fondo red white blue

columnas enlaces

25 jun 2017

E rematamos o curso!

O venres 23 os rapaces de quinto e sexto quixeron deleitarnos cuns bailes e cancións de fin de curso.Ahí unhas fotos:

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "ASÍ TE VEXO" ,DIPLOMAS E ORLA DE 6º

O xoves 22 de xuño fixemos entrega de agasallos aos gañadores do concurso,así como diplomas aos grandes lectores e aos colaboradores da biblioteca durante este curso.Entregáronse tamén os diplomas aos participantes do proxecto de construcción de eólicos.Rematamos coa entrega da orla aos rapaces de sexto.

HOMENAXE A ASUNCIÓN ANTELO

O mércores 21 de xuño recordamos a Asunción cunha lectura dos seus poemas feita polos rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria.Para rematar Jonathan,de 6º A,regueifou o epílogo do libro de Asunción.
Acompañáronnos Isabel Rey,quen donou a biblioteca dous libros de Asunción: Penurias dun amor e Páxinas da rexubeira de Bergantiños;Cristina Abelleira,Miguelo,Antonio de Xornes,regueifeiro,José María Varela,o alcalde Amancio Lavandeira e Andrés Díaz,concelleiro de cultura, quenes nos contaron anécdotas de Asunción.
Teresa Dosil falounos das excursións que fixemos á casa e ao museo de Asunción,así tamén Carlos Fernández recordounos as visitas que Asunción fixo ao noso colexio.
Esta foi unha xornada para recordar !Aquí podemos ver unhas fotos:




11 jun 2017

Homenaxe a Gloria Fuertes

Para homenaxear a Gloria Fuertes polo seu centenario, decidimos grabar un programa de radio no que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Despois, durante os plans lectores do luns e do martes, tivemos o pracer de escoitarnos. Se queredes saber o ben que o fixemos, a continuación tendes as grabacións:
































Finalmente, podedes escoitar o programa completo:

Verdistanco

Que sorpresa recibimos o xoves da semana pasada!
Na biblioteca, esperábanos Sonia, a nai de Xulio e Aldán, cuxa creatividade nos asombrou a todos. Para nós, creou e editou Verdistanco, un conto fabuloso no que todos eramos protagonistas. Viña acompañada de Isabel xa que Sonia dedicou a súa obra a Asunción Antelo.
Entre as dúas, e coa proxección das ilustracións feitas por Orelí Pello, ilustradora e amiga de Sonia, contaron as aventuras deste fermosos lugar chamado Verdistanco, ante a abraiada mirada de alumnado e profesorado.
Moitísimas gracias a Sonia, polo tempo e esforzo adicado a este proxecto. Foi toda unha sorpresa, quedou espectacular e conseguiu emocionarnos a todos!


Velaquí un cachiño da sesión. Se queredes coñecer todo o conto, haberá que vir á biblioteca xa que Sonia tivo a amabilidade de agasallarnos con exemplares do mesmo.