fondo red white blue

columnas enlaces

28 may 2019

Esta semana estamos de aniversario!

Bo día queridos/as lectores/as!
Esta semana estamos de aniversario. A nosa biblioteca cumpre xa 4 anos! E para celebralo temos as seguintes actividades que celebrarémolas o vindeiro xoves 30 de maio!

PROGRAMA

9:30 - Visita de Celtia Figueiras (Contacontos) 
Plan Lector - Os rapaces e rapazas de 3º a 6º de Primaria lerán "Poesías de Asunción Antelo" na biblioteca.
14:30 - Actuación de Paco Nogueiras co espectáculo "Brinca Vai"
15:30 - Todo o alumnado cantará o Himno Galego como fin de festa deste aniversario.





24 may 2019

Presentámosvos ás gañadoras!

Bo día queridos/as lectores/as!
Visitar, comentar e participar nos concursos que propoñen Punto e Coma teñen a súa recompensa! Aquí tendes unha mostra: Noa, María e Adriana foron as 3 primeiras en contestar dentro do prazo ás dúas preguntas do mini concerto que deu Carlos, e efectivamente acertaron nas súas respostas. Hoxe procedeuse a entrega de premios na hora de ler. Parabéns!
Estade ben atentos e atentas porque Punto e Coma teñen ganas de seguir facendo concursos.
Vémonos pola biblio!


22 may 2019

Premios do concurso das Letras Galegas 2019!

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Xa temos os resultados do concurso das letras galegas 2019, podedes achegarvos ás escaleiras do segundo andar e veredes aos premiad@s! Sodes uns artistas, encantáronnos as vosas poesías, debuxos, monográficos, bandas deseñadas....
Noraboa a tod@s!
Vémonos pola biblioteca!

 





21 may 2019

Recomendacións lectoras! Alexia e Noemí. 3º EP

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos unha nova recomendación lectora da man de Alexia e Noemí de 3º de Primaria. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantoulles! Felicidades, moitas gracias polas vosas recomendacións! 
Vémonos pola biblio!


Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Recomendacións lectoras! Carla e Sara 3º A Primaria

Bo día queridos e queridas lectores/as!
Hoxe presentámosvos unha nova recomendación lectora da man de Carla e Sara de 3º de Primaria. Hoxe recoméndanos estes libros que liron e encantoulles! Felicidades, moitas gracias polas vosas recomendacións! 
Vémonos pola biblio!


Animádesvos a recomendarnos libros? Queredes participar no noso programa? Comentade máis abaixo deixándonos o voso nome, o curso no que estades e o libro que queredes recomendar!


Hora de ler en familia! 1º EP

Bo día querid@s lectores/as!
Hoxe presentamos ás familias dos nenos e nenas de 1ºEP que viñeron na hora de ler ao colexio a contarnos uns contos moi fermosos e que nos encantaron. Unha vez máis agradecer ás nais por colaborar cas actividades do noso centro.

“A lectura ábrenos ás portas do mundo que te atrevas a imaxinar. É a porta a un mundo de aventuras e coñecemento. Un libro é un amigo que nunca che dará ás costas.”

Vémonos pola biblio!





14 may 2019

Unha hora de ler moi especial! Realidade aumentada!

Durante esta semana na hora de ler os alumnos/as pudieron disfrutar das tablets e iPads para ler e desfrutar cos libros de realidade aumentada! Encántanos ler! Moitas gracias á mestra Ana por amosarnos estes libros e seguir desfrutando da hora ler!
Vémonos pola biblio!

Harry Potter en concerto!

Bo día querid@s lectores/as!
Hoxe presentámosvos un pequeno concerto que tivo lugar o pasado venres na aula de música o de os alumn@s de 3º e 4º de EP escoitaron a canción “Hedwing’s Theme” banda sonora de Harry Potter.
O noso compañeiro Carlos, xunto co seu instrumento interpretaron esta fermosa canción. Fíxoo xenial e tod@s quedamos abraiados, encantounos!
Que saibades que na nosa biblioteca temos os libros de Harry Potter, animádevos a lelos? Animádevos na lectura destes libros que vos van a gustar moito!
Pero para facelo máis interesante...a ver quen sabe estas preguntas:
1. Como se chama o autor ou autora dos libros de Harry Potter?
2. Como se chama o instrumento que toca Carlos?
As primeiras 3 persoas que contesten ás preguntas nesta entrada do blogue serán os gañadores.
Moito sorte!
Moitas gracias a Carlos pola súa interpretación e vémonos pola biblioteca!


9 may 2019

6º EP entra en acción! Hora de ler!

Bo día querid@s lectores/as! Hoxe, xoves, os nen@s de 6º de Educación Primaria empregaron a súa hora de ler en ir polas aulas a contarlles un conto. Estivo xenial, encantounos. 
Moitas gracias chic@s . Fixéchedelo xenial! 
Vémonos pola biblio!