fondo red white blue

columnas enlaces

30 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Ola a tod@s! Continuamos co programa. Yupi!

Esta vez a achega ven de parte de Xoel de 2°B, o cal entrevistou a súa avoa, Pilar. Moitísimas grazas por participar!


Apertas!

29 may 2023

VIII ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

Bo día!

O pasado venres tivemos a sorte de celebrar o VIII aniversario da biblioteca "Asunción Antelo" coa visita de Cristina Abelleira, Isabel Rey e Teresa Dosil. Fíxose un coloquio no que se falou sobre Asunción, contáronse anécdotas... E Adrián de 6°A e Lucía de 6°B leron dúas poesías dela. Ademais, Carlos Cotelo de 2° da ESO tocou o himno galego co colofón. 

Para celebralo tamén contamos cunha exposición de traballos dos rapaces, de 1° a 6° de primaria, recreando obras de Asunción. 

Por aquí vos deixamos unhas imaxes:
Apertas!

22 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Boas a todos e a todas!

No segundo capítulo interesarémonos pola vida de Luz, a bisavoa de Nadira. 
Cal cres que é o traballo dos seus soños?


Apertas!

12 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Ola a tod@s!

Comezamos o programa "Preguntándolle ó pasado". Hoxe escoitaremos a historia de Carmen. Moitísimas grazas por contarnos cómo era a vida do pasado en Coristanco!
E, agora, a aprender. Yupii!


Boa fin de semana :)


11 may 2023

SEXTO CONTA MOITO

Bo día!

Onte na biblioteca durante o plan lector, Paula e Alexia de 6°B léronlle a 4° e 5° de infantil o conto: "Chuvisca". Os pequenos e pequenas do cole riron un montón con el! Encantoulles! :)

Boa fin de semana!

5 may 2023

SEXTO CONTA MOITO

Boas a todos e a todas!

Onte na sesión de "SEXTO CONTA MOITO", Adrián e Pablo de 6°A léronlle o conto "O traxe novo do rei" a 2° de primaria. Aquí vos deixamos unhas imaxes do atentos que estaban!
Boa fin de semana :)