fondo red white blue

columnas enlaces

30 abr 2020

CONTAMOS UN CONTO

Bos días queridos alumnos/as:

Séguennos chegando contos da misión proposta polo departamento de orientación. 
Que ilusión nos fai volver a vervos!

Deixámosvos máis contos para que vós tamén poidades sentir un pouquiño máis preto aos vosos amigos e amigas. 

Bravo rapaces/zas! Encántanos que participedes tanto! 

Xa queda menos para vernos! 

Saúdos de Punto e Coma. 

"El pez arcoiris" Alba Varela 2ºEP



"Todo sobre mí" Aroa 6ºB



"Cuando mamá Mirabelle vuelva a casa" Ainoha 2º EP



Sara 3ºA




"Os bolechas coidan a curmá Saladina" Carla 3ºA




"Un conto cheo de lobos" Lois 2º EP



"Aventuras en Alaska" Noa 5ºEP



"O palacio encantado" Leo 2º EP



"Drácula" Gael 3ºB


29 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Kiwi, o paxaro da Terra

Ola queridos/as lectores/as!
Para hoxe traio unha historia ben fermosa!!

  Kiwi, o paxaro da terra


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


28 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Mar Benegas.

Hoxe aproveitamos as marabillosas bibliotecarias da Coruña, que desde as Bibliotecas municipais da Coruña nos propoñen #AsBibliotecariasContanDe luns a venres, ás 18.00 horas nas redes sociais (FacebookTwitterInstagram)…  
As bibliotecarias contan! 
A de hoxe, unha obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas 
Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



27 abr 2020

CONTAMOS UN CONTO!

Bos días rapaces/zas:

Seguen chegándonos moitos contos fermosos contados polo alumnado, grazas a misión do departamento de orientación. 

Estamos moi contentos e emocionados volvendo vervos outra vez! Encántannos todos os vosos contos!! 

Esperamos que gocedes deles tanto coma nós! 

Saúdos de Punto e Coma. Xa queda menos para volver a vernos! 





"Un becho estraño" Iria 2º EP



"Policán. Situación desesperada" Daniel Canedo 3ºA



"Rimas", Hugo 4ºA



"Hansel y Gretel" Fernando 2º EP



"O gato con botas" Brais Pardiñas 6ºB



"Así se hicieron amigos" Lúa 2º EP




"A que sabe a lúa?" Ezequiel 3ºA



"Frida Nidodepaxaro" Sabela 4ºB



PANDEMIA DE CONTOS. Raposa lista!

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
Unha semana que comeza e que maneira de comezar!!! Nin máis nin menos que Raquel Queizás!!
Que gran contadora de historias!! Aquí a tendes coa Raposa lista...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


25 abr 2020

Día do libro-23 de abril


Punto e Coma están contentísimos, mirade os vídeos que recibiron dos rapaces de segundo. Espectaculares!!! Moi bo traballo.




Resistiré en Carballo.

Ola, nenos e nenas, mirade este precioso vídeo, supoñemos que recoñeceredes a algún dos artistas. A Punto e Coma encántalle!!


24 abr 2020

Un conto moi especial!

Ola queridos/as lectores/as!
Seguimos festexando a semana do libro e hoxe temos un conto moi moi especial feito con moito agarimo e ilusión para todos e todas vós. A Punto e a Coma encantounos! Témonos que poñer en contacto con cóntaas contos e contratalas porque cando a biblioteca volva abrir e volvámonos a ver, queremos un conta contos como o do vídeo en vivo e en directo. Vós/ as que opinades? Punto e Coma estamos a desexalo!
Un saúdo amigos/as. 
Xa queda un día menos para volver a vernos!


VENRES DE EMOCIÓNS! O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!
Hoxe preséntovos "O mellor corto do mundo para fomentar a lectura!"
Esperamos que vos guste moito!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma! Feliz venres!



23 abr 2020

Contamos un conto

Bo día queridos/as lectores/as:

Hoxe estamos moi contentos. Grazas a misión proposta polo departamento de orientación puidemos volver a sentir as voces do noso alumnado.

Queremos compartir con vós a nosa alegría. Aquí tedes os contos que seleccionamos para hoxe. 

Grazas rapaces/zas! Encantáronnos as vosas lecturas e máis nunha semana tan especial como esta, hoxe celebramos o día do libro! 

Estamos desexando vervos! Animádevos a envíar máis contos! 

Saúdos de Punto e Coma.


"Un ratón listo" Manuel,  2º EP.




"Oso cazamariposas", Elena 3ºB




"El monstruo de colores", Rodrigo 2ºEP




"Buenas noches, tambor", Adrián 4ºA




"El poni deportista", Elva 2º EP



"Días de perros. Diario de Greg 4", David 6ºB


RETOS DÍA DO LIBRO E XOGO PASAPALABRA!!!

Bo día queridos/as  lectores/as!
Como hoxe celebramos o día do libro, imos facer unha serie de retos que o podedes facer en familia, xa veredes que divertido é e que ben o ides a pasar. Se a vosa familia hoxe non pode xogar convosco non pasa nada, podédelo deixar para a fin de semana. Déixámosvos a ligazón en pdf para que o vexades mellor. 


Pero non rematamos aquí! Atrevédevos con este pasapalabra sobre libros? demostra que eres un experto lector 

ANÍMATE A XOGAR!!!








Cebramos o Día do libro!

Ola rapaces, hoxe é un día especial, normalmente estaríamos polo patio facendo a actividade de lectura, os nenos e nenas maiores estarían lendo contos aos máis pequenos. Como non podemos realizar esta actividade, Punto e Coma vos propoñen un reto: cada neno sacará unha foto cun libro que lle guste moito, pode incluso escribir a súa opinión sobre ese libro; se non o tedes na casa tamén podedes facer un debuxo e mandar a foto ao gmail da biblioteca: biblioxosepichel@gmail.com.
Esperamos as vosas respostas con moita ilusión!
Aquí vos mando a primeira foto de Álvaro de quinto, o máis madrugador.

PANDEMIA DE CONTOS. Ángeles Goás.

Ola queridos/as lectores/as!

Hoxe un conto para os máis pequechos da casa!!

Xenialmente contado por Ángeles Goás...imos aló!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. Ánimo que xa queda un día menos.




22 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A ra de boca grande!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é Andrea Bayer a encargada de contarnos outro marabilloso conto!!
Moi atent@s á Ra da boca grande...
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



21 abr 2020

Día do libro e do Dereito de Autor


Ola, nenos e nenas, achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país.




Unha sorpresa de 6º de Educación Infantil

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe temos un vídeo moi especial que nos mandou  a mestra Lorena para tod@s vós. Son os nen@s de 6º de Educación Infantil dándonos moito ánimo, enerxía e apoio para esta situación que estamos a vivir actualmente. A Punto e a Coma encantounos volver  vervos 😊.
Moito ánimo, un día máis, pero un día menos para volver a vernos. 👍
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.


20 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS. A lobiña Bea.

Bo día queridos/as lectores/as!
Que contentos estamos hoxe!!!
O contador de historias de hoxe é Brais Moure!!! 

Pois aquí o temos coa historia de A lobiña Bea.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!



17 abr 2020

VENRES DE EMOCIÓNS. MÚSICA!!!!! COVID QUE TE VIN! CON CHOLO E NELA

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres, pero un venres moi especial e cheo de música! En máis dunha ocasión o  profe Miguel contouvos quen eran  Cholo e  Nela, pero Punto e Coma lembrámosvolo:


Cholo é un Globo que cada ano adoita vir ao noso País baixando polo Arco da Vella. Vive no País da Fantasía, no que sempre se anda a xogar.
Nela é unha Pinga de Auga do Río Sil que un bo día tinguiu o pelo por accidente ao pasar polo Arco da Vella. Aquel bo día coñeceu a Cholo e dende aquela son unha parella de amigos inseparábel.

CHOLO E NELA presentan "COVID QUE TE VIN"

Coñecedes a alguén no vídeo?😊
Agardamos que vos guste

                                


« Covid que che  vin» é o nome do que será o  hit do verán, ou polo menos da pandemia. É o último single de  Cholo e  Nela, unha iniciativa que trata de animar a todos os pequenos a estar na casa así como a seguir lavándose as mans.

O equipo que organiza esta festa, que este ano tivo que cancelarse, decidiu non quedar quieto e compoñer esta canción na que tamén participan os máis pequenos. Nela anímannos a seguir en casa, traballando e xogando mentres estamos sans e  desinfectados.
. Nesta actividade, que leva máis de 20 anos facendo gozar aos máis pequenos, adóitanse xuntar máis de 1.000 persoas realizando xogos e actividades. Neste ano, a organización ao declarase o estado de alarma, decidiu cancelar a celebración. Este  é ou comunicado oficial:

Dende ou Arco dá  Vella, e  despois de  percorrer galaxias,  Cholo e  Nela  mandáronnos este  mensaxe por  whatsapp e por correo electrónico:

Queridos amigos e amigas que  organizades a  nosa  festa, e  tamén a todas  as mamás, papás, familias e  profes que  participades  nese día de  ledicia, e  as  institucións que colaboran e se  divirten  connosco, e sobre todo a  tódolos  nenos e meniñas que  ían participar coma  sempre, con  ledicia, ilusión e con  moitas ganas de  xogar  connosco.

Aínda así, decidiron estar presentes a través das redes sociais con esta divertida canción que fará saltar e bailar a máis dun.



Punto e Coma deséxanvos unha boa fin de semana!!
Un saúdo amigos e amigas!

16 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! O galo que non sabía cantar!

Bo día queridos/as lectores/as!

A historia de hoxe váinola contar o rato Fuco!!! Que emocionados estamos!!

E o conto comeza en 3,2,1...xa!!!



O GALO QUE NON SABÍA CANTAR


15 abr 2020

PANDEMIA DE CONTOS! Olga Abad.

Bo día queridos/as lectores/as!
E xa estamos a mércores!! Un día menos para vernos!!!
Hoxe, a encargada de contarnos o conto para toda a familia é Olga Abad.
Moi atentos que comeza!!
un saúdo de Punto e Coma.



14 abr 2020

CONCURSO MICRORRELATOS!!


Bo día queridos/as lectores/as!

O  Concello de Carballo, a través da  Concellaría de Normalización Lingüística, decidiu convocar o primeiro Concurso de  Microrrelatos #carballomola, que levará a cabo a través de  Instagram. En este novo certame pode participar calquera usuario de Instagram, sen límite de idade. Os textos, en galego, deberán versar sobre o confinamento e ter unha extensión máxima de 77 palabras sen contar o título. 
Segundo figura nas bases do concurso, o texto acompañarase dunha fotografía, ilustración ou vídeo que garde relación coa narración.
Para participar, os usuarios subirán as súas creacións ao seu perfil  etiquetando á conta 
@carballomola e incluíndo no texto os  hashtags 

#carballomicrorrelatos 
#normalizacionlingüísticacarballo
#carballomola.

O prazo para participar estará aberto do 9 ao 22 de abril e o gañador será o relato que obteña máis «me gusta» ás doce da noite do propio día 22.
O nome do vencedor farase público a xornada seguinte, que coincidirá, ademais, co Día do Libro, a través da páxina web e as redes sociais do  Concello de Carballo. 

Como premio, o primeiro clasificado levará un lote de produtos co logotipo « Eu  quero Carballo», ademais dun vale de 150 euros para gastar nas librerías da localidade.

Animádesvos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

ESTAMOS DE VOLTA!! PANDEMIA DE CONTOS! A casa de Xoán!

Ola queridos e queridas lectores e lectoras!
Aquí estamos cunha historia para toda a familia, contada por Marta Ortiz, disfrutádea!
A casa de Xoán!!
Un saúdo de punto e Coma.



13 abr 2020

Comezamos a semana con música! SanSARS Covidño-19 (SanSadurniño Remix)

Ola queridos/as lectores/as!
Comezamos a semana con música a cargo do grupo de música tradicional TIRULEQUE!
Pois con moito ritmo, responsabilidade e bo humor (que falta nos fai!) achégannos esta canción que seguro vos fará bailar aínda que sexa ao ritmo do coronavirus!!
Veña a mover eses corpos!!!
Recordade: xabrón, xabrón e xabrón!
Un saúdo de Punto e Coma!


Edición de vídeo: Álex Fente. Adaptación do tema "SanSa" do grupo. Peza orixinal da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense). Letra: Tiruleque. +info: www.tiruleque.com

8 abr 2020

MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO



Ola, rapaces e rapazas,xa que agora estamos de vacacións aquí podedes leer algún número do xornal "O papagaio". Premede en MOITO CONTO: OLLA O PAPAGAIO.


MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO: Aquí podes ler algúns números do xornal en formato dixital.

3 abr 2020

Libros dixitais GALICIA LE

Ola queridos/as lectores/as!
Tedes ganas de ler libros novos?
Pero non podemos saír de casa e todo está pechado!
Non vos preocupedes, porque Punto e Coma teñen a solución! 


Neste vídeo tedes unha explicación moi sinxela para poder acceder a máis de 4500 obras a través dá  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Tedes que acceder a  https://www.galiciale.gal/ 
É moi sinxelo e unha boa opción para pasar estas "vacacións" de Semana Santa.
Esperamos que sexa do voso interese.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



Venres de emocións! Lost & Found

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!

Hoxe preséntovos “Lost & Found”, unha curtametraxe feita con stop motion que tira das cordas do corazón.
Un torpe dinosaurio de crochet debe desliarse para salvar ao amor de súa vida. Unha fermosa historia para esta semana!!
Espero que vos guste!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!




Lost & Found from Goldy on Vimeo.

2 abr 2020

Día Mundial de concienciación do Autismo.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é o Día Mundial de concienciación do Autismo.
Como todos estes últimos anos o movemento asociativo de Autismo España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha a campaña de cocienciación para visibilizar a realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), as súas necesidades e as súas capacidades. Este ano o lema da campaña é o seguinte: 

Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

 Nesta ocasión este movemento propón a reflexión sobre o respecto ás diferenzas e ás fortalezas de cada persoa con TEA e como cada unha delas debe gozar das mesmas oportunidades que o resto da sociedade, amosando as súas potencialidades, tanto no ámbito académico como no laboral, a través dos apoios adecuados e dos espazos accesibles. Dado que neste momento dito colectivo é especialmente vulnerable á situación de confinamento que vivimos, animámosvos a realizar a seguinte iniciativa: 



“Saír aos vosos balcóns e  asomaros ás vosas xanelas o día xoves 2 de abril ás 21  h para acender xuntos os nosos móbiles e/ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo  TEA mediante esta versión de Lixeiro  It  Up  Blue # LIUB para sumarse desde casa, en momentos en que necesitamos luz e solidariedade, especialmente as persoas máis vulnerables”

E para rematar esta entrada déixovos unha historia marabillosa, xa case un clásico da Literatura Infantil, un conto fantástico para entender este mundo diverso, "El cazo de Lorenzo".


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


Pandemia de contos! As zapatillas de Abul"

Bo día queridos/as lectores/as!

Hoxe imos escoitar un conto para toda a familia titulado "As zapatillas de Abul".

Ollos abertos, orellas abertas??? Pois a escoitar!!!


Recordade que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa




              

1 abr 2020

Día do libro infantil



Cada 2 de abril, dende 1967, a Organización Internacional para el libro juvenil (IBBY) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data coincide co día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como El soldadito de plomo ou El patito feo. Esta celebración busca fomentar a lectura entre os máis pequenos e promocionar os bos libros infantís e xuvenís.

Todos os anos unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren un texto e un cartel que se promocionará en librerías, colexios e bibliotecas co fin de incentivar a lectura. Este ano a sección de Letonia é a participante co texto da autora Inese Zandere e o cartel do ilustrador Reinis Petersons que deixa clara a mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".

Participa dende a casa no concurso : Un poema na túa voz.


Pandemia de contos! Nicomedes o pelado!

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa estamos na metade da semana!!!

O conto de hoxe titúlase "Nicomedes o pelado", unha historia singular que seguro vos saca un sorriso!

#euquedonacasa


Xa estamos na metade da semana!!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!