Onte celebramos o aniversario da biblioteca do centro que leva o nome, como sabedes, de Asunción Antelo.
Foi un día cheo de poesía, música e animación, verdade?
Queremos reflexarvos aquí o máis emblemático, xunto cos agradececementos a tod@s @s que fixestes que ese día fose tan especial. Contamos con que a Asunción Antelo lle encantaría!
Fixástesvos en como se engalanou a biblioteca neste aniversario, con eses maceteiros primaverais? (o noso agradecemento ao equipo de Natureza); tamén a Isabel Rey, polo cadro cedido cun poema de Asunción; e a Paco Nogueiras, quen nos ofreceu un animado concerto pola tarde no centro.
Queremos agradecer tamén a presenza de Miguel, o voso ex- mestre de música, pola súa participación tocando nese concerto. Á mestra Teresa Dosil, polo seu acompañamento neste día e a todas e todos vós, polos vosos fermosos recitados de poemas de Asunción (por certo, sen esquecer ningún verso!) Magnífic@s!
E, por suposto, a@s profes que sempre están aí detrás deses magníficos traballos e ás familias que de seguro escoitaron máis dun ensaio de recitados ou do himno galego na casa nestes días...
Moitas apertas dende o equipo da Biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario