fondo red white blue

columnas enlaces

29 jun 2021

Rematando con Arte e Ciencia!

 Bo día, lectores e lectoras!

Estamos rematando este curso (a@s profes aínda nos quedan uns diíñas máis...) con tanto esforzo e ánimo e... despois vén o merecido descanso!

Esperemos que disfrutedes moito do verán, que lembredes aproveitar tamén ese tempo libre para desfrutar coas lecturas que máis vos gusten e que aproveitedes tamén para seguir pintando ao aire libre... Por que non?  E/ou experimentando con eses circuítos con algunha axudiña de mans expertas.

E como recordo dese voso bo facer, desas pinturas picassianas, das de Yayoi Kusama, das da contorna de Coristanco e dos circuítos eléctricos que montastes, aquí vos deixamos con estas mostras.

Lembrarvos tamén algunhas seccións da biblioteca onde poderedes expandir os vosos coñecementos sobre estas temáticas no vindeiro curso.

Parabéns, artistas!  

E parabéns tamén a tod@s @s compañeir@s que con tanto esforzo e dedicación fixeron que este curso fose o máis normalizado posible, dentro da situación de pandemia...!

E unha mención especial a@s compañeir@s que nos deixan este curso, algún/ha tamén membr@ deste equipo de Biblioteca.  Moita sorte e...

Unha aperta para tod@s!

;



   

14 jun 2021

PUNTO E COMA FELICITAN A@S GRANDES LECTORAS E LECTORES

 Bo día!

Todo un orgullo saber dos n@s nos@s grandes lectores e lectoras deste curso!  E, por suposto, temos que valorar tamén a tod@s @s que este ano fixestes un esforzo máis por acercarvos aos libros, levalos en empréstito e a aqueles/as que sabemos que os disfrutastes con agarimo.

Tamén a@s que nos preguntastes por temáticas, títulos ou coleccións concretas: esa é a actitude e o interese dos cales estamos tan orgullos@s!

Unha aperta

; PUNTO E COMA


GRANDES LECTOR@S  DO CURSO 2020/21:

NOA CASTRO FERNÁNDEZ

MARTINA LORENZO VARELA

ÁNGELA MIGUEL ÁLVAREZ

RAÚL MARTÍNEZ PENA

ANTÍA RODRÍGUEZ AMIGO

    AULA DE 4ºA


8 jun 2021

Os booktubers do Pichel!

 Bo día amigos e amigas! Como levades o fin de curso? Estamos a piques de rematar e aínda temos mil cousas pendentes! Que rápido pasa o tempo e canto nos imos botar de menos! 

Para comezar unha das últimas semanas con enerxía e recordando un momento bonito do curso, vouvos presentar aos mellores booktubers da contorna. Estades preparados para velos? Atentos a todas as recomendacións lectoras do noso alumnado...

Comezamos cos booktubers máis pequenos:


 

 
Ágora imos cos máis pequenos...de Educación Primaria! Os nenos e nenas de 1º e 2º:



Como vedes, son moi profesionais! A continuación preséntovos aos booktubers de 3º e 4º de Educación Primaria! 





E para rematar con esta actividade que tanto nos gustou, déixovos cos maiores do cole...o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:




E ata aquí o traballo dos mellores booktubers de Coristanco! Gustouvos? Esperamos que vos sirva para futuras lecturas...tedes onde escoller!

Vémonos pronto familia!
Disfrutade do que queda de curso!
Unha aperta

1 jun 2021

E chegamos ao aniversario da nosa Biblioteca!

 Bo día, lectoras e lectores!





Onte celebramos o aniversario da biblioteca do centro que leva o nome, como sabedes, de Asunción Antelo. 

Foi un día cheo de poesía, música e animación, verdade?

Queremos reflexarvos aquí o máis emblemático, xunto cos agradececementos a tod@s @s que fixestes que ese día fose tan especial.  Contamos con que a Asunción Antelo lle encantaría!

Fixástesvos en como se engalanou a biblioteca neste aniversario, con eses maceteiros primaverais? (o noso agradecemento ao equipo de Natureza); tamén a Isabel Rey, polo cadro cedido cun poema de Asunción; e a Paco Nogueiras, quen nos ofreceu un animado concerto pola tarde no centro.

Queremos agradecer tamén a presenza de Miguel, o voso ex- mestre de música, pola súa participación tocando nese concerto.  Á mestra Teresa Dosil, polo seu acompañamento neste día e a todas e todos vós, polos vosos fermosos recitados de poemas de Asunción  (por certo, sen esquecer ningún verso!)  Magnífic@s!

E, por suposto, a@s profes que sempre están aí detrás deses magníficos traballos e ás familias que de seguro escoitaron máis dun ensaio de recitados ou do himno galego na casa nestes días...

Moitas apertas dende o equipo da Biblioteca!