fondo red white blue

columnas enlaces

Mostrando entradas con la etiqueta mes da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mes da paz. Mostrar todas las entradas

31 ene 2020

VENRES DE EMOCIÓNS!!! O diálogo é a Paz!

Ola querid@s lectores/as!
Hoxe é venres de emocións e para seguir festexando o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz neste venres de emocións presentámosvos unha curta moi especial.
Nesta curtametraxe déixanos ben claro e dunha maneira moi gráfica que sempre é mellor dialogar que impoñer a nosa opinión e a nosa forza. Unha curtametraxe de  Ruben  Hengesbach (Cataluña). Animación gañadora na  categoria  Curt  Senior do 3 er Concurso de Animacións pola Paz, organizado pola  Fundació  per a  Pau. esperamos que vos guste moito.
Feliz venres e feliz fin de semana.
Saúdos dos vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


30 ene 2020

Amig@s de cores 3º EP

Ola queridos/ as lectores/ as.
A punto e a Coma encantounos a celebración do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Encantáronnos os vosos recitados de poemas e as cancións que interpretastes. Sempre volo dicimos e seguimos repetíndoo: "sodes uns artistas".
O prometido é débeda, na entrada anterior prometémosvos seguir subindo vídeos de poemas, e agora é a quenda das clases de 3º de Primaria recitando un poema con temática de Paz e igualdade "Amigos de cores". 
Esperamos que vos guste moito e que o gocedes. Moitas grazas ao alumnado de 3º de Primaria polo seu gran traballo. 
Feliz día escolar da Non-Violencia e da Paz!
Lembrade estas palabras que vos din sempre Punto e Coma:


"Seguimos traballando, seguimos construíndo, por un mundo máis humano, por un mundo mellor".

Vémonos pola  biblio.



Poemas da Paz 4ºEP

Ola queridos/ as lectores/ as.
Punto e Coma estamos moi orgullosos do alumnado do colexio porque gravaron un precioso vídeo sobre poemas de paz, porque xa sabedes que hoxe celebramos o Día escolar da Non-Violencia e a Paz. 
Xa nos contou o  profe de música que tedes unhas cancións e uns poemas para cantar e recitar. Ides pasar xenial e sairavos de marabilla. Nós deixámosvos este vídeo pero tranquilidade, ao longo de toda esta semana iremos subindo máis vídeos porque isto non remata aquí, o resto de alumnado de 1º, 2º e 3º tamén se sumaron a recitar poemas. Querédelos ver? Pois estar moi atentos ao noso blogue.
Feliz Día escolar da Non-Violencia e da Paz.
Lembrade que na nosa  biblio seguides tendo unha serie de libros relacionados coa Paz para que os gocedes.
Un saúdo do vosos amigos Punto e Coma.
Vémonos pola  biblio.


23 ene 2020

Novidades na biblio! A PAZ

Ola  querid@ s lectores/ as!
Hoxe presentámosvos unha serie de novidades na nosa biblioteca sobre a celebración que estades a preparar en cada unha das vosas aulas: a paz. Por iso Punto e Coma deixámosvos no apartado de novidades, libros relacionados que poden ser do voso interese.
Podedes comentarnos máis abaixo cal é o voso libro, poema, canción.. preferido sobre a paz.
Un saúdo do voso amigos Punto e Coma.
Vémonos pola biblio.



                          



                          

6 feb 2014

Nuria e Rosa de 6º A

Nuria e Rosa len aos rapaces de 5 anos os libros "A potra Petra" e máis "A guerra dos números".Mirade que atentos están!