fondo red white blue

columnas enlaces

27 nov 2024

25N

 Por suposto no CPI Alcalde Xosé Pichel non imos calar.


 Todo Infantil e Primaria eliximos cancións que resuman o compromiso pendente da sociedade e de tod@s nós. Acabar con esta situación de Violencia e Maltrato contra as mulleres.

Este compromiso quedou selado nos murais das nosas escaleiras nos que tod@s deixamos as nosas mans. 

Aquí quedan para a memoria os nosos videos e murais:

Vídeo de Infantil:

https://youtu.be/M-BKXKrBkks?si=WoPNbdh5dIncjXfp


Vídeo 1º e 2º de Primaria:

https://youtube.com/watch?v=BN7pTDxCkls&feature=shared


Vídeo 3º e 4º de Primaria:

https://youtu.be/ViNtYXglOjw?si=ICtGwnxg6QP4JVoe


Vídeo 5º e 6º de Primaria:

https://youtu.be/wypNekI3feI


Murais reivindicativos:




Sexto Conta Moito!

 O xoves Yolanda e Dani de 6ºA deixaron abraiados aos nenos de 5º de infantil co seu conto. 

Moitísimas gracias, rapaces. Volvede pronto!










14 nov 2024

As Familias Contan!

Por fin comezaron a chegar, e con forza, as lecturas de contos por parte das familias. Que alegría nos levamos!!

Así pois, na aula de 4º de infantil viñeron: a mamá de Roi, a mamá de Vera e a mamá de Árlyn. 

Moitísimas gracias!!










Na aula de 5º de infantil, recibimos a mamá de Bieito e a mamá de Lara.

Gracias por estas historias tan marabillosas!!






Sexto Conta Moito!





 Pero cantas historias hai no mundo?? Cantas poden contarnos estes rapaces/zas de sexto??

O primeiro xoves de novembro, Laura e Sara de 6ºA narraron para o alumnado de 2º. Tivéronnos moi atentos/as posto que elas fano xenial.






Hoxe mesmo, Manuel e Joel de 6ºA, conseguiron deslumbrarnos tamén coa historia seleccionada.

Moitísimas gracias por dar vida as nosas historias da Biblioteca!!!


8 nov 2024

Sexto mete medo!!


 Para finalizar coas publicacións de todas as grandes aventuras que vivimos para festexar o Samaín, amosámosvos aquí, as fotiños do alumnado de sexto contando terroríficas aventuras aos grupos de infantil, primeiro e segundo de primaria.











4 nov 2024

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (SECUNDARIA)

En novembro, para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, o alumnado pertencente ao Club de Ciencias “Patacalab”, nesta ocasión dirixido por Carmen Varela, do Departamento de Bioloxía, preparou cultivos de protozoos para amosar ao alumnado de Sexto de Primaria. Primeiro recolleron follas secas, terra e herba, que logo introduciron en dous recipientes con auga non clorada. Un deles colocouse nun lugar máis iluminado cá o outro e, así, despois de quince días, puideron observar as especies de protozoos presentes en cada un dos medios. Deste xeito, achegáronse ás bases do método científico. Con esta actividade, buscouse, unha vez máis, tender pontes entre as dúas bibliotecas do centro.

31 oct 2024

SAMAÍN (SECUNDARIA)

O mes de outubro chegou coa celebración do Samaín. Nesta ocasión, o alumnado de 2º da ESO, guiado pola profesora Belén Mourelle, do Departamento de Lingua Galega, organizou un escape room na biblioteca dirixido ao resto dos seus compañeiros. Cunha temática centrada nas lendas, cada grupo investigou sobre unha historia tradicional, redactouna e deseñou unha serie de pistas necesarias para resolver o misterio e saír da biblioteca. Unha vez seleccionado o mellor proxecto, a biblioteca foi decorada acorde á temática e desenvolveuse a sesión de escape para os diferentes cursos do centro.

28 oct 2024

Conmemoración Día da Biblioteca

 O 24 de Outubro para festexar o Día das Bibliotecas, o alumnado de Secundaria visitounos para contar historias a Infantil das cales desfrutamos moitísimo. 

Moitísimas gracias!! 

Aquí van unhas fotiños para o recordo: