fondo red white blue

columnas enlaces

29 oct 2019

3, 2, 1..... Mochilas Viaxeiras!

Ola queridos/as lectores/as!

Temos unha moi boa noticia que darvos: "as  MOCHILAS VIAXEIRAS xa partiron cara os diferentes fogares destes nenos/as!"



Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...





A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.

DRISFRUTADE MOITO COMPAÑEIR@S!!! 

Saúdos de Punto e Coma!
Vémonos pola biblio!




Volve “Contos en familia”! 2º EP

Ola queridos/as lectores/as!
Un ano máis voltamos con nais e pais de contos! Contos en familia na hora de ler. Este curso arranca 2º de Primaria da man de Vanessa a nai de Elba! Punto e Coma estamos moi agradecidos e contentos de ter familias que colaboran con nós nas diferentes actividades de aula e biblioteca! Moitas grazas!
Aos nenos/as de 2º encantoulles e pasárono xenial! Queren máis! Queren máis contos! Encántalles ler e escoitar!
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!



28 oct 2019

Contos de MEDO en Secundaria!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe, luns tivemos unha hora de ler moi especial e de moito medo. Os compañeiros/as de secundaria léronos dous contos de medo xunto coa Santa Compaña na súa biblioteca. Encatáronnos e pasámolo moi ben, fixérono xenial! Hoxe tocoulles a 1º-2º e 3º de Educación Primaria, pero mañá é o turno para 4º - 5º e 6º EP. Non volo podedes perder!

“A Santa Compaña de Coristranca ten moita  retranca".

Vémonos pola biblio. Saúdos de Punto e Coma


25 oct 2019

Venres de emocións!

Ola queridos/as lectores/as!
Por fin é venres, e seguimos coma a semana pasada mostrándovos unha curta moi interesante aproveitando o proxeto que temos no centro.
Hoxe deixámosvos con "Contaminación do mundo animado". Nesta curta pretende invitarnos a facer conciencia sobre a contaminación e os estragos que deixan os abusos dos seres humanos.
Esperamos que vos guste moito.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma. Vémonos pola biblio!


24 oct 2019

24 de outubro, Día da Biblioteca!!! Parte II

Ola queridos/as lectores/as!
Xa estabades impacientes por ver o vídeo do resto de cursos .... pois aquí está! Punto e Coma sempre cumpren co que din, así que esperamos que o gocedes, e o máis importante....TODOS OS DÍAS SON O DÍA DA BIBLIOTECA! 
Lembrade que nos podedes visitar en todos os recreos de pola mañá, a biblioteca sempre estará aberta para vós.
Pero, antes de despedirnos gustaríanos saber a Punto e a Coma que é para vós a biblioteca?. 
Podédesnolo contar nos vosos comentarios máis abaixo. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Punto e Coma mandámosvos un forte abrazo! 

Vémonos pola  biblio!



24 de outubro! Día das bibliotecas escolares!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe estivemos de celebración no cole porque hoxe foi o Día da biblioteca!!!

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.

Punto e Coma estamos moi ledos do que aconteceu hoxe tanto na biblio coma nos corredores do edificio de Primaria. Encántanos ver como ledes aos máis pequenos/as!
Deixámosvos un vídeo resumo de 5º e 2º EP! 

Tranquilos/as que o restos de cursos tamén poderedelo ver.... pero mellor noutra entrada.

Saudos de Punto e Coma! Vémonos pola biblio!





23 oct 2019

POEMAS QUE SABEN A TEMPO! 2ºEP

Ola queridos/as lectores/as!
Comezamos un ano máis co recitado de poemas, e como non os nosos amig@s de 2ºEP están a traballar cada día máis! Punto e Coma estamos moi orgullosos destes nen@s! Son uns artistas, encántalles aprender poemas e recitalos! Con tod@s vós.....POEMAS QUE SABEN A TEMPO!


Deixámosvos unha fotiño moi interesante do traballo previo a este vídeo, o que a cámara non recolle. Detrás de cada vídeo hai moito traballo dos nen@s! Moitas gracias chic@s! 



Saúdos de Punto e Coma!
Vémonos pola biblio!

20 oct 2019

Xogo de pistas con 4º EP!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o xogo de pistas con 4º A e 4º B. O pasado venres tivemos unha hora de ler moi divertida e especial. Estes super lectores/as tiveron que buscar as diferentes pistas que nós (Punto e Coma) deixamos escondidas na nosa biblioteca. Pasárono xenial buscando entre tantísimos libros que temos. Deixámosvos unhas poucas fotos resumo.
Durante esta semana e a que vén irémosvos mostrando as diferentes clases de Primaria con este xogo.
Que vos pareceu este tipo de xogo-actividade? Queredes máis xogos deste tipo? Comentádeo máis abaixo, Punto e Coma leremos todas as vosas suxerencias.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

18 oct 2019

Venres de emocións!

Ola queridos/ as lectores/ as
Este  venres  comezamos  unha  nova  actividade  na que queremos fomentar a cultura audiovisual e diferentes valores a través de distintas  curtametraxes que  proxectaremos  na biblioteca todos vos  venres  na hora  do recreo. Por este motivo  nomeamos esta  actividade como " Venres de  emocións".  Punto e Coma sempre traballa e comparte desde a biblioteca e o centro educativo os valores, as emocións, os diferentes proxectos que levan a cabo.... pois o queremos plasmar desde unha perspectiva audiovisual para todos/ as vós. Esperamos que vos guste e se  quereis que proxectemos algún vídeo con estas temáticas só tedes que comentárnolo nos comentarios ao final desta publicación.

O primeiro vídeo do trinque é  LEMON. O grupo Armas- Trasmediterránea no seu compromiso co medio ambiente, lanzou a iniciativa  plastic- free , a través da cal colabora a Fundación Reina Sofía para a protección da contorna mariña. Sóavos a contaminación dos plásticos como o pasado martes no patio cuberto, verdade?

Empezamos con.......

VENRES DE EMOCIÓNS

Saúdos de Punto e Coma


16 oct 2019

Xogo de pistas con 3º EP!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o inicio do xogo de pistas con 3º A e 3º B. Tivemos unha hora de ler moi divertida e especial. Estes super lectores/as tiveron que buscar as diferentes pistas que nós (Punto e Coma) deixamos escondidas na nosa biblioteca. Pasárono xenial buscando entre tantísimos libros que temos. Deixámosvos unhas poucas fotos resumo.
Isto só acaba de comenzar! Durante esta semana e a que vén irémosvos mostrando as diferentes clases de Primaria con este xogo.
Que vos pareceu este tipo de xogo-actividade? Queredes máis xogos deste tipo? Comentádeo máis abaixo, Punto e Coma leremos todas as vosas suxerencias.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

       
                                                                                                                                                                   


15 oct 2019

O monstro chegou ao Pichel!

Ola queridos/as lectores/as!
O monstro chegou hoxe a mañá ao noso cole, deixouno todo cheo de lixo! Pero grazas ao nosos alumnos/as que colaboraron e recolleron todo quedou coma novo!
Punto e Coma agradécenvos a vosa colaboración! 
Sodes os/as mellores!

Temos que actuar XA!
Deixámosvos o vídeo resumen de hoxe!
Un saúdo de Punto e Coma


Un monstro no Pichel!

Ola queridos e queridos/ as lectores/ as!
Hoxe á primeira hora nada mais chegar ao cole atopámonos con isto!
Que vos pareceu? Punto e Coma estamos moi tristes, comentarnos máis abaixo que opinades.

Saúdos de Punto e Coma



10 oct 2019

Teatro ROCKENSTEIN no cole!!

Ola queridos/as lectores/as! 
Que ben o pasamos hoxe no cole despois do recreo de comedor. Dá gusto ver unha obra de teatro tan bonita e con tanta música.
Punto e Coma pasámolo xenial e polo que vimos tod@s vós tamén. A obra de teatro ROCKENSTEIN estivo xenial, queremos agradecer ao concello de Coristanco por ofrecernos este tipo de actividades, moitas grazas!
A punto e a Coma gustaríalle que nos escribísedes nos comentarios máis abaixo o que vos pareceu e se vos gustaría máis obras de teatro deste estilo. Deixámosvos un breve comentario sobre o fío condutor da obra para os que non puidestes vela, pero non vos preocupedes que tamén vos deixamos un vídeo resumen do ben que o pasamos.

O espectáculo Rockenstein presenta ao doutor Rockenstein é un científico que decide crear un ser vivo e convertelo nunha estrela do Rock´ and Roll. O experimento é un éxito maior do que esperaba, pois da súa máquina non só sae unha futura estrela do rock: saen tres! Un espectáculo de teatro e música con cancións orixinais para público infantil.

Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
 Vémonos pola biblio.



8 oct 2019

Encargad@s da biblioteca 19/20

Ola  querid@s lector@s!
Hoxe queremos presentarvos aos encargados/ as da biblioteca deste curso 2019-2020. En primeiro lugar dar ás grazas a todos/ as pola vosa colaboración, Punto e Coma estámosvos moi agradecidos. Entre todos/ as podemos  logar unha biblioteca mellor, por iso estamos moi contentos. 
Deixámosvos unha foto coa organización dos días. Tamén podedes atopar esta folla na biblioteca máis na cortiza da segunda planta do edificio de Educación Primaria.
Aos poucos irémosvos informando de máis actualidade, máis noticias e novas sorpresas.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma

Vémonos pola  biblio!


2 oct 2019

EXTRA EXTRA!!! COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA CON SORPRESA INCLUÍDA!!!!

Ola queridos/ as lectores/ as!

Punto e Coma xa están de volta un curso máis. Como puidestes observar esta semana a biblioteca do centro de Educación Primaria xa abriu as súas portas para todos vós. Espéranos un curso de novas actividades, concursos, novos libros, películas... así que estades convidados a ir todos os recreos a gozar connosco.

Pero.......

queremos anunciarvos dun evento moi especial que vos vai a encantar. Os nosos compañeiros da Biblioteca Pública Municipal de Coristanco (edificio de usos múltiples) anunciaron que mañá día 3 de outubro ás 6 da tarde estará con todos vós Paco  Nogueiras co seu espectáculo "Radio  BULE  BULE" en concerto. Desde o colexio animámosvos a que vaiades e pasédelo moi ben cantando e bailando con el.

Imaxe extraída da conta oficial de  Instagram de Paco  Nogueiras

E isto é todo?

Claro que non! A Biblioteca Pública Municipal ten moitos máis eventos. Deixámosvos a noticia publicada hoxe no xornal, onde colaboran nesta iniciativa a  Deputación e o programa  Ler  Conta  Moito.


Radio  Bulebule (mañá 3 de outubro)
Pakolas (4 de outubro)
Pablo Díaz (30 de outubro)
Magín Blanco (14 de novembro)
a ilusionista  Fani Triana (28 de novembro)
Circanelo (19 de decembro)

Esperamos que o gocedes moito.

Vémonos pola biblio, saúdos de Punto e Coma