Boas tardes! Hoxe foron Dani e Gabriel de 6ºB os que narraron xenial un conto para os nenos e nenas de 2º de Primaria. Moitas grazas, rapaces!
Aquí deixamos unhas fotiños dese momento:
Boas tardes! Hoxe foron Dani e Gabriel de 6ºB os que narraron xenial un conto para os nenos e nenas de 2º de Primaria. Moitas grazas, rapaces!
Aquí deixamos unhas fotiños dese momento:
O pasado xoves 21 de Marzo, festexamos o día da Poesía. Reunímonos todo Infantil e Primaria para recitar e interpretar poemas de distintos autores/as e temáticas variadas. Non vos imaxinades o ben que o fixo todo o alumnado!
Deixamos unhas fotiños de cada curso dese día:
4º Infantil:
Andrea, nai de Arón, 1º de Primaria:
Entre os obradoiros, espectáculos e actividades culturais das que estamos a disfrutar esta semana no colexio, visitáronnos na biblioteca varias actividades, amosámosvos algúns deses momentos:
Presentación do libro “As Crebas das Memoria” de Olga Rodríguez acompañada pola nosa profe e compañeira Ana Palleiro, para os nenos e nenas 5º e 6º de Primaria:
Contacontos con Soraya Lema para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria:
O xoves pasado foron as compañeiras Lúa e Omaima de 6ºB as contacontos do alumnado de 6º de Infantil.
Aquí van unhas fotos dese momento.
Moitas gracias, rapazas!
Dende o CPI Alcalde Xosé Pichel reivindicamos a igualdade entre homes e mulleres e a non discriminación por cuestións de xénero.
Para visibilizalo, entre outras actividades, elaboramos un mural conxunto Infantil e Primaria no que homenaxeamos a mulleres que marcan as nosas vidas.
Agardamos que vos guste!
O pasado xoves, os nenos e nenas de 5º de Infantil disfrutamos con Gabriel e Mateo de 6ºB e o libro que nos narraron.
Moitísimas gracias, rapaces!!