fondo red white blue

columnas enlaces

25 nov 2021

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  

Desde o centro, como sabedes, estanse a desenvolver distintas iniaciativas sobre a temática pero, o que aínda consideramos máis importante, son os valores que día tras día tratamos de transmitir e que coidamos que tamén deben reinar a nivel familiar e social para unha convivencia pacífica e en harmonía entre todas e todos nós.

Entre estes valores están: 

O RESPECTO 

A TOLERANCIA

A COOPERACIÓN 

A UNIÓN

A LIBERDADE

A INCLUSIÓN  


Na biblioteca temos á vosa disposición unha selección de libros que transmiten valores como os mencionados, aos que tamén vos estades achegando nestes días.  Boa lectura!

 

Aquí debaixo podedes ver o VÍDEO no que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro en repulsa contra a violencia.

 



;

MOCHILAS VIAXEIRAS



Bo día!

Onte fíxose a entrega das mochilas viaxeiras nos distintos niveis de Primaria.

Con elas, preténdese proporcionar un encontro entre as familias e a escola e tamén entre os distintos membros da familia, tomando como motivo a lectura e seguindo no labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novas.

Neste curso, como novidade, incorporáronse máis libros en relación ao Proxecto da biblioteca Un paseo pola Arte.  Tamén se reduciu a cantidade de volumes en cada mochila para reducir o seu peso e facilitar o transporte.

Comezamos a viaxar cos libros!

 ;


23 nov 2021

NOVAS ENTREGAS DE VÍDEOS DE CIENCIA

 Bo día, lectores e lectoras!

Nunha semana intensa de actividades, reivindicativa e de conciencia social, non queremos esquecernos deste mes da Ciencia en galego, co que seguimos achegándovos algunha entrega máis dos vídeos de Toupiciencia, poñendo o foco hoxe en mulleres matemáticas, científicas... galegas.

Pequenos, pequenas e grandes tamén, aprenderemos cousas novas, veredes! 😯 💥🔝

 



;

22 nov 2021

20 de novembro: Día Universal dos Dereitos da Infancia

 Bo día!

O pasado sábado 20 de novembro celebrouse o Día dos dereitos dos nenos e nenas.

Atopamos esta canción ben pegadiza ao respecto que esperamos que vos guste tanto como a nós!

 


Orixinal mural do alumnado de Infantil sobre os Dereitos dos nenos e nenas:


 

E co obxectivo de seguir promovendo a lectura, deixamos este "Audiomanifesto" do libro TEÑO DEREITOS dispoñible na nosa biblioteca.  Aquí mostramos unha parte del... podedes levalo en empréstito e continuar vós coa súa lectura😀.  

Grazas a un alumno pola participación!😊👏

 


;

19 nov 2021

Obradoiros de Xénero

 Bo día a tod@s!

Onte tivemos uns obradoiros de xénero en Primaria, denominados Cambiando o Conto e Cincento, a historia ao revés, en Educación Infantil e Mulleres visibles, en Secundaria, impartidos pola Asociación Visibles.

Na etapa de Primaria, o alumnado de quinto e sexto puido recoñecer o sexismo e os estereotipos  de xénero imperantes en anuncios publicitarios da televisión, en catálogos de xoguetes ou nos propios contos clásicos.

A proposta consistía en concienciar ao alumnado da existencia destes estereotipos para que entre todxs poidamos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.  

Como colofón final, o alumnado traballou por grupos na "deconstrución" dun conto clásico, adaptándoo á sociedade igualitaria á que queremos chegar, na que todxs, tanto homes como mulleres, poidamos saír gañando.

Un conto dos construídos polxs alumnxs optará á posibilidade da súa edición.

Grazas ás formadoras pola dinamización nas aulas.

;




16 nov 2021

Conto de Samaín de Educación Infantil... Dende "Santiago"...

 Bo día de novo!

Xs compañeirxs de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil prepararon este conto para vós.  Vai do camiño de Santiago e este ano parece que se desprazaron alí dunha maneira moi tecnolóxica.  Queredes velxs?

Pois adiante co vídeo!


 ;


ENTREGA DE PREMIOS - RELATOS DE TERROR

Bo día!

A finais da semana pasada fixemos a entrega de premios dos relatos de terror de Samaín.  

Nxs premiadxs foi valorada tanto a redacción como a presentación, a ilustración e a orixinalidade do relato.

Parabéns axs que resultastes premiadxs e tamén a todxs xs participantes...  

Un orgullo contar con tan boas participacións!

 


;

10 nov 2021

"PRIMEIRA ENTREGA" DE VÍDEOS DE CIENCIA

Bo día!

Esta é a "PRIMEIRA ENTREGA" DUNS VÍDEOS DE CIENCIAS que vos temos preparados.

Trátase dunha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.  É unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia que tamén podedes atopar no Portal da Lingua Galega.  

Nela aparecen persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Minia Manteiga, Ángel Carracedo, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outrxs.

Dende a biblioteca irémosvos achegando o proxecto en distintas "entregas".

Seguídenos neste mes da Ciencia en galego e adentrádevos no mundo do coñecemento científico!


Comezamos!


 

;

7 nov 2021

5 nov 2021

Novembro: Mes da CIENCIA en galego nas bibliotecas

 Boas!

A Ciencia está en todas partes, a que si...?

Pero por se tendes algunha dúbida delo, mirade no expositor da biblioteca onde vos esperan unha selección de libros científicos, sobre aspectos como: materiais, inventos, espazo, neurociencia, electricidade, EXPERIMENTOS adaptados á idade...

Atrevédesvos a probar? 👌

 


  

;

Vídeo de Samaín e Magosto 2021: Todo en imaxes!

 


Bo día, queridxs lectorxs!

Aquí está a recompilación de fotos, recordos, risas e sustos destes días atrás.  Esperamos que gocedes moito con ela en formato de vídeo que creou o equipo de TICS.

Unha aperta a todxs e grazas, compañeirxs!