Bo día queridos/as lectores/as!
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, decidiu convocar o primeiro Concurso de Microrrelatos #carballomola, que levará a cabo a través de Instagram. En este novo certame pode participar calquera usuario de Instagram, sen límite de idade. Os textos, en galego, deberán versar sobre o confinamento e ter unha extensión máxima de 77 palabras sen contar o título.
Segundo figura nas bases do concurso, o texto acompañarase dunha fotografía, ilustración ou vídeo que garde relación coa narración.
Para participar, os usuarios subirán as súas creacións ao seu perfil etiquetando á conta
@carballomola e incluíndo no texto os hashtags
#carballomicrorrelatos
#normalizacionlingüísticacarballo e
#carballomola.
O prazo para participar estará aberto do 9 ao 22 de abril e o gañador será o relato que obteña máis «me gusta» ás doce da noite do propio día 22.
O nome do vencedor farase público a xornada seguinte, que coincidirá, ademais, co Día do Libro, a través da páxina web e as redes sociais do Concello de Carballo.
Como premio, o primeiro clasificado levará un lote de produtos co logotipo « Eu quero Carballo», ademais dun vale de 150 euros para gastar nas librerías da localidade.
Animádesvos?
Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario