fondo red white blue

columnas enlaces

28 ene 2022

VENRES DE ACHEGA: 30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ

 Bo día!

Este é o último venres deste mes e, como sabedes, o próximo 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz.

Queremos deixarvos hoxe unha pequena reflexión.

Día de la Paz y la No violencia – Radio Colores 107.7 FM

 "Comprensión e respecto, eso é o importante para convivir cos demais, e sobre todo, sabes que?  Non crer que un é mellor que ninguén".

 Que vos parece?

Coidádevos moito e que teñades moita paz!

Apertas ;)

21 ene 2022

VENRES DE ACHEGA: Día Internacional da Aperta

 Bo día!

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA APERTA! 💛 

Esperamos que moi pronto poidamos dar apertas a todxs sen limitacións...!  Pero mentres tanto, intentaremos aproveitar esa forza que teñen as apertas coas persoas achegadas coas que poidamos!

Seleccionamos hoxe un corto para vós que mostra o valor dunha aperta.  Esperamos que vos guste moito.  Porque unha aperta, cando vén de alguén que nos quere e ao que queremos, é unha marabilla, verdade?

;

 


 


 

14 ene 2022

VENRES DE ACHEGA: Corto e lecturas de paz

  1.  Benvidxs ao blog da biblioteca de novo!  Grazas por visitarnos, ilusionarnos coas vosas participacións e moitísima sorte para o novo ANO QUE COMEZA 2022!
        Esperamos seguir contando coas vosas visitas, tanto aquí como na biblioteca e que sigades gozando coa lectura dos libros!  
        Nesta semana seleccionamos e adquirimos novos libros para vós; agora están no proceso de etiquetado, rexistro, catalogación e colocación... Todo un arduo proceso para a coordinadora e o persoal que formamos parte da biblioteca, pero feito coa ilusión de ter os mellores libros, os que vos poden encantar, ou continuar con máis exemplares desas coleccións que máis soedes levar en empréstito! 
  2.  Comezamos!  E como se está achegando o Día da Paz (30 de xaneiro, como sabedes), aquí vos deixamos cunha selección de lecturas relacionadas coa temática que están xa dispoñibles nos expositores da biblioteca.  Ánimo e a seguir lendo moito!

Apertas

  E deixámosvos cun corto sobre o valor de compartir e a paz interior.

 

Bo visionado!

;