fondo red white blue

columnas enlaces

27 oct 2022

SEXTO METE MEDO!

Boas a todos e a todas!

Como estamos na semana máis terrorífica do ano... Hoxe levamos a cabo a actividade: "Sexto mete medo", na cal o alumnado de 6° de primaria foi polas aulas contando historias de medo! Que divertido!

E, durante o plan lector, o alumnado de 5° de primaria tamén gozou dos libros de medo na biblioteca do colexio!
BO SAMAÍN!!

25 oct 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO)

Boas! 

Onte celebramos no colexio o Día das Bibliotecas cunha actividade moi enriquecedora! Os maiores de primaria contáronlle contos aos pequenos e pequenas do cole! Por aquí vos deixamos o vídeo:


Apertas!!

21 oct 2022

SEXTO CONTA MOITO!

Boas a todos e a todas!!

Este xoves puxemos en marcha a actividade "Sexto conta moito", onde cada semana no plan lector contaranlles un conto aos pequenos e pequenas do colexio! 

Esta semana tocoulle a 4° e 5° de infantil e encantoulles! Como xa se achega o Samaín... Contáronlles o conto de "Monstruo, ¡sé bueno!".

Boa fin de semana!!

13 oct 2022

Empezamos curso!

Ola a todos, nenos e nenas, profes, nais e pais, benvidos ao novo curso. Xa abrimos a biblioteca este mes cun gran éxito, moitos rapaces veñen na hora do recreo a facer consultas nos ordenadores e a disfrutar dos numerosos libros que poden leer na sala ou levar emprestados para casa. Xa tiñamos gañas de estar xuntos, nenos de diferentes aulas, e sin mascarillas no centro e na biblioteca. Este curso retomamos tamén a figura dos colaboradores de biblio, os rapaces de sexto que están encantados de poder emprestar libros a través do programa Meiga aos alumnos a partir de terceiro. Os máis pequenos miran os libros e suxiren a súa titora os que lles gustan para levar a súa aula. Esta semana fixemos as visitas guiadas aos rapaces de infantil, primeiro e segundo, coa idea de que saiban cales son os libros axeitados para eles e onde están. Ahí van algunhas fotos destes primeiros días: