fondo red white blue

columnas enlaces

25 may 2021

Pequena biografía de Xela Arias

 Ola a tod@s!

Neste libro recén chegado á biblioteca móstrase unha biografía de Xela Arias moi curtiña e doada de ler.  Preguntádenos!

;



21 may 2021

E as gañadoras e gañadores do concurso Asunción Antelo!

 Modalidade Narrativa:

Aula de 6º E.I.

Ezequiel Facal Figueiras (4ºA)

Sabela Villar Castro (5ºB)


Modalidade Cómic:

Ainhoa Núñez Da Rocha (5ºA)


Modalidade Poesía:

Mateo Porteiro Calvo (4ºB)

Noa Rodríguez Pazos (5ºB)


Modalidade Monográfico:

Raúl Martínez Pena (6º)


Modalidade Debuxo:

Carla Fraga Graíño (6º)


PARABÉNS! 😊

;

Finalistas do Certame Concurso Artístico Literario Asunción Antelo

 Boas!

Xa están colgados os traballos finalistas do concurso Asunción Antelo deste ano!



Moita variedade e fantásticos!  PARABÉNS!  

19 may 2021

Actividades sobre Xela Arias

Boas! 

Mirade que actividades máis bonitas sobre Xela Arias! 

O noso agradecemento ao CEIP de Foz (Lugo).


Agradecemento tamén aos traballos do noso centro sobre Xela Arias, por aportacións coma estas:




Libros de Asunción Antelo dispoñibles!

Bo día! 

Estes son os dous libros de Asunción que temos dispoñibles na biblioteca. Aínda que ambos inclúen os mesmos poemas, os prólogos son distintos e tamén as edicións (primeira e segunda). Na segunda edición, aparecen tamén varias fotografías dela así como mostras da súa creatividade en madeira, pedra ou barro.

15 may 2021

17 de maio, Día das Letras Galegas. Adicado a Xela Arias

Bo día! Seguro que a estas alturas xa sabedes moitas cousas sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Deixámosvos tamén cun vídeo da Real Academia Galega onde se recolle parte da súa biografía e unha canción coa letra dun libro seu de poemas: Darío a diario, adicado ao seu fillo. Que sigades disfrutando moito das letras e destes días!

13 may 2021

Asunción Antelo

 Boas, lectoras e lectores!

Aquí vos deixamos cun dos libros de Asunción Antelo dispoñibles na biblioteca, no que aparece unha foto dela na portada.  

Entre varias temáticas, algunhas referidas a galeguistas como Castelao ou a poetas como Rosalía ou Pondal, Asunción escribiu tamén moitos poemas adicados á comarca de Bergantiños.  Deixámosvos cun deles, no que nos amosa o que lle gusta o lugar onde ela naceu.

Unha aperta e boa ponte!


A miña terra

¡Que bonita é Seavia!

¡Que bonita a miña terra!

¡Que bonita é a fonte

ca súa imaxen de pedra!


¡Que bonito é Segufe,

aldea que eu nacín nela!

¡Que bonita a miña terra!


¡Que bonito Bergantiños!

¡Que bonito o río Anllóns!

¡Que bonito a miña terra,

eu de Segufe son!




5 may 2021

Contacontos 4º Educación Infantil

 Ola ola amiguiños e amiguiñas! 

Téñovos unha sorpresa, estades preparados? Entre tanto contacontos, non botáchedes de menos a ningún grupo? Pois claro que faltaba un!! Os pequenos e pequenas de 3 años estaban agardando este momento para deleitarnos coa súa obra de arte. 

A continuación, deixo que disfrutedes do seu gran traballo. Para ser os máis cativos, xa apuntan maneiras.

Prestade moita atención...


Un aplauso ben grande!!

Vémonos pronto!

Noraboa a todos os gupos polo seu gran traballo cos contacontos!!

Unha aperta e ata pronto.


4 may 2021

Certame concurso artístico literario Asunción Antelo


 Boas!

Neste mes de maio conmemórase o aniversario da nosa biblioteca co nome de Asunción Antelo, a artista coristanquesa, escultora e escritora de Segufe- Seavia.

En próximas publicacións achegarémosvos unha mostra dos libros dela dispoñibles na biblioteca.  Neles atoparedes máis información sobre a súa vida e obras.  Non volos perdades!

E hoxe deixámosvos co cartel informativo do concurso para participar pola modalidade/s que máis vos apeteza: cómic, narrativa, poesía, monográfico e debuxo.  Tedes ata o próximo martes, 11 de maio, para entregar os traballos.

Moita sorte!

3 may 2021

Contacontos luns 3 de maio.

 Boa tarde amigos e amigas! 

Como vos comentei na última publicación, aínda faltaba algún curso por sorprendernos co seu gran traballo. O día do libro este ano foi ben celebrado no Pichel! Temos un alumnado moi talentoso. 

Sen máis rodeos, a continuación, podedes disfrutar das grandes obras que representaron os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria.

3ºA: “A mellor sopa do mundo”


3ºB: “Sofía, a vaca que amaba a música”


Que vos pareceron? Merecen un gran aplauso!

Estas son as novidades de hoxe. Que ben comezamos a semana!

Vémonos pronto!

Unha aperta

Semana Mundial da Inmunización

 Bo día!

Do 24 ao 30 de abril celebrouse a Semana Mundial da Inmunización, cuxo lema este ano foi: "As vacinas achégannos".


Unha curiosidade: Sabiades que a enfermidade da viruela foi erradicada grazas a unha vacina?

Moitas apertas e boa semana!


;

1 may 2021

Contacontos venres 30 de abril

 Bo día!! Acábase o mes de abril e xa entramos na recta final do curso. Que rápido pasa o tempo! E unha vez máis o noso alumnado segue a sorprendernos co seu traballo. 

A continuación deixo as actuacións que tivemos o pracer de presenciar o venres no cole. Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria representaron dous contos como verdadeiros artistas que son. As obras elexidas foron, respectivamente, “Maruxa” e “A rebelión das verduras”. Disfrutade...



Que vos pareceron? Merecen un súper aplauso polo bo traballo!

Pero non creades que esto remata aquí; aínda queda algún curso por sorprendernos...

Vémonos pronto amigos e amigas!

Un saúdo.