fondo red white blue

columnas enlaces

3 dic 2017

Contos de igualdade

Durante esta semana celebramos o Día contra a violencia de xénero con varios contos.O luns os rapaces de 4º,5º e 6º de infantil subiron as clases de terceiro e cuartos a escoitar "O libro dos porcos","Las princesas también se tiran pedos" e "O país dos mandóns".Ahí van unhas fotos desta actividade:


O martes 28 os rapaces de quinto,segundo e primeiro foron á biblioteca a intercambiar lectura de contos,leron "La princesa rebelde","Una feliz catástrofe" e "Te quiero(casi siempre):







O mércores 29 leron terceiro e cuartos na biblioteca.O xoves os rapaces de sexto leron "Arturo y Clementina" aos segundos:




13 nov 2017

CELEBRAMOS O SAMAÍN


Durante o mes de novembro escoitamos e contamos contos de medo.Os rapaces de sexto van as aulas de infantil,primeiro,segundo,terceiro e cuarto a ler diferentes contos como Hansel e Gretel,Carapuchiña Vermella,Onde viven os monstros e outros.


Tamén as clases de quinto intercambian historias de medo:




Visitamos a biblioteca de secundaria para escoitar relatos de medo:



Tamén viñeron os de 1º de E.S.O. a escoitar "O papón" narrado polos rapaces de sexto.Tan ben o fixeron que decidiron representalo ante os rapaces de primaria e infantil:



29 oct 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Durante este mes de outubro facemos varias actividades para achegar a biblioteca a todos os rapaces.Realizamos visitas guiadas a todos os cursos,e xogos de pistas a partir de terceiro. Ademáis este curso introducimos unha novidade: a biblio-móbil.Sacamos ao patio unha representación de libros relacionados co Samaín,e os rapaces maiores len aos pequenos.Disfrutamos todos dun día de sol e contos!
Repartimos as mochilas viaxeiras,unha por cada clase de terceiro a sexto.








17 sept 2017

Xa estamos de volta!

Empezamos novo curso e xa de festa! Celebramos a XXXVII festa da pataca e os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto participan no concurso de manualidades coas patacas.
Nestas fotos podemos ver os seus traballos:







25 jun 2017

E rematamos o curso!

O venres 23 os rapaces de quinto e sexto quixeron deleitarnos cuns bailes e cancións de fin de curso.Ahí unhas fotos:

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "ASÍ TE VEXO" ,DIPLOMAS E ORLA DE 6º

O xoves 22 de xuño fixemos entrega de agasallos aos gañadores do concurso,así como diplomas aos grandes lectores e aos colaboradores da biblioteca durante este curso.Entregáronse tamén os diplomas aos participantes do proxecto de construcción de eólicos.Rematamos coa entrega da orla aos rapaces de sexto.

HOMENAXE A ASUNCIÓN ANTELO

O mércores 21 de xuño recordamos a Asunción cunha lectura dos seus poemas feita polos rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria.Para rematar Jonathan,de 6º A,regueifou o epílogo do libro de Asunción.
Acompañáronnos Isabel Rey,quen donou a biblioteca dous libros de Asunción: Penurias dun amor e Páxinas da rexubeira de Bergantiños;Cristina Abelleira,Miguelo,Antonio de Xornes,regueifeiro,José María Varela,o alcalde Amancio Lavandeira e Andrés Díaz,concelleiro de cultura, quenes nos contaron anécdotas de Asunción.
Teresa Dosil falounos das excursións que fixemos á casa e ao museo de Asunción,así tamén Carlos Fernández recordounos as visitas que Asunción fixo ao noso colexio.
Esta foi unha xornada para recordar !Aquí podemos ver unhas fotos:




11 jun 2017

Homenaxe a Gloria Fuertes

Para homenaxear a Gloria Fuertes polo seu centenario, decidimos grabar un programa de radio no que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Despois, durante os plans lectores do luns e do martes, tivemos o pracer de escoitarnos. Se queredes saber o ben que o fixemos, a continuación tendes as grabacións:
































Finalmente, podedes escoitar o programa completo:

Verdistanco

Que sorpresa recibimos o xoves da semana pasada!
Na biblioteca, esperábanos Sonia, a nai de Xulio e Aldán, cuxa creatividade nos asombrou a todos. Para nós, creou e editou Verdistanco, un conto fabuloso no que todos eramos protagonistas. Viña acompañada de Isabel xa que Sonia dedicou a súa obra a Asunción Antelo.
Entre as dúas, e coa proxección das ilustracións feitas por Orelí Pello, ilustradora e amiga de Sonia, contaron as aventuras deste fermosos lugar chamado Verdistanco, ante a abraiada mirada de alumnado e profesorado.
Moitísimas gracias a Sonia, polo tempo e esforzo adicado a este proxecto. Foi toda unha sorpresa, quedou espectacular e conseguiu emocionarnos a todos!


Velaquí un cachiño da sesión. Se queredes coñecer todo o conto, haberá que vir á biblioteca xa que Sonia tivo a amabilidade de agasallarnos con exemplares do mesmo.


28 may 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA CON CANOSA


O xoves 25 de maio visitáronnos os rapaces de sexto co colexio de Canosa,realizaron xogos deportivos cos grupos de sexto do noso cole e actividades na biblioteca. Os rapaces de 6º A dramatizaron a poesía de Gloria Fuertes "El ciempiés futbolista" e os rapaces de 6º B leron dous libros de Carlos Casares "Este é Toribio" e "Toribio,o contador de contos".Ahí van os videos destas actividades:






21 may 2017

RECOMENDANDO A ROALD DHAL

Os rapaces de quinto nos falan do libro "Charlie e a fábrica de chocolate" recomendándoo.O ben que o fan podemos observalo nestes videos:













14 may 2017

O BARDO ABELARDO

O mércores 3 de maio recibimos a Servando ,o bardo Abelardo,quen animou aos rapaces de primaria con contos de Carlos Casares (A galiña azul,Lolo anda en bicicleta) e ademáis faloulles da vida deste autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.Acompañou os seus contos con música .Os rapaces quedaron entusiasmados.Vemos unhas fotos desta actividade:


Tamén grabamos uns pequenos videos:



11 may 2017

SEMANA DO LIBRO

E rematamos a semana do libro o venres 28 de abril cos rapaces de quinto apadriñando aos de infantil de sexto.Vemos no video o ben que o pasaron:

30 abr 2017

SEMANA DO LIBRO

O mércores 26 tocoulles aos rapaces de 3º ser os padriños lectores.Leron aos de primeiro,como podemos ver neste video.




O xoves foron os rapaces de 4º os que leron aos de segundo.

27 abr 2017

CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Queremos felicitar a Ana Durán Fraiz de 6º A polo seu precioso debuxo,que é finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai".O xurado do VIII certame tivo que realizar un gran esforzo de selección,xa que son 80 deseños finalistas entre os 10.000 recibidos.
Entre estes 80 finalistas estarán os 12 gañadores das xoias.
A entrega de Premios terá lugar o venres 28 de abril, ás 17h30, no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela. Ese día daranse a coñecer os 12 gañadores ós que se lles fará entrega da xoia que deseñaron.
Pódense mirar os debuxos finalistas na páxina do Colexio Oficial de Xoiaría.
a href="http://www.coxga.es/">
Parabéns e moita sorte,Ana.

25 abr 2017

SEMANA DO LIBRO


O luns 24 os rapaces de sexto leron libros aos de infantil de 4º e 5º.Podemos ver o contentos e concentrados que estaban todos neste video:



10 abr 2017

ENTREGA DE AGASALLOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA

O venres 7 de abril os gañadores do concurso de poesía "Se eu fose unha estrela..." recitaron as súas poesías.Que ben o fixeron!

















CONCURSO DE POESÍA "SE EU FOSE UNHA ESTRELA..."

CONTACONTOS "HOMENAXE A HANS CHRISTIAN ANDERSEN"


Os rapaces de sexto A recordaron a este autor coa representación e lectura de tres dos seus contos: "O reiseñor", "A princesa e o chícharo" e "O traxe novo do rei".Os nenos e nenas de infantil,primeiro e segundo escoitaron e disfrutaron destes contos.









CONCURSO "ANDERSEN HOXE"

Co motivo do "Día do libro" os rapaces de quinto e sexto participaron neste concurso,tiñan que debuxar unha persoaxe dun conto de Andersen visto dende a perspectiva actual.Nestas fotos podemos ver os seus traballos:

2 abr 2017

Aprendemos a observar a natureza con Antón

O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo, un alumno do noso centro.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia. 
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito. Sabíades que temos en Coristanco plantas carnívoras? Sabíades que hai plantas que secuestran aos insectos? E que temos en Coristanco unha planta que solo se pode atopar aquí e en ningún outro lugar do mundo?
Que interesante e canto aprendemos, moitas grazas Antón!



11 mar 2017

Recibimos a visita do Primo Ramón

Ao longo deste trimestre, o alumnado de terciero e cuarto estivo lendo a obra titulada As cousas que importan, da editorial Bululú.


Onte, por fin, recibiron a visita do seu autor, El primo Ramón, que lles explicou como é proceso previo á publicación dun libro. Foi moi instructivo e interesante. Ademáis, o autor e ilustrador tamén firmou os libros dos nenos que non pestañexaban mentres lles dedicaba un fermoso debuxo a cada un!





28 feb 2017

FESTIVAL DE ROSALÍA

O xoves 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía con recitados,cancións e rapeados dos seus poemas.





















Tamén fixemos caretas de Rosalía:

TALLER DE ESCAIOLA

O 16 e 17 de febreiro recibimos no colexio a Jorge Alfeirán,mestre retirado,quen veu a facer un taller de caretas de escaiola e uns instrumentos musicais chamados cazús cos rapaces de sexto 6ºA.A experiencia foi maravillosa,os rapaces disfrutaron moitísimo da actividade,como ben podemos observar neste video:


Repetimos taller,esta vez con 6º B,o martes 21 e o mércores 22:









E aquí podemos ver algunhas imáxenes do resultado,unhas caretas personalizadas e únicas:




Moitas grazas,Jorge, polo teu bo facer,entusiasmo e ilusión que proxectas nos rapaces.

20 feb 2017

DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de infantil e primaria recitan,cantan e rapean a Rosalía na biblioteca o día 23 de febreiro.
4º E.I.: MAIO LONGO
5º E.I.: PARECE UNHA ROSA
6º E.I.: NO BICO UN CANTAR
1º E.P. :COMO CHOVE MIUDIÑO
2º E.P.: HEI DE CANTAR
3º :XAN
4º :ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES
5º :CAMPANAS DE BASTAVALES
6º A :VENTE RAPAZA
6º B: PARA A HABANA


1 feb 2017

SEGUIMOS COS CONTACONTOS DA PAZ

Hoxe mércores 1 de febreiro os rapaces de terceiro leron dous fermosos contos aos nenos e nenas de cuarto:







30 ene 2017

CONTACONTOS SEMANA DA PAZ

O luns 23 de xaneiro as clases de quinto e sexto A leron contos aos rapaces de educación infantil.Ahí van os videos desta actividade.







O martes leron cuarto A e cuarto B:








O mércores primeiro e segundo leron aos rapaces de terceiro:











O xoves sexto B le aos rapaces de primeiro e segundo:








21 ene 2017

SEMANA DA PAZ

Xa estamos inmersos na celebración do día da Paz.Entre as actividades que imos a realizar están os contacontos da Semana da Paz.


6 ene 2017

IN MEMORIAM DE ASUNCIÓN ANTELO, A REXUBEIRA DE BERGANTIÑOS


DENDE A BIBLIOTECA DE CORISTANCO QUEREMOS RECORDAR CON CARIÑO A ASUNCIÓN, QUEN NOS DEIXOU O 30 DE DECEMBRO DO 2016.
Naceu o 8 de agosto do 1919 en Segufe, na parroquia de Seavia, aldea da que nunca saiu. Como moitas mulleres do rural do seu tempo, foi mui pouco á escola onde aprendiu a escribir e as catro regras
Aparte de escribir poesía, traballou a madeira, a pedra e a cerámica.
En 1998 decidiu abrir o seu museo, ante todo porque 'fillos non tiven, e acordoume facer algo para que se saiba que pasei por este mundo'. Non cabe dúbida que o conseguiu, xa que a súa casa recibe as visitas de moitos curiosos que a felicitan polo seu traballo, cousa que non entende porque, segundo di, 'estas cousas fainas calquera, non ten dificultade ningunha'. Alí podemos atopar tallas de madeira, figuras feitas con raíces de árbores, bancos, reloxos, retratos escultóricos, maquetas de pedra de muíños de auga... unha ecléctica mostra dun quefacer ao que -di- non a ensinou ninguén. Mesmo chegou a vender algunhas das súas obras, mais agora di que 'non quere ser egoísta dos cartos e non quere quedar sen as cousas', polo que decidiu non vender máis.
(http://www.blogoteca.com/bosexenerosos/index.php?l=1&pag=11)
Os seus poemas saíron a luz grazas a asociación cultural Monte Branco de O Couto (Ponteceso), que en 1995 publicou “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” e catro anos máis tarde “As penurias dun amor”.
No ano 2006 foi nombrada Bergantiñana do Ano nos premios do Padroado Fogar de Bergantiños.
Non podemos rematar sen falar dunha desas persoas comprometidas co noso patrimonio, e que dá a súa vida por amosalo. Falamos de Isabel Rey Porteiro, veciña de Segufe, que foi coidadora de Asunción, pero tamén contactou con centros de ensino de toda Galicia, coa prensa e que mesmo fixo de guía durante as visitas, contándolle a historia desta brava muller. Sen Isabel, probablemente, o legado de Asunción estaría esmorecendo.
Gracias Asunción. Gracias Isabel. Seguide permitindo que escolares de toda Galicia coñezan o poder desta muller autodidacta.
(http://quepasanacosta.gal/asuncion-antelo-conecendo-a-voz-feminina-creativa-mais-salientable-das-terras-de-pondal/)

Aquí vai unha pequena mostra dalgunhas das visitas e encontros con Asunción: