Bo día!
Presentámosvos o novo proxecto da biblioteca deste curso 2021-22! denominado:
UN PASEO POLA ARTE
Pero... que entendemos por Arte?
Pois a Arte é unha actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas.
A Arte (do latín ars, artis, e este do grego τέχνη téchnē) refírese xeralmente a calquera actividade ou produto realizado cunha finalidade estética e tamén comunicativa, mediante a cal exprésanse ideas, emocións e, en xeral, unha visión do mundo a través de diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros, corporais e mixtos.
A arte tamén é un compoñente da cultura, reflexando as bases económicas e sociais e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ao longo do espazo e o tempo.
E agora que xa sabemos a súa dimensión, comezamos hoxe cunha moi sonora, para gozar con todo o corpo e en especial cos oídos! Trátase do concerto en streaming do que desfrutou o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria parte desta mañá dentro do programa de Educación Responsable no que participa o noso centro.
Agradecemos á Fundación Botín pola iniciativa, ás músicas intérpretes (no piano, violín e violoncello) de pezas de Henze, Fauré e Mendelssohn e ao presentador como dinamizador do concerto.
Todo un acerto. Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario