fondo red white blue

columnas enlaces

30 ene 2023

COLOQUIO LITERARIO - HÉCTOR CAJARAVILLE

Boas a todos e a todas!

O xoves pasado o alumnado de 5° de EP, 6° de EP e da ESO tivo a sorte de ter un Coloquio Literario no noso centro co escritor Héctor Cajaraville, un exprofesor de galego de secundaria moi querido polo alumnado.

Nel falounos do próximo homenaxeado das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, sobre quen escribiu un libro e doou un par de exemplares para a nosa biblioteca. Que marabilla! Moitas grazas!


Apertas!


21 ene 2023

SEXTO CONTA MOITO

Boas a tod@s!

O xoves na sesión de "Sexto conta moito" contaron a 2° de primaria o conto "O segredo de Flora". Que marabilla de conto! Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así aos nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

Apertas!!

13 ene 2023

SEXTO CONTA MOITO

Bo día a tod@s!!

Estamos de volta e comezamos o ano cunha sesión de "SEXTO CONTA MOITO" moi divertida! Candela e Sara de 6°B contáronlle a infantil o conto de "Marmelada de amorodo". Que ben o pasamos!!

Apertas!!