fondo red white blue

columnas enlaces

11 sept 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019/2020

Benvidos ao curso escolar 2019/2020

Ola queridos/ as lectores/ as! Xa estamos de volta e comeza un novo curso cheo de novos amigos/ as, novos proxectos, novos libros e moitas ganas de volver empezar. Nós (Punto e Coma) estamos encantados de volvervos a ver e tervos outro ano máis polo cole, tedes ganas de coñecer as novas novidades que temos na  biblio? Este ano está cargado de novas aventuras, novos concursos, novos vídeos, novas temáticas.... durante este verán lemos todas as vosas suxerencias que nos deixastes o curso pasado e incluímos moitas así que estar atentos/ as.
Xa sabedes que non nos vemos ata outubro (mes que abre a  biblio) así que moi atentos/ as porque a apertura deste ano da biblioteca vai ser espectacular con moitas sorpresas....

Moito ánimo con este novo curso e seguide ao noso blogue!

Saúdos de Punto e Coma