fondo red white blue

columnas enlaces

25 oct 2020

Día das bibliotecas escolares e homenaxe a Gianni Rodari

O 24 de outubro festexamos o Día das bibliotecas escolares; este curso farémolo lendo libros nas aulas, xa que non podemos facer os apadriñamentos lectores dos outros cursos. Tendo en conta que o 23 é o centenario de Gianni Rodari, queremos homenaxealo con lecturas dos seus libros; durante a semana faremos audiccións de diferentes contos e poemas, grabadas previamente en todas as aulas de primaria; subiremos as audiccións ao blog para que poidades seguir disfrutando destas lecturas.

16 oct 2020

"Día das escritoras" e "Día mundial da muller do rural"

O concello de Coristanco promove a Homenaxe a Asunción Antelo, A Rexubeira de Bergantiños, como recoñecemento á súa labor como escritora e creadora autodidacta. Dende a biblioteca "Asunción Antelo" queremos unirnos a esta homenaxe, invitándovos á lectura dos seus libros, que podedes atopar na biblioteca.

11 oct 2020

Recordando a Quino

Este 30 de setembro faleceu Quino, o creador de Mafalda. Queremos recordalo cos debuxos que fixeron os rapaces fai seis cursos cando celebramos os 50 anos de Mafalda e o Premio Príncipe de Asturias concedido ao seu autor.Esperamos rendirlle unha homenaxe nas diferentes clases e publicar os seus traballos.

Xa estamos de volta!

Empezamos este estrano curso con ilusión e gañas de facer moitas cousas! Punto e Coma esperan que participedes neste blog cos vosos comentarios e traballos, como xa fixéchedes o curso pasado. Elaboramos un protocolo de acceso á biblioteca neste curso tan especial. Actualizamos a guía de usuarios adaptada as novas circunstancias, esta guía está na biblioteca para que poida ser consultada polos usuarios; este curso non faremos carnets físicos aos novos lectores, aínda que, por suposto, teñen o seu número no meiga, número que anotarán na súa axenda para poder facer empréstitos e devolucións. Elaboramos un horario para que cada curso poida ir á biblioteca nunha sesión de mañá ou tarde deixando tempo prudencial entre os diferentes niveis.