fondo red white blue

columnas enlaces

21 dic 2022

SUXERENCIAS LECTORAS PARA O NADAL

Boas!

Chegamos ao final deste primeiro trimestre e gustaríanos deixarvos unhas recomendacións lectoras para que disfrutedes nestas vacacións de Nadal!


Desexámosvos unhas felices festas e un próspero ano novo!

BO NADAL!


17 dic 2022

MES DA CIENCIA

Boas a todos e a todas!

O pasado mes de novembro foi o mes da ciencia e na biblioteca do colexio contamos cunha ampla variedade de libros sobre ciencia que nos serviron de guía para facer moitos experimentos! Por aquí vos deixamos unha mostra:

4º EI:



5º EI:


6º EI:


1º EP:



2º B EP:



3º EP:





4º EP:




5º B EP:










6º A EP:



6º B EP:





Marabillos@s os científicos e científicas do Pichel!!

Apertas!

16 dic 2022

SEXTO CONTA MOITO

Boas!!

Xa se achega o Nadal... E onte Pablo e Adrián Villar de 6°A contáronlle a 1° e 2° de primaria o conto: "Noche de reyes". Encántanos a maxia do Nadal!!

Apertas!

5 dic 2022

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Boas a tod@s!

Como o sábado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, hoxe queremos conmemorar este día deixando unha mostra dos libros que hai sobre discapacidades na biblioteca, os cales nos fan lembrar a importancia da inclusión e o respecto polos demais.
Apertas!

25 nov 2022

SEXTO CONTA MOITO - 25N

Bo día!

Como hoxe se conmemora o Día Contra a Violencia de Xénero, Brenda e Yasmina de 6° de primaria contáronlle a infantil e a 1° o conto de: "O libro dos porcos", co cal se fomenta o valor da igualdade. 

Boa fin de semana!

23 nov 2022

CONTACONTOS GAÑADORES CONTOS DE MEDO

Boas a todos e a todas!

Por aquí vos deixamos os gañadores do concurso de contos de medo contando as súas historias terroríficas aos compañeiros e compañeiras! Noraboa! Sodes uns campións!

6º Educación Infantil:

2ºB EP:

3º EP:

Paula de 6ºB EP:



Apertas!












18 nov 2022

SEXTO CONTA MOITO

Boas!

Onte tivemos outra sesión da actividade "Sexto conta moito" na biblioteca!

Candela e Sara contáronlle a infantil o conto de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Encantoulles!

Bo finde!!

11 nov 2022

SEXTO CONTA MOITO

Bo día a todos e a todas!

Este xoves en "Sexto conta moito", Martiño e Yeray léronlle a 2° de primaria o conto de "Imos cazar un oso". Que ben o pasamos!!

Apertas!!

7 nov 2022

SEXTO CONTA MOITO!

Boas a tod@s!!

Comezamos nova semana e con ela novas lecturas! 

Estas son as imaxes de "SEXTO CONTA MOITO" do xoves pasado. Paula e Lara de 6° B léronlle o conto de "Onde viven os monstros" a 6° de infantil e 1° de primaria. 


Apertas!!

27 oct 2022

SEXTO METE MEDO!

Boas a todos e a todas!

Como estamos na semana máis terrorífica do ano... Hoxe levamos a cabo a actividade: "Sexto mete medo", na cal o alumnado de 6° de primaria foi polas aulas contando historias de medo! Que divertido!

E, durante o plan lector, o alumnado de 5° de primaria tamén gozou dos libros de medo na biblioteca do colexio!
BO SAMAÍN!!

25 oct 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO)

Boas! 

Onte celebramos no colexio o Día das Bibliotecas cunha actividade moi enriquecedora! Os maiores de primaria contáronlle contos aos pequenos e pequenas do cole! Por aquí vos deixamos o vídeo:


Apertas!!

21 oct 2022

SEXTO CONTA MOITO!

Boas a todos e a todas!!

Este xoves puxemos en marcha a actividade "Sexto conta moito", onde cada semana no plan lector contaranlles un conto aos pequenos e pequenas do colexio! 

Esta semana tocoulle a 4° e 5° de infantil e encantoulles! Como xa se achega o Samaín... Contáronlles o conto de "Monstruo, ¡sé bueno!".

Boa fin de semana!!