fondo red white blue

columnas enlaces

27 nov 2020

Gañadores do concurso “Contos de medo”

 Bo día amigos e amigas! 

Xa estamos a piques de rematar a semana e tiñamos algo pendente....verdade?

Acertáchedes! Todavía non coñecíamos os contos gañadores do concurso “Contos de medo” deste curso. Todos levaban un elemento común: o título ‘Aí que medo pasei no camiño’. Todos os participantes conseguíchedes creacións moi boas e por iso merecedes unha enorme felicitación.

Agora ben, foron 3 os contos gañadores en Educación Primaria, e 2 en Educación Infantil. Como ben sabedes este año as celebracións son un pouco especiáis, pero non hai excusa para elas. Por iso, este curso, coñeceremos os contos gañadores de xeito virtual. Non me enredo máis e vos deixo, a continuación, os vídeos dos contos gañadores.

Disfrutade moito!!







Esperemos que vos gustasen moito! Son increíblemente terroríficas!

Vémonos pronto! Boa fin de semana!

10 nov 2020

As cabazas máis terroríficas!!

Bos días amigos e amigas! 
 Como vai a semana? A verdade é que nós xa temos morriña da celebración do Samaín que, este ano, foi bastante diferentes ao que adoitamos facer. Vós tamén o notáchedes? Non puidemos facer un túnel do terror, nin unha exposición das vosas cabazas e vasoiras, e o festival tamén foi diferentes, pero o pasamos xenial!! 
 Neste cole sempre nos adaptamos ás novas circunstancias e, polo tanto, non iamos quedar sen traballar a nosa imaxinación! Así que vos deixamos disfrutar das creacións propias e dos compañeir@s. Prepararos para pasar uns minutos...de medo!!

 


Gústanvos? Son xeniais!! Sodes uns artistas!! 
Vémonos pronto!!

9 nov 2020

Homenaxe a Gianni Rodari

Ola amigos e amigas!! Xa nos botávades de menos? A verdade é que, neste curso tan atípico, as cousas van moito máis despacio do que nos teñen acostumados. Pero hoxe traemos en exclusiva os contos e poemas que lemos no cole en homenaxe ao gran Gianni Rodari polo seu Centenario. Como dixemos na última publicación, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares íamonos centrar neste gran escritor. 

Así pois, non nos enrollamos máis e vos deixo, a continuación, 3 vídeos nos que se poden escoitar as reproduccións de todos os cursos do noso cole. Estade ben atentos a ver se vos recoñecedes e...disfrutade de Gianni Rodari!
 Comezamos pol@s peques de Educación Infantil e 1º. 2º de Educación Primaria:





Ahora é o turno dos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria:

                                                             




E por último, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:




                                                             

 

Ata aquí as novidades! Vémonos pronto!!