fondo red white blue

columnas enlaces

28 feb 2020

Venres de emocións!!!

Ola queridos/as lectores/as!
Por fin é venres, e coma tódolos venres....son de emocións!
Imaxina todas as aventuras que tés por diante! Surfear polas páxinas dun libro é unha fermosa metáfora que describe todo o que nos podemos divertir lendo.
Moito mellor disfrutar cun libro aberto que deixalo pechado e perdernos as súas aventuras...
Feliz venres!!!

Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


27 feb 2020

24 de febreiro "Día de Rosalía de Castro"

Ola queridos/as lectores/as!
Que tal de vacacións de entroido? Pasástelo ben? Espero que gozando do Entroido e do bo tempo coma nós!
Sabedes que o pasado luns foi o día de Rosalía de Castro? Punto e Coma queremos lembrarvos e celebrar con todos vós o día dunha gran escritora como foi Rosalía de Castro que desde decembro ten un astro que leva o seu nome na constelación de  Ofiuco.




Seguir practicando e ensaiando a canción de "No  bico un cantar"  do disco libro Rosalía  pequeniña.
Tamén animámosvos a que pasedes pola nosa biblioteca a ollar algúns dos libros que temos sobre esta gran muller!

Vémonos pola biblio.
Un saúdo de Punto e Coma.

14 feb 2020

Venres de emocións!!! Continuamos ca EMPATÍA!

Ola queridos/as lectores/as.
Por fin é venres....e como cada venres, son de emocións! E hoxe día dos NAMORAD@S.
Esta semana propóñovos unha historia na que un porquiño ao que lle encanta comer ovos vese nunha situación complicada, xa que o destino fai que se namore dunha galiña. A partir de aí terá que elixir…os ovos ou a galiña?
A historia traslada o concepto de EMPATÍA a través de situacións de humor nas que o amor tamén reservado o seu espazo.
Espero que vos guste!!

Bo fin de semana amig@s! Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!

13 feb 2020

Propoñémosvos un XOGO!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un xogo, a ver quen é capaz de superalo!
Saberiades responder a estas preguntas sobre Rosalía de Castro?
A continuación deixámosvos a ligazón á páxina web onde podedes xogar de forma en liña para practicar. Tedes de prazo ata o 21 de febreiro. Esperamos as vosas respostas na biblioteca. Moito ánimo e moita sorte a todos/ as. 
Que comece o xogo!
Podedes comentar máis abaixo quen realizou o xogo e cantas preguntas acertáchedes! 

Agradecer á páxina https://www.gciencia.com/ pola aportación. O portal GCiencia e a iniciativa 21 días co galego, impulsada pola profesora Pilar Ponte, son as dúas gañadoras do Premio Rosalía de Castro, que outorga a Deputación da Coruña, e que recoñece proxectos que promoven o uso do galego en todos os ámbitos.


Saúdos de Punto e Coma. Feliz xoves.
Vémonos pola biblio.



12 feb 2020

11 FEBREIRO Día da Muller e a Nena na Ciencia




A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas persiste desde hai anos en todo o mundo. A pesar de todo as mulleres fixeron aportacións esenciais ao mundo da ciencia.
Na actualidade, menos do 30 por cento dos investigadores de todo o mundo son mulleres. Só ao redor do 30 por cento de todas as estudantes escollen estudos superiores dentro do campo das ciencias, a tecnoloxía, e enxeñería e matemáticas.
Os prexuízos e os estereotipos de xénero que se arrastran desde hai moito tempo continúan mantendo ás nenas e mulleres afastadas dos sectores relacionados coa ciencia.

9 feb 2020

Patios dinámicos!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos un vídeo moi especial. O pasado xoves o tempo de lecer na hora do recreo foi espectacular, pasámolo xenial cos diferentes xogos propostos, pero sabedes cal foi o recanto que máis nos gustou a Punto e a Coma?
O recuncho dos soños!
Que espazo tan fermoso, que ben decorado e que cantidade de libros para desfrutar.
Cal foi o que vos gustou máis? Comentade máis abaixo se queredes máis patios dinámicos!
Cantos máis comentarios haxa, máis xogos pensaremos.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.


7 feb 2020

VENRES DE EMOCIÓNS! A empatía!

Ola queridos/as lectores/as! Hoxe presentámosvos unha historia que nos fala da EMPATÍA, esa palabra tan necesaria de entender e practicar…“Mis zapatos”, unha curtametraxe que nos ensina o necesario de aprender a vivir e convivir co que a vida nos regala todos os días…reflicte que todo aquilo que anhelamos con demasiada forza convértese nun punto negro, un punto de caos que nos impide gozar e apreciar aquilo que temos.
Feliz venres.
Saúdos dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.