fondo red white blue

columnas enlaces

26 nov 2010

Novembro: Dereitos humanos. Contra a violencia de xénero

DEREITOS HUMANOS

Neste mes de novembro, a sala de secundaria da nosa biblioteca está "decorada" con carteis sobre os dereitos humanos. Ademais, temos unha pequena selección de lecturas relacionadas co tema. Propoñémosvos que leades unha historia, que fagades un comentario ou reseña do libro reflexionando sobre a inmigración, as diferenzas sociais, a droga, a pobreza... Recollede un caderno na biblioteca e ... a ler.
Coma sempre, os autores dos mellores traballos terán un agasallo!
Jenny, o día 25 de novembro, co lazo solidario, diante dun cartel da exposición.

25 nov 2010

25 de novembro. Un poema contra a violencia de xénero

Hai un cheiro a morte,
a carne encetada pola ira.
Só vexo un campo cavado
a terra enxoita.
Terra sobre delas,
sobre das excluídas,
sobre das negadas sempre.
Hoxe mesmo chora outra nai.
Berra coma un animal ferido.
Sobre da caixa de madeira pousa
a súa mao. Sobre da mao a súa
flor ensanguentada.

25 de novembro: Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero

"Si amí no me comprende nadie, yo me siento sola"
(Nanai, Mala Rodríguez)
RECOLLE NA BIBLIOTECA O TEU LAZO SOLIDARIO

23 nov 2010

Manuel de Falla

Manuel de Falla (Cadiz, 23 de novembro de 1876-Argentina, 14 de novembro de 1946) hoxe cumpriría 234 anos.

10 nov 2010

Algunhas fotos máis da nosa homenaxe a Miguel Hernández:

8 nov 2010

Gañadores da actividade sobre Miguel Hernández

Xa temos os nomes dos gañadores da actividade sobre o poeta Miguel Hernández: 1º ciclo de E.S.O.: Elena Soutullo, Alba Varela e Ángela Facal. Todo o alumnado de 1º e 2º recibirá un doce agasallo. 2º ciclo de E.S.O.: Alba Martínez, Laura Barreiro e Jennifer Amarelle. ENTREGA DE PREMIOS: Mércores, 10 de novembro, no primeiro recreo, na Biblioteca. Grazas a todos pola vosa colaboración.