fondo red white blue

columnas enlaces

14 abr 2020

CONCURSO MICRORRELATOS!!


Bo día queridos/as lectores/as!

O  Concello de Carballo, a través da  Concellaría de Normalización Lingüística, decidiu convocar o primeiro Concurso de  Microrrelatos #carballomola, que levará a cabo a través de  Instagram. En este novo certame pode participar calquera usuario de Instagram, sen límite de idade. Os textos, en galego, deberán versar sobre o confinamento e ter unha extensión máxima de 77 palabras sen contar o título. 
Segundo figura nas bases do concurso, o texto acompañarase dunha fotografía, ilustración ou vídeo que garde relación coa narración.
Para participar, os usuarios subirán as súas creacións ao seu perfil  etiquetando á conta 
@carballomola e incluíndo no texto os  hashtags 

#carballomicrorrelatos 
#normalizacionlingüísticacarballo
#carballomola.

O prazo para participar estará aberto do 9 ao 22 de abril e o gañador será o relato que obteña máis «me gusta» ás doce da noite do propio día 22.
O nome do vencedor farase público a xornada seguinte, que coincidirá, ademais, co Día do Libro, a través da páxina web e as redes sociais do  Concello de Carballo. 

Como premio, o primeiro clasificado levará un lote de produtos co logotipo « Eu  quero Carballo», ademais dun vale de 150 euros para gastar nas librerías da localidade.

Animádesvos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.

ESTAMOS DE VOLTA!! PANDEMIA DE CONTOS! A casa de Xoán!

Ola queridos e queridas lectores e lectoras!
Aquí estamos cunha historia para toda a familia, contada por Marta Ortiz, disfrutádea!
A casa de Xoán!!
Un saúdo de punto e Coma.



13 abr 2020

Comezamos a semana con música! SanSARS Covidño-19 (SanSadurniño Remix)

Ola queridos/as lectores/as!
Comezamos a semana con música a cargo do grupo de música tradicional TIRULEQUE!
Pois con moito ritmo, responsabilidade e bo humor (que falta nos fai!) achégannos esta canción que seguro vos fará bailar aínda que sexa ao ritmo do coronavirus!!
Veña a mover eses corpos!!!
Recordade: xabrón, xabrón e xabrón!
Un saúdo de Punto e Coma!


Edición de vídeo: Álex Fente. Adaptación do tema "SanSa" do grupo. Peza orixinal da "Charanga do Cuco de Velle" (Ourense). Letra: Tiruleque. +info: www.tiruleque.com

8 abr 2020

MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO



Ola, rapaces e rapazas,xa que agora estamos de vacacións aquí podedes leer algún número do xornal "O papagaio". Premede en MOITO CONTO: OLLA O PAPAGAIO.


MoitoConto: OLLA O PAPAGAIO: Aquí podes ler algúns números do xornal en formato dixital.

3 abr 2020

Libros dixitais GALICIA LE

Ola queridos/as lectores/as!
Tedes ganas de ler libros novos?
Pero non podemos saír de casa e todo está pechado!
Non vos preocupedes, porque Punto e Coma teñen a solución! 


Neste vídeo tedes unha explicación moi sinxela para poder acceder a máis de 4500 obras a través dá  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Tedes que acceder a  https://www.galiciale.gal/ 
É moi sinxelo e unha boa opción para pasar estas "vacacións" de Semana Santa.
Esperamos que sexa do voso interese.
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.



Venres de emocións! Lost & Found

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é venres e coma tódolos venres son de emocións!

Hoxe preséntovos “Lost & Found”, unha curtametraxe feita con stop motion que tira das cordas do corazón.
Un torpe dinosaurio de crochet debe desliarse para salvar ao amor de súa vida. Unha fermosa historia para esta semana!!
Espero que vos guste!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!




Lost & Found from Goldy on Vimeo.

2 abr 2020

Día Mundial de concienciación do Autismo.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é o Día Mundial de concienciación do Autismo.
Como todos estes últimos anos o movemento asociativo de Autismo España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha a campaña de cocienciación para visibilizar a realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), as súas necesidades e as súas capacidades. Este ano o lema da campaña é o seguinte: 

Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

 Nesta ocasión este movemento propón a reflexión sobre o respecto ás diferenzas e ás fortalezas de cada persoa con TEA e como cada unha delas debe gozar das mesmas oportunidades que o resto da sociedade, amosando as súas potencialidades, tanto no ámbito académico como no laboral, a través dos apoios adecuados e dos espazos accesibles. Dado que neste momento dito colectivo é especialmente vulnerable á situación de confinamento que vivimos, animámosvos a realizar a seguinte iniciativa: 



“Saír aos vosos balcóns e  asomaros ás vosas xanelas o día xoves 2 de abril ás 21  h para acender xuntos os nosos móbiles e/ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo  TEA mediante esta versión de Lixeiro  It  Up  Blue # LIUB para sumarse desde casa, en momentos en que necesitamos luz e solidariedade, especialmente as persoas máis vulnerables”

E para rematar esta entrada déixovos unha historia marabillosa, xa case un clásico da Literatura Infantil, un conto fantástico para entender este mundo diverso, "El cazo de Lorenzo".


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


Pandemia de contos! As zapatillas de Abul"

Bo día queridos/as lectores/as!

Hoxe imos escoitar un conto para toda a familia titulado "As zapatillas de Abul".

Ollos abertos, orellas abertas??? Pois a escoitar!!!


Recordade que o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020.

Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!

#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa




              

1 abr 2020

Día do libro infantil



Cada 2 de abril, dende 1967, a Organización Internacional para el libro juvenil (IBBY) celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data coincide co día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como El soldadito de plomo ou El patito feo. Esta celebración busca fomentar a lectura entre os máis pequenos e promocionar os bos libros infantís e xuvenís.

Todos os anos unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren un texto e un cartel que se promocionará en librerías, colexios e bibliotecas co fin de incentivar a lectura. Este ano a sección de Letonia é a participante co texto da autora Inese Zandere e o cartel do ilustrador Reinis Petersons que deixa clara a mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".

Participa dende a casa no concurso : Un poema na túa voz.


Pandemia de contos! Nicomedes o pelado!

Bo día queridos/as lectores/as!
Xa estamos na metade da semana!!!

O conto de hoxe titúlase "Nicomedes o pelado", unha historia singular que seguro vos saca un sorriso!

#euquedonacasa


Xa estamos na metade da semana!!!
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!