Nooooon!!! non queremos que rematen os Certames de Talentos no mes de Maio! Así que a profe Eva, non nos ía deixar así, deunos as seguintes sorpresas de remate no mes de xuño:
Sesión de Chistes a cargo de Mateo e Pedro de 5º de Primaria:
Rematan os Certames de Talentos dos Venres do Pichel cun fermoso obradoiro de acuarela da man da nosa profe Eva.
Eva é unha verdadeira artista, unha virtuosa das manualidades, que destaca pola súa delicadeza, a súa paciencia e o seu extraordinario sentido do detalle. En cada pincelada transmite o seu amor polas artes e consegue contaxiar ese entusiasmo a todas as persoas que participan nos seus obradoiros e actividades, creando un espazo de creatividade, calma e aprendizaxe compartida.
Grazas, Eva, por poñer tanto corazón en cada proposta e por axudarnos a rematar este ciclo cunha experiencia tan especial:
Gracias por todo, sempre!























No hay comentarios:
Publicar un comentario