fondo red white blue

columnas enlaces

21 dic 2021

MERCADILLO SOLIDARIO: Grazas!

 Non podiamos despedirnos sen nomear o noso Mercadillo Solidario!

Un ano máis, con moito esforzo, e respectando medidas Covid, conseguimos levalo a cabo.

Aproveitamos para dar as grazas ao Equipo de Biblioteca polo seu traballo, ao resto de profesorado implicado, ás familias e ao alumnado pola participación.

Os produtos de alimentación e hixiene recadados serán entregados a Cáritas.

SIGAMOS CON ESTE ESFORZO SOLIDARIO, OUTRO VALOR DE APRENDIZAXE TAMÉN NAS AULAS.

UNHA FORTE APERTA.  QUE O NOVO ANO VEÑA CON MOITA FELICIDADE PARA TODOS E TODAS!

VÉMONOS Á VOLTA ; 






20 dic 2021

Felices Festas! Tríptico de lecturas de Nadal e vídeo do Festival



PUNTO E COMA e todo o Equipo da Biblioteca queremos desexarvos:

 BO NADAL e FELICES FESTAS!

Deixámosvos unha copia do tríptico de Nadal cunha selección de lecturas recomendadas por idades.   Boa lectura!




 Grazas, Alejandra e equipo TICS pola montaxe; e resto de equipos pola colaboración, son e posta en escea.


 

ANIMANDO Á CIENCIA...


 Bo día! 


Sabemos que moitos de vós estades traballando cos experimentos, con mulleres científicas galegas...  

O experimento dos volcáns foi un dos máis escollidos nos niveis: en 1º, 2º, 6º...

Aproveitamos para enviar o noso agarimo á illa da Palma.

 

Aquí tedes unha MOSTRA do que se está a facer... 

               PARABÉNS!

 







17 dic 2021

VENRES DE ACHEGA: Contacontos de Nadal



 Bo día!

Esperamos que esteades moi ben e moi ilusionados e ilusionadas con todas as celebracións que estamos a vivir e as que están por vir!

No centro, como sabedes, non paramos de argallar actividades e momentos nos que compartir lecturas, actividades e aprender e divertirnos ao mesmo tempo.  

Polo que xa están aquí os contacontos de Nadal lidos por alumnado voluntario de 6º de Primaria aos máis pequenos e pequenas!  A selección, como non podía ser outra nesta época, é sobre temática de NADAL.  Achegamos un vídeo cos contacontos desta semana.  Preparádevos, porque aínda queda o derrradeiro conto o próximo luns 20 de decembro!

VÉMONOS! ;

 Contacontos do luns 20/12/21:

Rapaces de 6º nivel contaron a 4º de E.I. o conto: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"






 

14 dic 2021

Visita de Ledicia Costas

 Bo día!

Onte tivemos a sorte de recibir á escritora Ledicia Costas.  Contounos un montón de anécdotas sobre ela e os seus libros.

Tamén tivemos a oportunidade de facerlle moitas preguntas ás que nos respondeu encantada.

 Por último, firmou os libros que estamos lendo en 5º e 6º de Educación Primaria: A Señorita Bubble con dedicatorias distintas para cada un/unha.  Encantounos, a que si?  

Moitísimas grazas, Ledicia.  Foi unha ledicia contar contigo;)  Unha aperta e volve cando queiras!

 

Lembrade que na biblioteca están á vosa disposición máis libros de Ledicia Costas.

; PUNTO E COMA e Equipos de Normalización e Biblioteca.

 


13 dic 2021

Preparando o Nadal...

*

BO DÍA!

PREPARANDO O NADAL...

Xa tedes dispoñibles unha boa selección de libros e películas sobre a temática de NADAL.

Esperamos que gocedes moito coa lectura e cos DVDs.

Unha aperta!

;






7 dic 2021

EXPERIMENTOS Ed. Infantil

 Bo día!

Esperamos que pasarades un bo fin de semana loooongo.  Onte celebrouse, como sabedes, o Día da Constitución Española, na que se recollen dereitos democráticos.  Lembrade que unha sociedade democrática ha ser unha sociedade lectora, xa que a lectura é unha condición indispensable para a existencia de cidadáns e cidadás informadxs, participativxs e autónomxs. 

 

E polas aulas, seguimos coa Ciencia e os experimentos!   Velaquí vos deixamos uns experimentos das aulas de Infantil.  Estade atentos e atentas porque a próxima semana irémosvos achegando máis propostas!




;

3 dic 2021

VENRES DE ACHEGA: 3 de decembro -Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 Bo día!

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.  O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

E como no colexio xa sabedes que traballamos pola inclusión, aquí tedes unhas fotos representativas deste labor:

 

 
 

Na biblioteca atoparedes, ademais, diversas lecturas relacionadas con esta temática:

E para rematar, deixámosvos cun corto que esperamos que vos guste!  

 


Boa fin de semana!

PUNTO E COMA ;