámosvos un pequeno vídeo de como quedou máis unha foto dos nenos/as de educación infantil facendo os puzzles desta gran autora como é Rosalía!
Feliz semana.
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.