fondo red white blue

columnas enlaces

29 nov 2019

Venres de emocións: Xela volveuse Vampira 2ºEP

Ola queridos/as lectores/as.

Punto e Coma cumpren co que din, e para mostra deixámosvos a obra de teatro interpretada polos compañeiros/as de 2º EP. A obra de teatro foi estreada o 25 de novembro (o pasado luns) en conmemoración do día en contra da violencia de xénero. Titúlase "Xela volveuse Vampira" adaptación do libro de Fina Casalderrey. Encantounos, estas nenas e nenos de 2ºEP son uns artistas. Punto e Coma agradecen moitísimo este tipo de actividades e sabedes que tendes a biblioteca Asunción Antelo a vosa disposición para amosarnos máis obras coma esta. Agradecer por suposto aos actores e actrices, pero tamén a súa directora, a mestra-titora Ale, moitas gracias de parte de Punto e Coma.
Deixámosvos tamén o audio da canción do final para que cantédela sempre e que todo o mundo entérese de que a todos esas malas persoas témolos que converter en "cochos feos", recordade....
Non lle grites, non lle pegues
se fas iso, non a queres.
A miña avoa unha aperta
a miña nai BICOS DE FESTA

Deixámosvos a canción se a queredes cantar ou ensinar á vosa familia.



Gozade moito e recordade que tódolos días estamos en contra da violencia de xénero, entre todas e todos podemos facer un mundo mellor.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.
 




28 nov 2019

Trailer Experimentos científicos 2019

Ola queridos/as lectores/as.
Presentámosvos o  trailer dos experimentos científicos realizados esta semana na nosa biblioteca. Pasámolo xenial e aprendemos moito, sodes uns verdadeiros científicos e científicas.
Punto e Coma sabemos que queredes vervos realizando o voso experimento completo, por iso ao longo da semana que vén iremos subindo a este blogue cada un dos experimentos que realizastes por aula, desde infantil a toda primaria. Este vídeo é só unha pequena mostra e un "abrir de boca" para que  esteades ben atentos e atentas ao noso blogue a semana que vén. Podedes comentarnos máis abaixo cal foi o experimento que máis vos gustou ou o que máis vos impactou, a verdade é que Punto e Coma escolleriamos todos. Sodes @s mellores.

Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


27 nov 2019

25 de novembro: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Ola queridos/as lectores/as
Este luns (25 de novembro) o noso cole e todo Coristanco conmemoramos  o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Primeiro plantamos 51 pensamentos na porta da nosa biblioteca por cada unha das mulleres asasinadas que vai de ano e despois camiñamos ata o concello para escoitar un manifesto por parte dos compañeir@s de secundaria. Foi unha xornada moi especial con unha obra de teatro por parte dos alumn@s de 2ºEP (adaptación do libro: Xela volveuse vampira”) de Fina Casalderrey, libro que Punto e Coma recomendan case como lectura obrigada, se o ledes vaivos encantar. En vindeiras entradas do blogue poderedes ver o vídeo da obra de teatro destes compañeiros/as de 2º, parabéns unha vez máis!
Punto e Coma animámosvos a que a xornada do luns non quede nun só día, sigamos traballando por un mundo mellor sen ningún tipo de violencia.
Saúdos de Punto e Coma
Vémonos pola biblio




22 nov 2019

Venres de emocións! 22 de novembro....DÍA DA MÚSICA!!!

Feliz venres queridos/as lectores/as.
Hoxe é un venres moi especial, hoxe 22 de novembro celebramos "O Día de Santa Cecilia" a patroa da música. Hoxe é un día de festa, e que mellor maneira de celebralo neste venres de emocións que con música!!!! Despois de tanto tempo pedíndonolo por fin estreamos a canción que estades escoitando continuamente tódolos días ao comezar as clases, a canción que lle pedides cantar ao mestre de música en todas as sesións....presentamos o Ceo do grupo Operación Can. Sabédela?


«Operación Can» é un traballo impulsado pola  UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar a nosa contorna e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para iso, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixesen unha canción orixinal cantada en galego.








«A música é sinónimo de liberdade, de tocar o que queiras e como queiras, sempre que sexa bo e teña paixón, que a música sexa o alimento do amor».  Kurt D.  Cobain.


Feliz venres, ler moito e vémonos o luns na biblioteca
Saúdos de Punto e Coma.

20 nov 2019

Mes da ciencia en galego na biblio!

Ola queridos/as lectores/as:
Xa sabedes que este mes é o mes da ciencia en galego e nós Punto e Coma querémolo celebrar con todos/as vós. Sabemos que estades a preparar tódalas aulas de infantil e primaria un novo experimento coma o ano pasado. Agardamos con entusiasmo e ilusión os vosos experimentos. por iso deixámosvos en novidades da nosa biblioteca uns libros que poden axudarvos un pouco máis. Esperamos que vos guste. A continuación compartimos dende Bibliotecas Escolares de Galicia o manifesto de este ano adicado a Ángel Carracedo. Esperamos que vos guste e moito ánimo pequenos/as científicos/as!

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICAÁngel Carracedo.


Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de n
ovembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 



Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.

15 nov 2019

Venres de emocións! Cuore di plastica!

Bo día queridos/as lectores/as!
Custou moito traballo pero por fin é venres, e coma todos os venres......SON DE EMOCIÓNS!
Seguimos cos plásticos e esta semana é a quenda duns compañeiros/ as italianos, pero estar tranquilos/ as que está subtitulado en castelán.
Sabias que....8 millóns de toneladas de plástico vértense nos océanos cada ano. A culpa é daqueles que non separan adecuadamente a recolección de residuos e daqueles que tiran os residuos directamente ao mar. E logo é necesario cambiar o estilo de vida. Elexide unha botella de auga en lugar dunha nova.
Con  tod@ s vós: "Corazón de plástico"!
Feliz fin de semana queridos lectores/ as.
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.

14 nov 2019

Entrega de premios “Relatos de terror”!!!

Ola queridos/as lectores/as!
A semana pasada, na hora de ler os cursos e compañeir@s galardoados presentaron os seus relatos de terror na nosa biblioteca, Ai que medo, cantos plásticos!. Nós Punto e Coma quedamos abraiados polas composicións tan fermosas que fixéchedes. A nosa noraboa rapaces/as! Sodes os/as mellores! Deixámosvos unhas fotos do evento! 
Un saúdo e vémonos pola biblio!




8 nov 2019

Venres de emocións! O plástico e o mar!

Ola queridos/as lectores/as!
Benvidos un venres máis ao día das emocións! Hoxe presentámosvos unha curta moi interesanta á par de fermosa sobre o mar e a contaminación dos plásticos! Punto e Coma estamos abraiados co que estades a investigar e a traballar sobre este tema dos plásticos, por iso escollimos esta curta.
O plástico e o mar é unha curtametraxe de  McFly Audiovisuais para o  Oceanogràfic de Valencia que narra a historia dunha nena e a súa nai e o seu compromiso por acabar cos plásticos que asolagan os mares e océanos do mundo
Unha historia que levará ás protagonistas cara a unha nova etapa nas súas vidas.
Esperamos que vos guste moito. Disfrutade da fin de semana, e recordade que temos que reducir os plásticos!
Saúdos de Punto e Coma.



6 nov 2019

E rematamos o xogo de pistas con 6ºEP!

Ola queridos/as lectores/as!
Rematamos o xogo de pistas cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º (A+B) de PrimariaPasárono xenial e nós Punto e Coma tamén! Se queredes máis xogos coma este na biblio só tedes que comentalo máis abaixo! 
Un saúdo e vémonos pola biblio!




Xogo de pistas 5º EP!

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o xogo de pistas que fixeron os vosos compañeiro@s de 5º de Primaria. Pasárono xenial e nós Punto e Coma tamén! Se queredes máis xogos coma este na biblio só tedes que comentalo máis abaixo! 
Un saúdo e vémonos pola biblio!



4 nov 2019

Obra de teatro 6º EP

Ola querid@s lectores/as!
Presentámosvos o vídeo dos alumnos/as de 6º EP que o pasado mércores fixeron unha obra de teatro para os seus compañeir@s coa temática de halloween. Estivo xenial e pasámolo moi ben. A Punto e a Coma encantounos! Os nenos e nenas de 3º-4º e 5º quedaron abraiados. Noraboa rapaces e rapazas! Que saibades que queremos máis obras de teatro para o plan lector! Animádesvos?
Un saúdo de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio!


Gañadores relatos de terror 2019!

Ola queridos/as lectores/as!
Presentámosvos aos gañadores/as do concurso de relatos de terror deste ano, xa o tedes exposto nas escaleras de primaria. Moitos parabéns para tod@s! seguide así! estades feitos uns artistas! 
Saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.




Samaín e Magosto 2019

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o vídeo resumo da festa do Magosto e Samaín celebrado no colexio o pasado mércores! Que tal o pasastes nesta ponte? Lestes moitos libros de terror? Se lestes algún nolo podedes comentar máis abaixo en comentarios indicándonos o libro.
Feliz semana e saúdos de Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.