fondo red white blue

columnas enlaces

19 dic 2019

Recomendacións lectoras!

Ola queridos/as lectores/as!
Que rápido pasou o primeiro trimestre, verdade?
Hoxe Punto e Coma non imos publicar ningunha emoción, aínda que sexa venres. Que máis emoción hai que un festival de Nadal?
Hoxe esperámosvos ás 10:30 no comedor para que poidades ver e gozar co festival de Nadal que os alumnos e alumnas montaron para este fin de trimestre e celebrar o Nadal.
Pero querémonos despedir ata o ano que vén publicando unhas suxerencias lectoras para este Nadal, esperamos que vos gusten moito.
Desexarvos a todos e a todas unhas felices vacacións, un bo Nadal e un próspero ano novo. O ano que vén está cargado de novas actividades, novos concursos, novos vídeos, máis conmemoracións....en definitiva, ano novo lecturas novas!

Moitas grazas por seguir visitando o noso blogue!

Felices festas

Punto e Coma



13 dic 2019

Venres de emocións “O segredo de Flora” 6ºB

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin xa é venres, e como todos os venres, son de emocións. Hoxe esta sección está dedicada aos compañeiros e compañeiras de 6º  B pola súa representación do conta conto que tivo lugar o pasado martes na hora de ler: "O segredo de Flora". Encantounos, Punto e Coma estamos moi orgullosos destes mozos e mozas. Ao público de infantil, primeiro e segundo encantoulles e gozaron moito, e como queremos que todos e todas poidades velo aquí deixámosvos o vídeo editado. Espero que vos guste moito. Boa fin de semana. 
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. 
Vémonos pola  biblio.



9 dic 2019

Contacontos na biblioteca con 6º B "O segredo de Flora"

Ola queridos/as lectores/as.
Hoxe martes 10 de decembro os vosos compañeiros e compañeiras de 6ºB interpretarán un conta contos moi especial na hora de ler, "O segredo de Flora". 
Os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º de primaria poderán gozar desta obra pero o resto de cursos non vos amoledes.... gravarase e publicarémolo vídeo para que poidades velo cando queirades.
Esperámosvos na nosa biblioteca.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


6 dic 2019

Venres de emocións "A historia dos Bonobós con lentes" 6º A

Ola queridos/ as lectores/ as
Punto e Coma sabemos que hoxe é festivo, pero non nos podiamos saltar un venres de emocións co que nos gusta, e sabemos que a vós tamén, así que hoxe, o venres de emocións está dedicado aos alumnos/ as de 6º A, que o pasado mércores nos representaron un conto moi moi bonito que nos encantou. Falámosvos de "a historia dos  bonobós con lentes", unha historia moi bonita para conmemorar o pasado 25 de novembro, que como xa sabedes foi o día en contra da violencia de xénero. Por iso nós Punto e Coma queremos dedicarlle este día aos alumnos/ as. Parabéns rapaces e rapazas.

Pero non acaba aquí todo, a parte do vídeo da obra de teatro deixámosvos tamén a gravación realizada por eles mesmos da obra, para que os escoitedes mellor e poidádesllo ensinar aos vosos amigos/ as, familiares...

Lembrar que tedes o libro dispoñible na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. Comentade máis abaixo se queredes máis contacontos na hora de ler. Animádesvos?

Feliz ponte a todos e a todas.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma




                       


2 dic 2019

Contacontos “A historia dos bonobós con lentes”

Ola queridos/as lectores/as!
Anunciámosvos que mañá 3 de decembro durante o plan lector @s rapaces de 6º A interpretarán "A historia dos bonobós con lentes". Punto e coma están moi ledos de poder recibir este contacontos na biblioteca.
Esperámosvos maña. Un saúdo de Punto e Coma