Bo día, lectores e lectoras!
Estamos rematando este curso (a@s profes aínda nos quedan uns diíñas máis...) con tanto esforzo e ánimo e... despois vén o merecido descanso!
Esperemos que disfrutedes moito do verán, que lembredes aproveitar tamén ese tempo libre para desfrutar coas lecturas que máis vos gusten e que aproveitedes tamén para seguir pintando ao aire libre... Por que non? E/ou experimentando con eses circuítos con algunha axudiña de mans expertas.
E como recordo dese voso bo facer, desas pinturas picassianas, das de Yayoi Kusama, das da contorna de Coristanco e dos circuítos eléctricos que montastes, aquí vos deixamos con estas mostras.
Lembrarvos tamén algunhas seccións da biblioteca onde poderedes expandir os vosos coñecementos sobre estas temáticas no vindeiro curso.
Parabéns, artistas!
E parabéns tamén a tod@s @s compañeir@s que con tanto esforzo e dedicación fixeron que este curso fose o máis normalizado posible, dentro da situación de pandemia...!
E unha mención especial a@s compañeir@s que nos deixan este curso, algún/ha tamén membr@ deste equipo de Biblioteca. Moita sorte e...
No hay comentarios:
Publicar un comentario