fondo red white blue

columnas enlaces

24 nov 2023

Sexto conta moito!

 Bo e frío día a todos e todas! Onte foron Adrián Pais e Ángel Ramos de 6ºA os que nos agasallaron contándonos un conto marabilloso ao alumnado de 2º de primaria. 

Moitas gracias, rapaces!😍😍





22 nov 2023

As familias contan!

Non vos podedes imaxinar todo o que estamos gozando os momentos de lectura das nosas familias. Animámosvos a participar todos e todas.
 
Aquí temos algunhas fotiños das nosas familias contacontos das cales puidemos disfrutar tanto estas semanas:
Alba, mamá de Bieito (clase de 3 anos):




Erika, mamá de Brais (clase de 4 anos):



Loli, mamá de Enzo (clase de 4 anos):




Noelia, mamá de Uxía (3º primaria):



Berta, mamá de Sofía (3º primaria):



Carmen, mamá de Iago (4 anos):


Moitísimas gracias, familias!! Con vós pasámolo pipa😍🥳


17 nov 2023

Sexto conta moito!

 Ola a todas e todos! Este xoves foron Adrián e Ángel de 6ºA os que nos encandilaron ao alumnado de 1º de primaria. Temos uns contacontos xeniais, gracias rapaces!




Concurso "A memoria das palabras"

Moitas palabras caen no esquecemento porque xa non aparecen en ningún dicionario. Que vos parece se entre todos creamos o noso propio glosario e recuperamos algunhas delas? BASES DO CONCURSO: • Cada semana haberá que buscar na biblioteca unha palabra perdida. Para saber en que libro se atopa darémosvos unha pista. • Esta pista estará a partir do segundo recreo do luns exposta na pizarra da biblioteca. • Atopada a palabra, tentaremos pescudar o seu significado tendo en conta o contexto no que se atopa. • Cada unha das definicións serán depositadas na urna que estará na biblioteca, revisaranse a final de semana. • A persoa que máis se achegue ao significado orixinal da palabra gañará un punto. • Quen máis puntos acumule será o gañador.

14 nov 2023

Sexto conta moito!

E aquí temos outro xoves de ledicia! Neste caso os nenos e nenas de 5 anos gozamos co conto narrado polas compañeiras Ainoha e Iris de 6ºA. 

Moitísimas grazas!!





Encontro literario con Manel Loureiro

Ayer contamos con una visita, Manel Loureiro. Con él conversamos sobre la labor del escritor y cómo se construye una buena historia. Todo ello de la mano de un gran narrador que compartió con nosotros algunos de los secretos de su obra.

6 nov 2023

Sexto conta moito!

 Este xoves pasado os peques da clase de 4 anos gozamos co conto que nos narraron Iago e Elva de 6ºA.

Fixérono moi ben. Moitas gracias, rapaces!





4 nov 2023

Concurso Contos de medo 23/24

 Moi boas, familias! Acabamos de gozar o noso anual concurso de Contos de Medo no cal os gañadores foron os seguintes contos:

-Grupo de 4º de Infantil (Agarrádevos que estos pequenos chegan pisando forte…)

-Grupo de 2º de Primaria (Noraboa polo traballo en equipo, rapaces!)

-Irina Puga Bertoa de 3ºA (Parabéns, Irina!)

-Carla Lema Taibo de 5º  (Moi ben, Carla, moitas felicitacións!!)

Moitos parabéns tamén a todas e todos os participantes un ano máis!