fondo red white blue

columnas enlaces

31 mar 2019

CONCURSO "A PERSONAXE MISTERIOSA"

Durante este mes de marzo celebramos un concurso sobre unha personaxe galega. Despois de catro pistas os rapaces dende terceiro a sexto de primaria tiñan que averiguar de quen se trataba.A personaxe era Xabier P. Docampo. Aos rapaces que contestaron ben as pistas e ao nome da personaxe démoslle uns agasallos na biblioteca.Aproveitamos tamén para ler algún conto dos seu libro "A nena de auga e o príncipe de luz". Podemos ver nestas fotos esta actividade tan interesante.


29 mar 2019

Seguimos con máis poesías! 1º EP

Ola queridos/as lectores/as!
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria gústalle moito crear poesías, neste caso a temática é “Se eu vivise no monte”. Compuxeron unha poesía eles/as sós, e fixádevos que bosque tan fermoso e frondoso escolleron para facer este vídeo. Unha marabilla! Son uns artistas! 
Animádevos a comentar máis abaixo e animádevos tamén a compoñer os vosos propios poemas! 
Moitas gracias á profe Ale por enviarnos este vídeo. 
Vémonos pola biblio! 


26 mar 2019

Educación Infantil tamén recita poemas!

Bo día queridos/as lectores/as!
Hoxe presentámosvos o poema feito por as tres aulas de educación infantil! Quedoulles moi moi ben! Son uns artistas! Moitas gracias ás mestras de infantil por realizar este fermoso traballo! Gracias a mestra Begoña, Ana, Lorena e Belinda!
O poema "Has de cantar" podes atopalo na biblio no disco libro "Uxía Rosalía pequeniña" da editorial Galaxia "Sonárbore". Esperamos que vos guste moito!
Vémonos pola biblio!

25 mar 2019

Hoxe estamos de aniversario

Tal día coma hoxe inagurouse a nosa querida biblioteca, xa fai 4 anos. O 25 de marzo do 2015! Lemos, aprendemos e desfrutamos diariamente coa nosa biblioteca. Esperamos que por moitos moitos anos máis! Que mellor maneira de festexar esta data para coller un bo libro e lelo hoxe á tarde xunto con este fermoso día de primavera. Animádesvos? Eu por suposto que si!
Vémonos polo biblio! 


Celebramos o día da ledicia!

A pasada semana celebramos o día da ledicia! Pasámolo xenial! Moitas gracias a mestra Ale por facer este fermoso vídeo. Atentos á páxina da bliblio porque temos moitas máis sorpresas para vós.
Vémonos pola biblio!


22 mar 2019

21 de marzo. Día da poesía!

Bo día queridos/as lectores/as!
Onte foi o día da poesía e as compañeiras de 6º de EP percorreron as aulas de infantil e primaria para lernos unhas poesías presiosas. Encantounos, fixérono xenial!
Pero isto non remata aquí, algo escoitamos que os nenos/as de infantil e primaria andan argallando algo para conmemorar este día. Estade atentos e atentas ao blogue da biblio que calquera cousiña pode aparecer en breve. 

Boa fin de semana e vémonos pola biblio!



15 mar 2019

E para rematar a semana....VIDEO DO ENTROIDO!!!

Bo día querid@s lectores/as!
Hoxe venres para festexar o final de semana presentámosvos un video resumo do ENTROIDO 2019. Pasámolo xenial. Este ano a temática do entroido foi personaxes mitolóxicos e fantásticos: gnomos, trasnos, biosbardos, meigas, bruxos, fadas, sereas, tritóns....
Esperamos que vos guste moito! Feliz fin de semana!

Vémonos pola biblio!


13 mar 2019

Atención atención! Temos un videoclip!

Atención atención! Pensabamos que o día de Rosalía terminaba co broche de ouro da canción de 4º de primaria, pero non. Acábanos de chegar o  videoclip oficial da clase de 1º de  EP. Cada día lestes nenos/ as supéranse máis. Non bastaba con gravar e facer un rap, senón que agora fan  videoclips! Quedou de marabilla, son uns artistas.
Moitas grazas á profesora  Ale por facer este vídeo e as nosas felicitacións a todos os alumnos de 1º, sodes uns artistas, seguir así e chegardes moi moi lonxe. 
Seguide lendo porque xa sabedes...

 "Se queredes aventuras, lanzarvos á lectura!"

Vémonos pola biblio!


Chegou Xan da man de 4º

Por fin chegou  Xan. Xa temos o último poema  musicado, neste caso son os alumnos e alumnas da clase de 4º de primaria. Deixámosvos esta  super canción tributo a Rosalía. E con isto acabamos todos os poemas que os  alumn@ s de primaria recitaron e puxéronlle música. Espero que gocedes tanto ou igual que nós ao escoitalos. Neste colexio hai moito/a artista. 
Felicidades a  tod@s. 
Lembrámosvos que a maioría de todas as poesías podédelas atopar na  biblio co libro "Rosalía"  Uxía  pequeniña. Animádesvos a collelo? 
Vémonos pola  biblio.




É a hora de 5º EP para recitar poemas!

Ola queridos e queridas lectores/ as. Cada vez somos máis aulas que nos unimos para recitar máis poemas de Rosalía. Chega o momento de presentarvos aos alumnos e alumnas de 5ºde primaria cos seus poemas. Esperamos que vos guste e gocédelo. Estar atentos porque aínda quédanos unha clase e será a guinda do pastel para dar o punto final a esta homenaxe tan bonita que fixo o alumnado de primaria. Saúdos e vémonos pola  biblio!




11 mar 2019

TALLER DE ILUSTRACIÓN

O xoves 7 de marzo os rapaces de sexto asistiron a un taller de ilustración na sala de audiovisuais de secundaria impartido por Iván Suárez.Podemos ver nestas fotos como disfrutaron e intentaron realizar un cómic seguindo as súas explicacións.

Seguimos recitando e 6º vai chegando!


Moi boas amigos e amigas lectores/ as! Seguimos xusto onde o deixamos, nos poemas de Rosalía, cada día máis aulas anímanse a recitar. Neste caso únense os maiores de primaria, nada máis nin nada menos que 6º EP. Esperemos que vos guste. Vémonos pola biblio!