fondo red white blue

columnas enlaces

21 dic 2021

MERCADILLO SOLIDARIO: Grazas!

 Non podiamos despedirnos sen nomear o noso Mercadillo Solidario!

Un ano máis, con moito esforzo, e respectando medidas Covid, conseguimos levalo a cabo.

Aproveitamos para dar as grazas ao Equipo de Biblioteca polo seu traballo, ao resto de profesorado implicado, ás familias e ao alumnado pola participación.

Os produtos de alimentación e hixiene recadados serán entregados a Cáritas.

SIGAMOS CON ESTE ESFORZO SOLIDARIO, OUTRO VALOR DE APRENDIZAXE TAMÉN NAS AULAS.

UNHA FORTE APERTA.  QUE O NOVO ANO VEÑA CON MOITA FELICIDADE PARA TODOS E TODAS!

VÉMONOS Á VOLTA ; 






20 dic 2021

Felices Festas! Tríptico de lecturas de Nadal e vídeo do Festival



PUNTO E COMA e todo o Equipo da Biblioteca queremos desexarvos:

 BO NADAL e FELICES FESTAS!

Deixámosvos unha copia do tríptico de Nadal cunha selección de lecturas recomendadas por idades.   Boa lectura!




 Grazas, Alejandra e equipo TICS pola montaxe; e resto de equipos pola colaboración, son e posta en escea.


 

ANIMANDO Á CIENCIA...


 Bo día! 


Sabemos que moitos de vós estades traballando cos experimentos, con mulleres científicas galegas...  

O experimento dos volcáns foi un dos máis escollidos nos niveis: en 1º, 2º, 6º...

Aproveitamos para enviar o noso agarimo á illa da Palma.

 

Aquí tedes unha MOSTRA do que se está a facer... 

               PARABÉNS!

 







17 dic 2021

VENRES DE ACHEGA: Contacontos de Nadal



 Bo día!

Esperamos que esteades moi ben e moi ilusionados e ilusionadas con todas as celebracións que estamos a vivir e as que están por vir!

No centro, como sabedes, non paramos de argallar actividades e momentos nos que compartir lecturas, actividades e aprender e divertirnos ao mesmo tempo.  

Polo que xa están aquí os contacontos de Nadal lidos por alumnado voluntario de 6º de Primaria aos máis pequenos e pequenas!  A selección, como non podía ser outra nesta época, é sobre temática de NADAL.  Achegamos un vídeo cos contacontos desta semana.  Preparádevos, porque aínda queda o derrradeiro conto o próximo luns 20 de decembro!

VÉMONOS! ;

 Contacontos do luns 20/12/21:

Rapaces de 6º nivel contaron a 4º de E.I. o conto: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"






 

14 dic 2021

Visita de Ledicia Costas

 Bo día!

Onte tivemos a sorte de recibir á escritora Ledicia Costas.  Contounos un montón de anécdotas sobre ela e os seus libros.

Tamén tivemos a oportunidade de facerlle moitas preguntas ás que nos respondeu encantada.

 Por último, firmou os libros que estamos lendo en 5º e 6º de Educación Primaria: A Señorita Bubble con dedicatorias distintas para cada un/unha.  Encantounos, a que si?  

Moitísimas grazas, Ledicia.  Foi unha ledicia contar contigo;)  Unha aperta e volve cando queiras!

 

Lembrade que na biblioteca están á vosa disposición máis libros de Ledicia Costas.

; PUNTO E COMA e Equipos de Normalización e Biblioteca.

 


13 dic 2021

Preparando o Nadal...

*

BO DÍA!

PREPARANDO O NADAL...

Xa tedes dispoñibles unha boa selección de libros e películas sobre a temática de NADAL.

Esperamos que gocedes moito coa lectura e cos DVDs.

Unha aperta!

;






7 dic 2021

EXPERIMENTOS Ed. Infantil

 Bo día!

Esperamos que pasarades un bo fin de semana loooongo.  Onte celebrouse, como sabedes, o Día da Constitución Española, na que se recollen dereitos democráticos.  Lembrade que unha sociedade democrática ha ser unha sociedade lectora, xa que a lectura é unha condición indispensable para a existencia de cidadáns e cidadás informadxs, participativxs e autónomxs. 

 

E polas aulas, seguimos coa Ciencia e os experimentos!   Velaquí vos deixamos uns experimentos das aulas de Infantil.  Estade atentos e atentas porque a próxima semana irémosvos achegando máis propostas!




;

3 dic 2021

VENRES DE ACHEGA: 3 de decembro -Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 Bo día!

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.  O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

E como no colexio xa sabedes que traballamos pola inclusión, aquí tedes unhas fotos representativas deste labor:

 

 
 

Na biblioteca atoparedes, ademais, diversas lecturas relacionadas con esta temática:

E para rematar, deixámosvos cun corto que esperamos que vos guste!  

 


Boa fin de semana!

PUNTO E COMA ;

25 nov 2021

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  

Desde o centro, como sabedes, estanse a desenvolver distintas iniaciativas sobre a temática pero, o que aínda consideramos máis importante, son os valores que día tras día tratamos de transmitir e que coidamos que tamén deben reinar a nivel familiar e social para unha convivencia pacífica e en harmonía entre todas e todos nós.

Entre estes valores están: 

O RESPECTO 

A TOLERANCIA

A COOPERACIÓN 

A UNIÓN

A LIBERDADE

A INCLUSIÓN  


Na biblioteca temos á vosa disposición unha selección de libros que transmiten valores como os mencionados, aos que tamén vos estades achegando nestes días.  Boa lectura!

 

Aquí debaixo podedes ver o VÍDEO no que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro en repulsa contra a violencia.

 



;

MOCHILAS VIAXEIRAS



Bo día!

Onte fíxose a entrega das mochilas viaxeiras nos distintos niveis de Primaria.

Con elas, preténdese proporcionar un encontro entre as familias e a escola e tamén entre os distintos membros da familia, tomando como motivo a lectura e seguindo no labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novas.

Neste curso, como novidade, incorporáronse máis libros en relación ao Proxecto da biblioteca Un paseo pola Arte.  Tamén se reduciu a cantidade de volumes en cada mochila para reducir o seu peso e facilitar o transporte.

Comezamos a viaxar cos libros!

 ;


23 nov 2021

NOVAS ENTREGAS DE VÍDEOS DE CIENCIA

 Bo día, lectores e lectoras!

Nunha semana intensa de actividades, reivindicativa e de conciencia social, non queremos esquecernos deste mes da Ciencia en galego, co que seguimos achegándovos algunha entrega máis dos vídeos de Toupiciencia, poñendo o foco hoxe en mulleres matemáticas, científicas... galegas.

Pequenos, pequenas e grandes tamén, aprenderemos cousas novas, veredes! 😯 💥🔝

 



;

22 nov 2021

20 de novembro: Día Universal dos Dereitos da Infancia

 Bo día!

O pasado sábado 20 de novembro celebrouse o Día dos dereitos dos nenos e nenas.

Atopamos esta canción ben pegadiza ao respecto que esperamos que vos guste tanto como a nós!

 


Orixinal mural do alumnado de Infantil sobre os Dereitos dos nenos e nenas:


 

E co obxectivo de seguir promovendo a lectura, deixamos este "Audiomanifesto" do libro TEÑO DEREITOS dispoñible na nosa biblioteca.  Aquí mostramos unha parte del... podedes levalo en empréstito e continuar vós coa súa lectura😀.  

Grazas a un alumno pola participación!😊👏

 


;

19 nov 2021

Obradoiros de Xénero

 Bo día a tod@s!

Onte tivemos uns obradoiros de xénero en Primaria, denominados Cambiando o Conto e Cincento, a historia ao revés, en Educación Infantil e Mulleres visibles, en Secundaria, impartidos pola Asociación Visibles.

Na etapa de Primaria, o alumnado de quinto e sexto puido recoñecer o sexismo e os estereotipos  de xénero imperantes en anuncios publicitarios da televisión, en catálogos de xoguetes ou nos propios contos clásicos.

A proposta consistía en concienciar ao alumnado da existencia destes estereotipos para que entre todxs poidamos construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.  

Como colofón final, o alumnado traballou por grupos na "deconstrución" dun conto clásico, adaptándoo á sociedade igualitaria á que queremos chegar, na que todxs, tanto homes como mulleres, poidamos saír gañando.

Un conto dos construídos polxs alumnxs optará á posibilidade da súa edición.

Grazas ás formadoras pola dinamización nas aulas.

;




16 nov 2021

Conto de Samaín de Educación Infantil... Dende "Santiago"...

 Bo día de novo!

Xs compañeirxs de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil prepararon este conto para vós.  Vai do camiño de Santiago e este ano parece que se desprazaron alí dunha maneira moi tecnolóxica.  Queredes velxs?

Pois adiante co vídeo!


 ;


ENTREGA DE PREMIOS - RELATOS DE TERROR

Bo día!

A finais da semana pasada fixemos a entrega de premios dos relatos de terror de Samaín.  

Nxs premiadxs foi valorada tanto a redacción como a presentación, a ilustración e a orixinalidade do relato.

Parabéns axs que resultastes premiadxs e tamén a todxs xs participantes...  

Un orgullo contar con tan boas participacións!

 


;

10 nov 2021

"PRIMEIRA ENTREGA" DE VÍDEOS DE CIENCIA

Bo día!

Esta é a "PRIMEIRA ENTREGA" DUNS VÍDEOS DE CIENCIAS que vos temos preparados.

Trátase dunha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.  É unha miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia que tamén podedes atopar no Portal da Lingua Galega.  

Nela aparecen persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Minia Manteiga, Ángel Carracedo, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outrxs.

Dende a biblioteca irémosvos achegando o proxecto en distintas "entregas".

Seguídenos neste mes da Ciencia en galego e adentrádevos no mundo do coñecemento científico!


Comezamos!


 

;

7 nov 2021

5 nov 2021

Novembro: Mes da CIENCIA en galego nas bibliotecas

 Boas!

A Ciencia está en todas partes, a que si...?

Pero por se tendes algunha dúbida delo, mirade no expositor da biblioteca onde vos esperan unha selección de libros científicos, sobre aspectos como: materiais, inventos, espazo, neurociencia, electricidade, EXPERIMENTOS adaptados á idade...

Atrevédesvos a probar? 👌

 


  

;

Vídeo de Samaín e Magosto 2021: Todo en imaxes!

 


Bo día, queridxs lectorxs!

Aquí está a recompilación de fotos, recordos, risas e sustos destes días atrás.  Esperamos que gocedes moito con ela en formato de vídeo que creou o equipo de TICS.

Unha aperta a todxs e grazas, compañeirxs!

 



29 oct 2021

Audio - conto de Samaín

https://drive.google.com/file/d/17PfyoOHEuoKVGAUBG5h0-YzUjf2nc-He/view?usp=sharing Quédavos este audio-conto dun libro dos suxeridos no expositor de Samaín da biblioteca. Está en formato de poesía e esperamos que vos guste moito... Así que xa sabedes onde atopar este e outros libros máis se os queredes ler vós!

 Que lle pasaba a esta pantasma en realidade?  Como se curou?💖💖💖💖

 

Feliz Magosto e Samaín! O Equipo de Biblioteca ;

TerroríficooOOOOOO!!!

Bo día!

ESTADES PREPARADXS PARA ADENTRARVOS NA COVA DO TERROR...?

...  Premede no enlace abaixo!

 https://drive.google.com/file/d/15-jNe49IPZYJTjjDL81UgGyJ6k-RCSVg/view?usp=sharing

 

 

Grazas ao Equipo de profes de Extraescolares e a todxs xs colaboradorxs por tanto e tan bo traballo!                  

E.. por certo, sabedes a quen pertence este cadro e como se titula?  Que emoción vos suxire?  Gústavos?  Podedes deixar as vosas respostas nos comentarios ou contárnolo á volta da ponte!;

                                      El grito - Wikipedia, la enciclopedia libre

28 oct 2021

Samaín... As vasoiras, as portas e as patacas terroríficas!

 Bo día! 

 

Preparádevos que aí vén o terror...

 


Grazas nenxs e familias! Quedaron fantásticas!


 

VISITANDO AS PORTAS DE SECUNDARIA...







... Seguídenos nos próximos días se queredes adentrarvos... na COVA DO TERROR do colexio...!

                                                        Hoxe "Punto e Coma" pasan a ser "Tres Puntos Suspensivos"  ...

                                         

27 oct 2021

Continúan as lecturas no patio!

 Bo día, lectorxs!

Aproveitamos o bo tempo para continuar coas lecturas de contos no patio, velaquí tendes outra mostra!

Premede no enlace abaixo para ver máis fotos:



;



 



26 oct 2021

O vídeo cos vosos contos!

 Bo día!

Como o prometido é débeda, aquí tedes un magnífico vídeo que creou a compañeira Alejandra coas vosas lecturas no patio.  Que sorte tivemos ademais co estupendo día, a que si?

Grazas a ela e tamén a todo o profesorado que estaba con vós participando deste día.

E agora toca gozar do seu visionado e da lembranza desta marabillosa experiencia!



;

25 oct 2021

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

Bo día!

Mirade que interesante!:

O Día Internacional das Bibliotecas nace a raíz dun suceso acontecido en 1992 durante o conflito dos Balcáns, onde a Biblioteca de Saraxevo foi incendiada e centos de miles de libros quedaron feitos cinzas.  Cinco anos despois, en 1997, para lembrar e rendirlle homenaxe, empezou a celebración.

Declarado pola UNESCO en 1997 como "ANO INTERNACIONAL DA LECTURA", dende ese ano realízase nesta data, a celebración do DÍA INTERNACIONACIONAL DA BIBLIOTECA, inciciativa que xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil.

Deixámosvos unha mostra do día de hoxe no noso centro, onde o celebramos con lecturas de contos no patio.  Proximamente achegaremos un vídeo con todas as vosas paticipacións neste día: estade atentxs!

 


 ;

 

 


 

21 oct 2021

Preparando o Samaín...

 Bo día!

Estamos no mes de outubro e xa nos vai chegando o recendo do outono, a follas caídas, a terra mollada, a castañas... A que si?

E tamén é momento de patacas, de lembranzas e de preparacións...!

Tedes por diante o concurso de relatos de terror:  

                         Ai, que medo pasei apañando as patacas...

Animádevos todxs e... moita sorte!

Tamén vos lembramos que está dispoñible na biblioteca un expositor con libros terríficos, nos que vos podedes inspirar tamén...

Velaquí unha mostra:


 Moita sorte!

;


 

 

19 oct 2021

REAPERTURA DA BIBLIOTECA NOS RECREOS

 Bo día a todxs!

Onte empezou a abrir a biblioteca na hora dos recreos.  Comezou o terceiro nivel de Primaria e seguirase escalonadamente cada día co resto dos niveis.

Como momento emocionante de novo, aquí vos deixamos unha mostra de esta "reestrea", con toda a altura á que debe estar!







Apertas!

;