fondo red white blue

columnas enlaces

19 mar 2013

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Este xoves celebramos o día da poesía con lecturas de diversos poetas nas aulas.

13 mar 2013

SEMANA DA PRENSA

SOÑOS NA GAIOLA


Recordando a Manuel María publicamos un libro feito polos nenos/as do colexio hai uns cuantos
anos,como ben veredes. Algúns dos rapaces están agora na E.S.O. Veremos se se acordan...




http://www.calameo.com/read/00196295121f128c40158

6 mar 2013

ROSALÍA

O venres 22 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no patio do centro cun recitado dalgúns dos seus poemas.
O alumnado de E.Infantil, E. Primaria e E. Secundaria compartiu umha escolma de poemas de Rosalía.

Os poemiñas, metidos en globos, foron "lanzados" ao vento...



2 mar 2013

Homenaxe a Manuel María

Onte, venres 1 de marzo, o alumnado de educación infantil e primaria reuniuse para homenaxear ao poeta galego Manuel María.
Primeiro, o noso compañeiro Rubén, de sexto, linos unha pequena biografía.


Logo, comenzou o recitado polos mais pequerrechos. Os nenos de 4 anos recitaron O Caracol.



De seguido, subiron ao escenario os nenos de 5 anos e recitaron O arco da vella.



Os nenos de primeiro cantaron a súa versión de O foguete,


E os de segundo recitaron O río.


Os alumnos de terceiro cantaron O cuco,



e os de cuarto faláronnos do Pardal




e da Lúa.



En quinto, preferiron estes poemas:







Finalmente, os de sexto pecharon o acto co Señor Lobo.