fondo red white blue

columnas enlaces

2 abr 2020

Día Mundial de concienciación do Autismo.

Ola queridos/as lectores/as!
Hoxe é o Día Mundial de concienciación do Autismo.
Como todos estes últimos anos o movemento asociativo de Autismo España, en coordinación con Autismo Europa, pon en marcha a campaña de cocienciación para visibilizar a realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), as súas necesidades e as súas capacidades. Este ano o lema da campaña é o seguinte: 

Podo APRENDER. Podo TRABALLAR.

 Nesta ocasión este movemento propón a reflexión sobre o respecto ás diferenzas e ás fortalezas de cada persoa con TEA e como cada unha delas debe gozar das mesmas oportunidades que o resto da sociedade, amosando as súas potencialidades, tanto no ámbito académico como no laboral, a través dos apoios adecuados e dos espazos accesibles. Dado que neste momento dito colectivo é especialmente vulnerable á situación de confinamento que vivimos, animámosvos a realizar a seguinte iniciativa: 



“Saír aos vosos balcóns e  asomaros ás vosas xanelas o día xoves 2 de abril ás 21  h para acender xuntos os nosos móbiles e/ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo  TEA mediante esta versión de Lixeiro  It  Up  Blue # LIUB para sumarse desde casa, en momentos en que necesitamos luz e solidariedade, especialmente as persoas máis vulnerables”

E para rematar esta entrada déixovos unha historia marabillosa, xa case un clásico da Literatura Infantil, un conto fantástico para entender este mundo diverso, "El cazo de Lorenzo".


Un saúdo dos vosos amigos Punto e Coma!


1 comentario:

  1. Encántame este conto "El cazo de LOrenzo"
    Necesita algunha explicación para os máis pequenos?
    Ana

    ResponderEliminar