fondo red white blue

columnas enlaces

26 feb 2019

Atención! 3º súmase a recitar poemas de Rosalía

Ola amigos e amigas lectores/as!
Querémosvos presentar non un, senón dous poemas recitados polas clases de 3º de primaria. Empezamos con 3º  B que nos interpreta " Eu cantar  cantei", un poema con moito ritmo tamén  incluído no disco libro citado en entradas anteriores, " Uxía Rosalía  Pequeniña".
Pero isto non acaba aquí, os alumnos/ as de 3º A  tambien sumáronse a celebrar o día de Rosalía e escolleron o poema "Como  chove  miudiño" pero sabedes o mellor?....a banda sonora  tamén fixérona eles/ as, concretamente Noa, a nosa  super pianista. É un gran pracer escoitar a esta gran artista e o ben que toca o piano.
Moitas felicidades, sodes os mellores.

Vémonos pola biblio!



Seguimos cos poemas, tócalle a 2º EP

Seguimos cos poemas e tócalle o turno aos nenos e nenas de 2º de Primaria. Escolleron a canción "No bico un cantar", canción que podédela atopar no disco Uxía Rosalía Pequeniña dispoñible na nosa biblioteca. Esperemos que vos guste! Fixérono xenial!
Vémonos pola biblio!


Xa temos o primeiro poema

Ola queridos lectores!
Como ben vos prometemos imos deleitar cos poemas que os alumnos e alumnas de primaria prepararon en conmemoración ao pasado día 24 de febreiro "Día de Rosalía". Durante esta semana seguiremos subindo máis audios.
De momento deixámosvos o rap que interpretaron os  alumn@ s de 1º de Primaria. Quedou de marabilla, son uns artistas.
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes! 
Vémonos pola  biblio!

25 feb 2019

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

Bo día amig@s lectores/as! Hoxe estamos de celebración! Onte, foi o día de Rosalía de Castro, e os nenos e nenas do CPI andan a preparar uns poemas para que poidades escoitalos en breves. 
Máis abaixo déixovos un video da vida de Rosalía de Castro xunto cuns poemas!
Vémonos pola biblio!

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo,  como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros,  actividades plásticas e creativas, proxectos multimedia … son algunhas das actividades que nestes días salientan a modernidade do seu pensamento.




15 feb 2019

Sabías que...?

O pasado luns 11 de febrero foi o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia? A iniciativa 11 de Febrero  promove a realización de actividades que, visibilizando a labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero na Ciencia.
Déixovos este vídeo para que reflexionedes sobre o tema e invítovos a que vos mergulledes na sección de biografías na nosa Biblioteca para descubrir algúns destes libros marabillosos que nos amosan fantásticas CIENTÍFICAS!!!



6 feb 2019

SEMANA DA PAZ

Estes son os contos leídos e representados durante a semana da paz. Enhoraboa a todos os rapaces!

CONTO DA PAZ DOS NEN@S DE 4º EI



DE CORES E DE AMORES
Ola queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos algo inédito, un conto gravado polos nenos/as de 4º de Educación Infantil!
Gustoulles tanto este conto que decidiron contalo na biblioteca na semana da Paz. Pero ocorréuselles facer unha gravación do conto. Aquí tendes o resultado final. Traballaron moito para facelo, así que esperamos que o disfrutedes moito.



Deixámosvos a ilustración do conto que o podedes atopar na nosa biblioteca para que o leades as veces que queirades. 

Animádesvos?

Un saúdo e vémonos na biblio!

DÍA DA PAZ, SEMPRE CON MÚSICA


Ola queridos/as lectores/as! Hoxe recomendámosvos desde a biblioteca este super CD do grupo Mamá Cabra. Todos/as coñecédelo. É a canción da PAZ deste ano! A danza da Paz! O pasado mércores os alumnos e alumnas de infantil e primaria xuntáronse para interpretarnos este baile e canción tan bonita! Bailaron e gozaron moitísimo! Hoxe desde a biblioteca queremos ofrecervos a posibilidade de poder ler este conto "A Bruxa Discordia", E para máis sorpresa dentro deste conto atópase un CD coa canción da Paz deste ano. Ademais leste libro CD gusta tanto tanto tanto que os alumnos/as de 3º A escollérono para contalo ao resto dos seus compañeiros na semana da Paz.
Que canción das do CD gustouvos máis? Podedes contárnolo máis abaixo en publicacións! Un saúdo e vémonos pola biblioteca.




SEMENTANDO PAZ

Encántanos ver aos alumnos/ as de infantil e de primaria como se contan contos uns aos outros. Isto foi o que pasou a semana pasada na biblioteca....sesión de conta contos! Pasámolo moi ben e gozamos moitísimo escoitando aos compañeiros/ as. Todos e todas o fixeron xenial! Gustaríavos volver ler os contos que interpretaron? Pois non vos preocupedes que na biblioteca, no apartado de novidades e recomendacións deixámosvos os contos que cada clase interpretou! Cal foi o que máis vos gustou? Podedes comentar máis abaixo! Un saúdo a tod@s lector@s! Vémonos na biblio!