fondo red white blue

columnas enlaces

31 oct 2024

SAMAÍN (SECUNDARIA)

O mes de outubro chegou coa celebración do Samaín. Nesta ocasión, o alumnado de 2º da ESO, guiado pola profesora Belén Mourelle, do Departamento de Lingua Galega, organizou un escape room na biblioteca dirixido ao resto dos seus compañeiros. Cunha temática centrada nas lendas, cada grupo investigou sobre unha historia tradicional, redactouna e deseñou unha serie de pistas necesarias para resolver o misterio e saír da biblioteca. Unha vez seleccionado o mellor proxecto, a biblioteca foi decorada acorde á temática e desenvolveuse a sesión de escape para os diferentes cursos do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario