fondo red white blue

columnas enlaces

29 abr 2021

Contacontos mércores 28 e xoves 29

Boa tarde rapaciños e rapaciñas! Seguimos nesta semana tan divertida e chea de historias na que o alumnado do noso centro non deixa de sorprendernos. 

Despois dun martes de descanso, o mércores e o xoves disfrutamos coas obras que nos tiñan preparados os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria e de 5º e 6º da mesma etapa.

Así, non vos fago esperar máis, e vos deixo, a continuación, o marabilloso traballo que fixeron e do que deben sentirme ben orgullosos. Estades preparados para velos? 

“O monstro de cores” de 1ºEP:


“Onde estará a miña gravata?” de 2ºEP:


“A cousa que máis doe do mundo” de 5ºA EP:


“O año que é un porquiño” de 5ºB EP:

“O traxe novo do rei” e “A princesa e o chícharo” de 6ºEP:



Ata aquí por hoxe! Que vos pareceron? A que tedes ganas de máis? O alumnado de Xosé Pichel non deixa de sorprendernos!

Unha aperta, amigos!

Vémonos pronto!

26 abr 2021

Contacontos Luns 26 de abril

 Boa tarde amigos e amigas! Despois da fin de semana vimos coas pilas cargadas para as funcións que estamos a desenvolver durante o plan lector do centro.

Hoxe en concreto o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil actuaron coas súas respectivas obras, “Yayoi Kusama” e “Coelliño branco”, para o alumnado de 6º de Educación Primaria. A continuación veredes o ben que o fixeron!



Despois destas actuacións, foi o turno do alumnado de 6º de Educación Primaria coas súas tres obras do escritor Hans Christian Andersen: “O soldadiño de chumbo”, “O patiño feo” e “A vendedora de mistos”. Alí tiveron de público aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Mirade que artistas!




Mañá será día de máis contacontos. Estes nenos e nenas o fan de marabilla!

Unha aperta moi grande!

Vémonos pronto!

Preparando as funcións!

 Bo día!

Aí estades preparando as vosas próximas funcións de teatro!  Achegamos a carteleira!:







Ánimo a todas as compañías!

23 abr 2021

Libros sobre Coristanco na biblioteca


 Ola, lectoras e lectores!
 
Hoxe queremos facer especial mención especial aos libros dispoñibles na biblioteca referidos a Coristanco.  
 
Neles podedes consultar tamén moita información para os vosas investigacións sobre a contorna!


Saudiños

;

22 abr 2021

23 de abril: Día Mundial do Libro

 Bo día a tod@s!

 


 O 23 de abril foi promulgado como Día Mundial do Libro pola UNESCO, en conmemoración de tres grandes escritores:

Miguel de Cervantes Saavedra,  William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.










Que o disfrutes lendo moito!

Unha aperta 
  ;


21 abr 2021

21 de abril: Día Mundial da Creatividade e a Innovación

O Día da Creatividade e a Innovación celébrase o 21 de abril e ten como principal obxectivo poñer de manifesto todo o potencial creativo das persoas a nivel mundial.

Sabemos que @s nen@s estades cargad@s de creatividade!  Manifestádela constantemente a través dos vosos debuxos, exposicións, representacións...

Esperamos que disfrutedes moito deste día, que afinedes os sentidos e sigades traballando mente e corpo e mantendo e/ou despertando a curiosidade por moitos temas que vos interesen!

E... dende a biblioteca, para animar a seguir potenciando o pensamento creativo, propoñémosvos tamén un sinxelo EXERCICIO DE CREATIVIDADE para PENSAR:

QUE TÍTULO DISTINTO LLE POÑERÍAS AO LIBRO QUE MÁIS CHE GUSTA?

Pénsao para o venres, Día do Libro, no que poderás, ademais, traer ao colexio ese libro que tanto aprecias ;)

 


20 abr 2021

Enlace aos vosos traballos sobre Coristanco

Bo día!  

Dende a biblioteca queremos unirnos á gran labor que estades realizando en recoñecemento da vosa paisaxe e contorna!  Adxuntamos o enlace do perfil de Instagram, onde están colgados os vosos traballos. 

Parabéns!


https://www.instagram.com/conecendo_coristanco/?r=nametag




16 abr 2021

Vídeo-titorial do uso da biblioteca

 Boas!

Achegámosvos un titorial sobre o uso e espazos da biblioteca.  Esperamos que vos resulte útil.  


https://drive.google.com/file/d/1VPxzgWyyIu0c2ejMmFnZYvmJfkfa1pu_/view?usp=sharing


Lembrade tamén que podedes levar en empréstito 3 libros ou 2 libros e 1 DVD durante 15 días.

Boa fin de semana!

                                        

14 abr 2021

Enlace a@s ecopatrulleir@s

Bo día!  

Como estamos tod@s interconectad@s, deixámosvos o enlace a@s ecopatrulleir@s do colexio.

Nel  podedes tamén ver os vídeos da contorna que fixemos @s profes.

Un saudiño ;

Vídeos contorna

13 abr 2021

Luns 12 de abril: Reabrimos a Biblioteca nos recreos!

Ola a tod@s!

Seguindo as medidas anticovid e facendo agrupamentos por clases, reabrimos con moita ilusión a biblioteca nos recreos.

Queredes saber como foi este primeiro día?  Pois velaí vai unha mostra!:





As novidades e últimas propostas:





E as vosas escollas!  Grazas a tod@s @s nen@s de 3ºA que vos achegastes e as compartistes con nós!  




E... agora a desfrutar da súa lectura!

;

9 abr 2021

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

 

¿Que é o autismo?

O autismo está considerado como unha discapacidade que afecta ao desenvolvemento neurolóxico e que se presenta nas primeiras etapas da infancia. Caracterízase por ser unha condición que afecta á interacción co mundo exterior, ao contacto coas persoas do contorno e á comunicación verbal.

Podedes coñecer máis sobre este tema indagando nos libros que dispoñemos na biblioteca.  Deixámosvos tamén este pequeno vídeo de axuda.  O vídeo está en francés, polo autor, pero tedes os subtítulos para que poidades seguilo ben.

Unha aperta ;




8 abr 2021

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Ola a tod@s! Xa estamos de volta!


O día 2 de abril, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra nesta data coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

O obxectivo desta celebración é promover a lectura infantil entre @s nen@s e moz@s, espertando o interese e o amor polos libros e a lectura.

E..aínda que estabamos de vacacións, non nos esquecemos agora de celebralo...!

Para elo, vari@s de vós estades a preparar algunhas representacións de contos de Andersen e outras aportacións que estamos desexando ver.


Deixámosvos co cartel deste ano e un vídeo moi ilustrativo cunha selección de contos de Andersen.

Moitas apertas!