fondo red white blue

columnas enlaces

21 jun 2015

DESPEDIDA DE CURSO

O venres 19 despedímonos do curso co "Baile do cadrado" feito polos rapaces de sexto con moito entusiasmo e ensaiados por Estela,a nosa profe de ximnasia,quen tamén entregou o premio ao mellor xogador de buxaina.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron:


18 jun 2015

ENTREGA DE DIPLOMAS "GRAN LECTOR"

Este mércores 17 de xuño fixemos entrega na biblioteca dos diplomas de grandes lectores a Víctor,María e Lucía de cuarto de primaria.Víctor leeu máis de cincuenta libros durante o curso, Lucía e María máis de trinta.Enhoraboa,esperamos que sigades así.Aquí van un par de fotos:





13 jun 2015

XOGAMOS COS BOMBEIROS,GUARDIA CIVIL...

O xoves 11 de xuño tivemos aos bombeiros,061,policia local e garda civil no patio do colexio.Tivemos dous talleres e subimos aos diferentes vehículos,así mismo fixemos un simulacro de incendio.Nestas fotos podemos ver o entusiasmo dos rapaces e o moito que aprenderon.




Houbo tamén unha exhibición interesantísima por parte da garda civil onde mostraron aos rapaces como un can labrador detectaba unha bomba.




CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

Este luns 8 de xuño despedimos os contacontos deste curso coa colaboración de Noelia,mamá dunha nena de infantil.Agradecemos o seu entusiasmo e esperamos seguir con esta actividade no curso que ven.
Nestes videos podemos ver o ben que o pasaron os nenos e Noelia.




4 jun 2015

ASUNCIÓN ANTELO XA TEN A SÚA BIBLIOTECA

O venres 29 de maio fixemos unha homenaxe a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños. Os rapaces de primeiro,terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria dedicáronlle varios recitados das súas poesías,un rap sobre a festa da pataca e unha representación de "O vello e a moza" por parte de Victor de cuarto e María de quinto.Ademáis temos que agradecer a visita de Arancha Folgar,profesora en Muxía,quen puxo os pelos de punta aos adultos cos seus fados.Gracias tamén ao Mighelo que donou un cadro de Asunción para a biblioteca e deleitounos co seu acordeón.Mágoa a falta de tempo,xa que soupo a pouco.
Aquí podemos ver uns videos e unhas fotos da nosa reinauguración: