fondo red white blue

columnas enlaces

29 abr 2013

VISITAS DE ANIMADORA E ESCRITOR-ILUSTRADOR

  O día 24 de abril tivemos unha animadora chamada VICTORIA pola mañá e na biblioteca para o 2º ciclo.Pasárono xenial facendo de gorilas os de 3º curso, e de caballeros,reinas,princesas... da idade medieval os de 4º. Xogaron representando BOLINGA e O TESORO DO DRAGÓN ,de Alfagüara.

  Pola tarde tivemos un escritor-ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO para o 3º ciclo e na aula de usos múltiples de secundaria pola falta de espacio. Encantounos a experiencia e o bo facer de Jacobo.
Para mostrar algo destas experiencias,ahí van uns videos:









24 abr 2013

A FESTA DOS LIBROS

Nun día tan especial como foi onte, 23 de abril, os libros quixeron celebrar cos nenos  o DÍA DO LIBRO.
Así, os libros máis aventureiros e atrevidos saíron ao patio da escola na procura de novos lectores...
A así de ben o pasaron os libros e os nenos, disfrutando do bó tempo e dunha mellor compañía:


Día do libro

O martes 23 de abril baixamos a biblioteca ao patio onde os rapaces e rapazas de sexto leron libros os nenos de infantil.Pasarono todos estupendamente.Hai vai unha pequeña mostra.


23 abr 2013

ABRIL: MES DEL LIBRO

¡ES UN LIBRO!






23 de ABRIL: DÍA DEL LIBRO

19 abr 2013

OS NENOS DE 5º VISITAMOS A ASUNCIÓN ANTELO


O xoves 18 de abril fomos a Segufe (Seavia) a ver e homenaxear a escritora e artista
 Asunción Antelo.



Recibiunos moi contenta e , a pesar da súa avanzada idade(en agosto cumple 94 anos) estivo presente  e moi atenta, sempre sorrindo, ao recitado que lle fixeron os nenos de dúas das súas poesías.
Aquí van unhas mostras en video da visita.  








Despois de estar con ela, visitamos o seu fermoso museo.
 Aquí podedes ver unha mostra pequena da súa obra artística:


18 abr 2013

IAGO cóntanos LINDA Á ESPREITA


A VISITA DE INACIO

O luns 16 de abril veu a contarnos contos Inacio, algún deles baseado na súa obra de teatro FÁBULA GALÉNICA.





Os rapaces pasárono moi ben, desfrutaron un montón e pedíronlle "outra,outra..." con insistencia.


Esperamos repetir esta magnífica experiencia o curso que ven. Moitas grazas, Inacio.
Aquí van exemplos ilustrativos do ben que o pasamos.




16 abr 2013

Miguelanxo Prado

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

"Ardalén" de Miguelanxo Prado, mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona.

 
 
«Ardalén»
 
A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor Español na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que xa va súa segunda edición.
 
 Máis novas na súa web:  http://www.miguelanxoprado.com/
 
 
 
 

11 abr 2013

IN MEMORIAM: José Luis Sampedro


José Luis Sampedro Sáez,
 nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o
8 de abril de 2013, escritor e economista de orixe catalá.


Algunhas das súas obras en Novela:

La estatua de Adolfo Espejo (1939)

La sombra de los días (1947)

El río que nos lleva (1961)

El caballo desnudo (1970)

Octubre, octubre (1981)

La sonrisa etrusca (1985)

La vieja sirena (1990)

El amante lesbiano (2000)

La senda del drago (2006)


En 1990 é nomeado membro da Real Academia Española. En abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla. En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orden das Artes e as Letras de España. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas.

Foi un humanista crítico. Nos últimos anos foi tomado como referente polo movemento do 15M. Escribiu o limiar para a edición española do 'Indignaos' de Hassel. Reclamaba unha “economía máis humana,máis solidaria, que sexa quen de contribuír o desenvolvemento dos pobos”.
Acreditaba en que o capitalismo estaba xa na súa fase final e definitiva, e cría que a mocidade que impulsaba o novo ciclo de mobilizacións en torno ao denominado 15M era o motor do cambio necesario.
Lembramos as súas verbas :

“Sen liberdade de pensamento, a liberdade de expresión non vale para nada”

9 abr 2013

MES DO LIBRO

O día 2 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL,en homenaxe a HANS CHRISTIAN ANDERSEN,escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Poderemos xogar e aprender sobre este escritor con estas actividades.Ademáis temos unha exposición na biblio con algúns dos seus contos.

3 abr 2013

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo da celebración do DÍA DA MULLER TRABALLADORA o alumnado de Infantil e Primaria fixemos un mural colectivo sobre as nais traballadoras. Neste mural os alumnos trouxeron fotos e debuxos da súa nai traballando e debaixo unha breve explicación sobre o seu traballo.

Moitas grazas ás nais traballadoras pola súa inestimable colaboración!