fondo red white blue

29 oct. 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Durante este mes de outubro facemos varias actividades para achegar a biblioteca a todos os rapaces.Realizamos visitas guiadas a todos os cursos,e xogos de pistas a partir de terceiro. Ademáis este curso introducimos unha novidade: a biblio-móbil.Sacamos ao patio unha representación de libros relacionados co Samaín,e os rapaces maiores len aos pequenos.Disfrutamos todos dun día de sol e contos!
Repartimos as mochilas viaxeiras,unha por cada clase de terceiro a sexto.