13 ene 2021
Recuperando a obra de Asunción Antelo
8 ene 2021
Os nosos experimentos
Bo día e feliz ano amigos e amigas!!
Que tal a entrada no 2021? Espero que moi ben, dentro da situación que nos acompaña, e con moitas ganas de traballar e seguir aprendendo!
A primeira publicación do ano ímoslla adicar ao mundo científico e...aos nosos experimentos!! Acordádesvos? Cada aula foi facendo un experimento novo e, xa que non podíamos compartir uns cos outros no cole, decidimos gravalos e así poder velos todos.
Sin máis rodeos, a continuación, déixovos os experimentos molóns do curso 2020-2021.
Slime de 4ºEducación Infantil:
Flores que florecen de 5ºEducación Infantil
Monstruo espumoso 6ºEducación Infantil
Cristalizar sal 1ºEducación Primaria
Arco da vélela 2ºEducación Primaria
Globos que inflan sós 3ºB Educación Primaria
Experimento Newton 4ºA Educación Primaria
Arte con leite 4ºB Educación Primaria
Pescando xeo 5ºA Educación Primaria
Auga caminante 5ºB Educación Primaria
A vela que se apaga 6ºEducación Primaria
Que vos parecen? Atrevédesvos a facelos na casa? Xa nos contaredes !!
Unha aperta moi grande de ano novo!!
Vémonos pronto!!
24 dic 2020
Bo Nadal!!
Bo día amigos e amigas!!
A entrada de hoxe é moi especial. Deixámosvos o vídeo da panxoliña que fixemos, alumnado e profesorado, con moito agarimo para felicitar as festas.
Este ano foi moi singular e atípico. E, como xa esperábamos, non puidemos celebrar o noso gran festival de Nadal! Pero como o importante son as ganas e a actitude, adaptámonos á nova situación e creamos esta panxoliña tan divertida. Asegurámosvos que o pasamos moi ben bailando e cantando.
Só nos queda desexarvos unhas moi felices festas e un próspero ano novo cheo de alegrías.
E moi importante...estes días sempre con sentidiño!
Vémonos á volta, familia!!
20 dic 2020
Día da Non Violencia polo alumnado de 4ºEducación Primaria
Bo día familia!
Xa estamos a piques de rematar o primeiro trimestre e...que rápido pasaron estes meses! Parece que foi onte cando nos reuníamos de novo despois de moitísimo tempo sen vernos.
Volvemos por aquí para mostrarvos un vídeo moi especial que fixo o alumnado e profesorado de 4º de Educación Primaria con respecto ao 25 de Novembro. O bo traballo faise esperar e aquí vos deixamos a súa aportación polo Día da Non Violencia:
Esperamos que o disfrutedes.
Vémonos pronto!
16 dic 2020
27 nov 2020
Gañadores do concurso “Contos de medo”
Bo día amigos e amigas!
Xa estamos a piques de rematar a semana e tiñamos algo pendente....verdade?
Acertáchedes! Todavía non coñecíamos os contos gañadores do concurso “Contos de medo” deste curso. Todos levaban un elemento común: o título ‘Aí que medo pasei no camiño’. Todos os participantes conseguíchedes creacións moi boas e por iso merecedes unha enorme felicitación.
Agora ben, foron 3 os contos gañadores en Educación Primaria, e 2 en Educación Infantil. Como ben sabedes este año as celebracións son un pouco especiáis, pero non hai excusa para elas. Por iso, este curso, coñeceremos os contos gañadores de xeito virtual. Non me enredo máis e vos deixo, a continuación, os vídeos dos contos gañadores.
Disfrutade moito!!
Esperemos que vos gustasen moito! Son increíblemente terroríficas!
Vémonos pronto! Boa fin de semana!