Quédanos por compartirvos os últimos recordos que temos deste ano en relación ao proxecto "As Familias Contan" en 2º de Primaria.
Neste caso, os afortunados coas visitas foi o alumnado de 1º e 2º de Primaria os cales recibiron no mes de marzo, coincidindo coa Semana Cultural, a visita de dúas familias do alumnado de 2º as cales trouxeron platos e doces típicos do seu país.
Tamén tivemos a sorte de poder entrevistar na nosa Radio a Fer Romero, Comentarista Deportivo na Radio Galega.
-A familia dos compañeiros Jad e Iyad, deixáronnos abraiados cunha presentación sobre pratos típicos de Marrocos, como por exemplo o Cuscús, Tajín e Khobz (pan). E non só iso, cociñaron para nós, estaba todo riquísimo!! Moitísimas gracias!
-A mamá de Ciro de 2º de Primaria, encandilounos cun obradoiro de Alfajores Argentinos, e deixounos
unha mostra rematada por ela coa receita para poder disfrutar na casa.
- Para rematar compartímosvos un vídeo que contén a Entrevista a Fer Romero (non é familia da profe Noe, pero sí amigo). Experiencia na que aprendimos moito sobre o oficio e sobre a vida. Moitas gracias Fer pola túa valiosa visita.
Gracias a todos e todas!















No hay comentarios:
Publicar un comentario